Skip to Content

                              

POESÍA

DÍAS DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

O pasado venres día 22 e para facer unha conmemoración conxunta dos días da Árbore, da Auga e da Poesía desenvolvimos 2 actividades:

 

En primeiro lugar, o profesorado especialista preparou experimentos nos que a protagonista principal era a AUGA, e os distintos grupos fomos rotando polos mesmos, a modo de "estacións".

Foi unha actividade moi interesante para o alumnado, que desfrutou e ao mesmo tempo aprendeu sobre as cualidades da auga.

Queda aquí un pequeno vídeo cunhas poucas fotos do momento:

 

 

 

 

Ao finalizar esta actividade, dirixímonos ao noso patio e démoslle unha aperta as árbores do noso cole.

Así baixo o lema "abraza unha árbore" sentimos o contacto coas mesmas e pasamos un rato divertido.

                          

 

Por último e isto xa a nivel aula, traballamos os CALIGRAMAS e elaboramos caligramas con formas naturais ( árbores, elementos da natureza) xa fose de xeito individual ou en equipo.

 

Por último engadir, que o xoves día 21 o alumando do 3º ciclo achegouse á Insua dos Poetas para participar con outros centros na celebración conxunta dos días da Árbore, Auga e Poesía. (Se premedes no enlace levaravos a información máis completa sobre o evento)

 

DÍA DA ÁRBORE, AUGA E A POESÍA NA INSUA DOS POETAS

 

O alumnado do 3º ciclo do noso centro, participou nesta actividade organizada pola fundación Insua dos Poetas.

Aquí deixamos unha completa reportaxe gráfica de  BADAL NOVAS  sobre o evento.

 

 

E por último un vídeo coa actuación que desenvolveu o noso alumnado:

 

 

AUGA, ÁRBORE E POESÍA:

Coa chegada da Primavera chegan tamén 3 datas importantes: día da auga, da árbore e da poesía.

N actividade relacionada coa Árbore ( premede para ir ao enlace) este ano tivemos axuda do C.E.E Infanta Elena de Monforte.

 

A parte relacionada coa poesía vai ir á cargo do alumnado da clase de 1º de ED. Primaria que elaboraron un orixinal  POEMA coa axuda da súa titora, Miriam para explicarnos ao resto do colexio a actividade que imos realizar para O DÍA DO LIBRO.

Deixámosvos a gravación que fixeron  do POEMA que elaboraron e van recitar  hoxe:

 

 

 

 

Posteriormente para celebrar o día da AUGA, imos ter 7 experimentos relacionados coa mesma no patio.

Cada "especialista" preparou un experimento relacionado coa auga e todas as titorías iremos pasando por eles...

 

BO DÍA DA ÁRBORE, AUGA E A POESÍA.

 

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

Estamos ultimando os detalles para o próximo día 21 celebrar conxuntamente os días da árbore, da auga e da poesía.

 

Pero este ano queríamos algo distinto, relacionado co día da Árbore e pedímoslle axuda ao C.E.E INFANTA ELENA  de Monforte de Lemos, xa que sabemos que "controlan" moito do tema porque teñen P.F.B de Xardinería e contan co seu propio invernadoiro...

E que mellor explicación podíamos ter que duns expertos na materia!!!! 

Dende o equipo de biblioteca do centro, coordinándose coa profe Noelia e a súa titoría ( composta por: Lidia, Joel, Hugo, Iván, José e Daniel) e  fixeron este magnífico vídeo que compartiron con nós para conmemorar o día da Árbore e ademais ensinarnos algúns dos seus coñecementos.

 

Aquí vos deixamos o vídeo que nos  preparon: 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS EQUIPO!!!!

DÍA DA POESÍA 2022: POEMAS DUA

Este curso,  para conmemorar o día da POESÍA, e xa que no centro estamos traballando a inclusión e dentro diso estamos introducíndonos en DUA  (Deseño Universal da Aprendizaxe) 

 

Dende o equipo de biblioteca, e en coordinación co D.O por medio da mestra de A.L fixemos a seguinte proposta: 

Que escollesen poemas e os convertisen a DUA.

Centrándonos no segundo dos principios  : "Proporcionar múltiples formas de representación" porque non todas as persoas percibimos e comprendemos do mesmo xeito. 

Nos cursos máis baixos, pedimos que elaborasen un ou dous poemas por aula ( nos máis pequenos coa axuda dos titores e titoras)  , e nos máis altos, que os elaborasen de xeito autónomo en pequeno grupo.

Parte do alumnado de sexto , ademais de presentar os poemas de xeito textual adxuntou un "CÓDIGO QR" para que tamén se puidesen escoitar, ampliando así a accesibilidade dos mesmos.

 

Foi unha experiencia interesante e motivadora para o alumnado e tamén serviu para adquirir outras perspectivas á hora de recibir e transmitir  a información, tendo en conta a diversidade. 

 

A escolma poéitca recompilada aparece a continuación en formato PDF, coma arquivos adxuntos.

 

BO DÍA DA POESÍA. 

 

 

INSUA DOS POETAS 22: DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo os cursos de 5º e 6º de educación primaria fomos á Ínsua dos Poetas, no concello do Carballiño, para celebrar o Día Mundial da Poesía.

 

Entre as actividades que se fixeron houbo un recital de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas este ano.

Dito recital estivo feito por alumnos e alumnas dos centros participantes. 

Iria Lorenzo González, Néstor Pérez Estévez e Adrián Souto González, foron os encargados de representar ao noso centro na actividade.

 

A continuación, tivemos a ocasión de ver un espectáculo de música e danza levado a cabo polo grupo “Cantares Transhumantes” de Miriam Sandoval, co que se quixo facer unha pequena homenaxe ás letras arxentinas.

 

Por último, plantouse unha árbore (ombú) e interpretáronse os himnos de Ourense, Galicia e Arxentina.

 

(Redacción do texto: Carmela, titora de 5º de ED. Primaria) 

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do evento: 

DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA: OS NOSOS FOTO HAIKUS

A principios de mes, dende o equipo de biblioteca lanzamos a proposta para traballar este 21 de Marzo, día da Poesía e da Árbore, e por proximidade tamén o da auga.

Propuxémoslle ás familias o seguinte:

 

 

Agás en ED. Infantil que as fotos quitáronse co alumnado no patio do colexio.  Os demais aportaron as súas fotografías ( grazas ás familias pola súa colaboración)

 

A segunda parte da actividade desenvolveuse nas aulas, coa axuda das titoras e titores, para dar lugar a uns " FOTO HAIKU" moi orixinais.

 

Aquí vos quedan as recopilacións, fixemos 2 pequenos vídeos coas imaxes, o primeiro coas creacións do alumnado de ED. Infantil ata 3º de ED. Primaria e o segundo das creacións do alumnado de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria.

Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer a colaboración e participación das familias e a implicación dos titores e titoras.

Agardamos que vos gusten:

 

 

 

PREPARANDO O 21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

 

 

Estamos comezando a organizar o día 21 de Marzo.

Xuntamos 3 conmemoracións: auga, árbore e poesía, e dende o equipo de biblioteca pareceunos que a través dos HAIKU ( neste caso FOTO-HAIKU) sería o mellor xeito de facelo.

 

Traballermos nas aulas o concepto, que é un HAIKU e coa colaboración das familias ( unha foto para ilustrar o seu foto-haiku) posteriormente rematarán a creación nas aulas.

 

En ED. Infantil farase todo o traballo no centro, e as fotografías tirarémolas no noso patio.

 

Finalmente elaboraremos un pequeno vídeo con todas as creacións para compartir con toda a comunidade educativa.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración nesta actividade.

 

 

DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE E DA AUGA 2020

Para conmemorar o día mundial da POESÍA, DA AUGA E DA ÁRBORE
 propuxémoslle ás familias esta actividade:
 
        
 
 
Ademais de conmemorar estas datas, tamén nos pareceu interesante
 para achegarnos e compartir unha actividade , como parte da Comunidade Educativa que integramos.
 
           
 
 
Queremos agradecer novamente a participación das familias, moitísimas grazas.
 
Aquí vos queda a escolma fotográfica. Agardamos que a desfrutedes.
 
GRAZAS
 
 
      
Distribuir contido


by Dr. Radut