Skip to Content

                              

ÁRBORE

DÍAS DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

O pasado venres día 22 e para facer unha conmemoración conxunta dos días da Árbore, da Auga e da Poesía desenvolvimos 2 actividades:

 

En primeiro lugar, o profesorado especialista preparou experimentos nos que a protagonista principal era a AUGA, e os distintos grupos fomos rotando polos mesmos, a modo de "estacións".

Foi unha actividade moi interesante para o alumnado, que desfrutou e ao mesmo tempo aprendeu sobre as cualidades da auga.

Queda aquí un pequeno vídeo cunhas poucas fotos do momento:

 

 

 

 

Ao finalizar esta actividade, dirixímonos ao noso patio e démoslle unha aperta as árbores do noso cole.

Así baixo o lema "abraza unha árbore" sentimos o contacto coas mesmas e pasamos un rato divertido.

                          

 

Por último e isto xa a nivel aula, traballamos os CALIGRAMAS e elaboramos caligramas con formas naturais ( árbores, elementos da natureza) xa fose de xeito individual ou en equipo.

 

Por último engadir, que o xoves día 21 o alumando do 3º ciclo achegouse á Insua dos Poetas para participar con outros centros na celebración conxunta dos días da Árbore, Auga e Poesía. (Se premedes no enlace levaravos a información máis completa sobre o evento)

 

DÍA DA ÁRBORE, AUGA E A POESÍA NA INSUA DOS POETAS

 

O alumnado do 3º ciclo do noso centro, participou nesta actividade organizada pola fundación Insua dos Poetas.

Aquí deixamos unha completa reportaxe gráfica de  BADAL NOVAS  sobre o evento.

 

 

E por último un vídeo coa actuación que desenvolveu o noso alumnado:

 

 

AUGA, ÁRBORE E POESÍA:

Coa chegada da Primavera chegan tamén 3 datas importantes: día da auga, da árbore e da poesía.

N actividade relacionada coa Árbore ( premede para ir ao enlace) este ano tivemos axuda do C.E.E Infanta Elena de Monforte.

 

A parte relacionada coa poesía vai ir á cargo do alumnado da clase de 1º de ED. Primaria que elaboraron un orixinal  POEMA coa axuda da súa titora, Miriam para explicarnos ao resto do colexio a actividade que imos realizar para O DÍA DO LIBRO.

Deixámosvos a gravación que fixeron  do POEMA que elaboraron e van recitar  hoxe:

 

 

 

 

Posteriormente para celebrar o día da AUGA, imos ter 7 experimentos relacionados coa mesma no patio.

Cada "especialista" preparou un experimento relacionado coa auga e todas as titorías iremos pasando por eles...

 

BO DÍA DA ÁRBORE, AUGA E A POESÍA.

 

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

Estamos ultimando os detalles para o próximo día 21 celebrar conxuntamente os días da árbore, da auga e da poesía.

 

Pero este ano queríamos algo distinto, relacionado co día da Árbore e pedímoslle axuda ao C.E.E INFANTA ELENA  de Monforte de Lemos, xa que sabemos que "controlan" moito do tema porque teñen P.F.B de Xardinería e contan co seu propio invernadoiro...

E que mellor explicación podíamos ter que duns expertos na materia!!!! 

Dende o equipo de biblioteca do centro, coordinándose coa profe Noelia e a súa titoría ( composta por: Lidia, Joel, Hugo, Iván, José e Daniel) e  fixeron este magnífico vídeo que compartiron con nós para conmemorar o día da Árbore e ademais ensinarnos algúns dos seus coñecementos.

 

Aquí vos deixamos o vídeo que nos  preparon: 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS EQUIPO!!!!

INSUA DOS POETAS 22: DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo os cursos de 5º e 6º de educación primaria fomos á Ínsua dos Poetas, no concello do Carballiño, para celebrar o Día Mundial da Poesía.

 

Entre as actividades que se fixeron houbo un recital de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas este ano.

Dito recital estivo feito por alumnos e alumnas dos centros participantes. 

Iria Lorenzo González, Néstor Pérez Estévez e Adrián Souto González, foron os encargados de representar ao noso centro na actividade.

 

A continuación, tivemos a ocasión de ver un espectáculo de música e danza levado a cabo polo grupo “Cantares Transhumantes” de Miriam Sandoval, co que se quixo facer unha pequena homenaxe ás letras arxentinas.

 

Por último, plantouse unha árbore (ombú) e interpretáronse os himnos de Ourense, Galicia e Arxentina.

 

(Redacción do texto: Carmela, titora de 5º de ED. Primaria) 

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do evento: 

PREPARANDO O 21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

 

 

Estamos comezando a organizar o día 21 de Marzo.

Xuntamos 3 conmemoracións: auga, árbore e poesía, e dende o equipo de biblioteca pareceunos que a través dos HAIKU ( neste caso FOTO-HAIKU) sería o mellor xeito de facelo.

 

Traballermos nas aulas o concepto, que é un HAIKU e coa colaboración das familias ( unha foto para ilustrar o seu foto-haiku) posteriormente rematarán a creación nas aulas.

 

En ED. Infantil farase todo o traballo no centro, e as fotografías tirarémolas no noso patio.

 

Finalmente elaboraremos un pequeno vídeo con todas as creacións para compartir con toda a comunidade educativa.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración nesta actividade.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut