Skip to Content

                              

CULTURA

CELEBRANDO OS MAIOS: CON COPLAS E FLORES

Este ano celebramos a festa dos maios ao noso "xeito"

 

Por unha banda o alumnado de 6º de ED. Primaria, axudados pola súa titora Patricia elaboraron unhas coplas sobre si mesmos, e tamén o fixeron co alumnado da clase de 4º e 5º de ED. Infantil.

Pero ademais fixemos unha actividade conxunta, onde lle explicaron aos pequechos e pequechas as plantas e flores máis importantes dos maios ( así falamos dos "pampillos" e tamén dos "estralos ou estralotes" dependendo da zona teñen distintos nomes) despois elaboraron unha coroa con "pampillos" por parellas para o alumnado máis pequeno.

Foi unha experiencia interesantísima e divertida na que a creatividade e o bo facer estiveron presentes. 

Esta actividade tamén se desenvolveu co alumnado de 3º de ED. Primaria.

 

Así a profe Patricia marcou como obxectivos principais: 

-Dar a coñecer  a festa dos maios.
-Achegarse á lírica popular sendo creadoras de coplas onde somos as protagonistas.
-Fomentar os vínculos e a axuda mutua entre o alumnado de 3º ciclo EP e EI
-Mellorar a convivencia do centro a través das artes e da natureza.

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos da actividade de elaboración das coroas, e na que se compartiron as coplas.

 

 

 

Engadimos como arquivos adxuntos as coplas elaboradas para a ocasión.

E que vivan os maios!!!! 

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA B.E: A ALIMENTACIÓN E OS REFRÁNS.

Xeografías lectoras na biblioteca escolar, é a temática proposta este curso dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. 

No cole, estamos enfocando a temática cara a gastronomía

 

Este curso mercamos  varios libros desta temática (641) para o noso catálogo, porque vemos que ao alumnado lle resultan interesantes  e estimulantes. ( especialmente aos máis pequenos e pequenas)

 

No primeiro trimestre, dende o equipo de biblioteca, lanzamos unha proposta para o alumnado dos cursos máis altos (4º, 5º e 6º) : 

UN LIBRO DE RECEITAS GALEGAS ,en base a unha "plantilla" cada quen e coa axuda  inestimable das súas familias redactou a lista de ingredientes e a elaboración da mesma.

 

Desta volta, e para seguir coa temática a proposta vai dirixida ao alumando máis pequeno de primaria ( 1º, 2º e 3º ) ,

Lanzamos a seguinte proposta: queremos facer un libriño con refráns relacionados coa alimentación, para que pase a formar parte do noso catálogo.

 

Esta semana enviarase a "plantilla" para que as familias participen asesorando e buscando con eles e elas. Xa que a súa axuda é fundamental.

A data límite de recollida no centro será o 19 de febreiro

Cada refrán deberá ir acompañado dunha representación gráfica do mesmo.         

Botádelle imaxinación e moitas grazas por participar.

 

CAMPAÑA "#A CULTURA SEGUE"

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER Á NOTA DE PRENSA, CON CONTIDOS PARA

TODA A FAMILIA.

 Os museos, centros de interpretación, bibliotecas ou arquivos xestionados polo Goberno galego potencian os seus recursos e materiais online...

 

Pequena explicación , tirada do comunicado da páxina web da Xunta de Galicia:

(sic) A través de todos os seus departamentos e centros dependentes da Consellería de Cultura e Turismo, propón para o período que dure o estado de alarma por mor do coronavirus unha programación con abondosas actividades de lecer cultural a través de Internet.

Propostas pensadas para toda a familia que poden seguirse a través da campaña #aculturasegue en todas as redes sociais das súas dotacións.

Trátase dunha etiqueta á que a Xunta convida a sumarse ás institucións culturais, aos nosos creadores e a toda á cidadanía para compartir a nosa cultura.

A iniciativa pretende recoñecer o papel sobresaínte que os nosos creadores e axentes culturais tiveron e teñen na construción social de Galicia, ao tempo que ofrece opcións de ocio dixital de calidade e plural no ámbito do fogar, que propicien a creación e consolidación de bos hábitos e prácticas culturais.

 

Ademais, prestarase atención individual ás próximas datas conmemorativas, comezando polo Día Mundial da Poesía, que se celebra hoxe mesmo, continuando polo Día do Teatro (27 de marzo) e seguindo polo Día das Artes Galegas (1 de abril) e o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril). (fin de sic)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut