Skip to Content

                              

INSUA DOS POETAS 22: DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo os cursos de 5º e 6º de educación primaria fomos á Ínsua dos Poetas, no concello do Carballiño, para celebrar o Día Mundial da Poesía.

 

Entre as actividades que se fixeron houbo un recital de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas este ano.

Dito recital estivo feito por alumnos e alumnas dos centros participantes. 

Iria Lorenzo González, Néstor Pérez Estévez e Adrián Souto González, foron os encargados de representar ao noso centro na actividade.

 

A continuación, tivemos a ocasión de ver un espectáculo de música e danza levado a cabo polo grupo “Cantares Transhumantes” de Miriam Sandoval, co que se quixo facer unha pequena homenaxe ás letras arxentinas.

 

Por último, plantouse unha árbore (ombú) e interpretáronse os himnos de Ourense, Galicia e Arxentina.

 

(Redacción do texto: Carmela, titora de 5º de ED. Primaria) 

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do evento: 



blog | by Dr. Radut