Blog de biblioteca
Para conmemorar o día mundial da POESÍA, DA AUGA E DA ÁRBORE
propuxémoslle ás familias esta actividade:
Ademais de conmemorar estas datas, tamén nos pareceu interesante
para achegarnos e compartir unha actividade , como parte da Comunidade Educativa que integramos.
Queremos agradecer novamente a participación das familias, moitísimas grazas.
Aquí vos queda a escolma fotográfica. Agardamos que a desfrutedes.
GRAZAS
|
|||
O equipo de biblioteca fixo unha selección de contos e audiocontos para estes dias que temos que pasar na casa. Tendes que picar na imaxe e xa se abre o PDF, despois picades en calquera das pestañas e xa tendes o acceso directo aos materiais. |
|||
Dende o Equipo de Biblioteca do centro, elaborouse unha pequena escolma de contos, audio contos, contos para ver, contos animados, contos narrados, contos para compartir... ` Fíxose unha clasificación dos contidos en dous grupos: -Para ED. Infantil e 1º curso de ED. Primaria. -Para ED. Primaria ( dende 2º a 6º curso) Para introducirnos na materia e ir abrindo boca deixámosvos esta canción de Pablo DÍAZ, titulada: "Imos contar un conto" ( en LSE ) incluída no seu disco "TIC TAC TOC"
Para poder ver os contidos, tedes que premer nas etiquetas do documento en PDF que se adxunta a continuación. BOA LECTURA!!!
|
|||
PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á NOTA DE PRENSA, CON CONTIDOS PARA TODA A FAMILIA. Os museos, centros de interpretación, bibliotecas ou arquivos xestionados polo Goberno galego potencian os seus recursos e materiais online...
Pequena explicación , tirada do comunicado da páxina web da Xunta de Galicia: (sic) A través de todos os seus departamentos e centros dependentes da Consellería de Cultura e Turismo, propón para o período que dure o estado de alarma por mor do coronavirus unha programación con abondosas actividades de lecer cultural a través de Internet. Propostas pensadas para toda a familia que poden seguirse a través da campaña #aculturasegue en todas as redes sociais das súas dotacións. Trátase dunha etiqueta á que a Xunta convida a sumarse ás institucións culturais, aos nosos creadores e a toda á cidadanía para compartir a nosa cultura. A iniciativa pretende recoñecer o papel sobresaínte que os nosos creadores e axentes culturais tiveron e teñen na construción social de Galicia, ao tempo que ofrece opcións de ocio dixital de calidade e plural no ámbito do fogar, que propicien a creación e consolidación de bos hábitos e prácticas culturais.
Ademais, prestarase atención individual ás próximas datas conmemorativas, comezando polo Día Mundial da Poesía, que se celebra hoxe mesmo, continuando polo Día do Teatro (27 de marzo) e seguindo polo Día das Artes Galegas (1 de abril) e o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril). (fin de sic)
|
|||
Deixámosvos esta proposta, de participación voluntaria, por se vos animades. Faremos unha presentación/ vídeo coas vosas colaboracións que compartiremos nas nosas redes. Para que, aínda que na distancia, poidamos colaborar todos e todas nunha mesma actividade: A participación é voluntaria, pero encantaríanos que participásedes: Correo electrónico ó que enviar as vosas achegas : xuvefoto@gmail.com Data límite de envÍo 23 de marzo. Botádelle imaxinación, e enviádenos fotos, ou debuxos ou pequenos vídeos recitando poesía... o que consideredes !!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
|
|||
O xoves 12 de marzo celebramos no colexio o Día da Muller Traballadora. Tivemos varias sesións de contacontos con Uxía González Morán. Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de concellos do Carballiño. Algúns dos contos foron: GUAPA, ME LLAMO PECAS, ARTUR E CLEMENTINA E MAX E OS SUPERHEROES. No seguinte video podedes ver o ben que o pasaron. |
|||
Este curso, como xa sabedes, fomos seleccionados para participar no programa da Asesoría de Bibliotecas Escolares: Radio na Biblio. O pasado día 4 de febreiro, o profesorado do centro recibiu a formación correspondente por parte de Luis, pertencente á Rede Espora.
Hoxe recibe a formación o noso alumnado, para poder fedellar na nosa Radio e ademais ser os "formadores" en vindeiras ocasións.
Aquí vos quedan unhas poucas fotos da primeira parte da formación, a máis teórica:
E acó vos quedan algunhas das fotos da parte máis "práctica"
|
|||
O pasado venres, Tamara veu ó cole a contarnos o conto de "Elmer e o osiño perdido" . Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. |
|||
Vaia sorpresa vai levar ó noso alumnado mañá luns ó chegar ó colexio!!!
A Xuve ( a nosa mascota da biblioteca) parecíalle que o camiño dende a biblioteca á nosa "Radio Xuve" era un pouco "soso" e decidiu preparar unha sorpresa para o noso alumnado, e darlle un pouco de cor... O resultado ... a continuación!! |
|||
O pasado venres, Patricia veu contarnos un conto á biblioteca do cole, ó alumnado de ED. Infantil e 1º de primaria. O conto titulábase: "Tilo Cocodrilo" . A través do protagonista vivimos certas situacións, que moitas veces non son correctas, ou deberían mellorarse... sobre todo dende o respecto . Desta volta, ademais de contarnos o conto, Patricia elaborou uns monicreques para acompañar a súa historia, e para iso precisou de 5 axudantes á hora de contar a historia. ( Que aínda que ó principio tiñan un pouco de vergoña, fixérono xenial!!!) Moitísimas grazas a Patricia por compartir o seu tempo con nós, e deixarnos a todos e todas coa boca aberta.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »