A principios de mes, dende o equipo de biblioteca lanzamos a proposta para traballar este 21 de Marzo, día da Poesía e da Árbore, e por proximidade tamén o da auga.
Propuxémoslle ás familias o seguinte:
Agás en ED. Infantil que as fotos quitáronse co alumnado no patio do colexio. Os demais aportaron as súas fotografías ( grazas ás familias pola súa colaboración)
A segunda parte da actividade desenvolveuse nas aulas, coa axuda das titoras e titores, para dar lugar a uns " FOTO HAIKU" moi orixinais.
Aquí vos quedan as recopilacións, fixemos 2 pequenos vídeos coas imaxes, o primeiro coas creacións do alumnado de ED. Infantil ata 3º de ED. Primaria e o segundo das creacións do alumnado de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria.
Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer a colaboración e participación das familias e a implicación dos titores e titoras.
Agardamos que vos gusten:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |