Skip to Content

                              

RADIO ESCOLAR

Programas de Radio de 3º e 5º de ED. Primaria : obradoiro con Iago Gordillo

Este pasado luns día 12 o alumnado de 3º e 5º de ED. Primaria tivo a terceira sesión( desta volta online) do obradoiro  de radio que desenvolveron con Iago Gordillo.

A primeira das sesións foi telemática, a segunda para poñer a andar os seus programas tivemos a sorte de ter a Iago no noso centro.

E posteriormente editou, "puliu" e preparou o resultado final dos mesmos, este luns día 12 de xeito telemático tamén, comentou co alumnado e titoras de 3º e 5º sobre o proceso, o resultado e escoitaron tamén os audios definitivos.

 

Foi unha experiencia interesantísima, na que o alumnado tivo que traballar en equipo, guionizar, preparar, seleccionar melodías, facer a escaleta... entrevistar...

 

Aquí vos queda o resultado final de ambas aulas:

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTREVISTA A PAOLA GUIMERÁNS

Como xa sabedes, grazas a estar no proxecto de "Bibliotecas Creativas" ( dentro do PLAMBE e Plan Lía da Asesoría de Bibliotecas Escolares) tivemos a sorte de que Paola Guimeráns nos visitase 2 veces para facer un obradoiro co alumnado de 5º e 6º, e onte para facer outro co alumnado de 3º e 4º de ED. Primaria.

 

Na primeira visita, ao alumnado de 5º xurdíronlle moitas preguntas que facerlle a Paola e xa non quedaba tempo ,polo que decidiron preparar unha entrevista ( coa axuda da súa titora Asun) para poder facerlla onte en Radio Xuve.

Aquí tedes unha foto da entrevistada e das entrevistadoras:

 

 

E aquí o resultado da entrevista ( grazas á profe Asun e ao profe Javi pola súa colaboración) e obviamente moitísimas grazas a Paola por deixarse entrevistar.

 

 

A clase de 6º de ED. Infantil en Radio Xuve

Este trimestre o alumnado da clase de 5 anos estivo investigando moito para aprender cousas sobre o Universo: o noso planeta, o sistema solar, a vía láctea, os satélites ( artificiais e naturais) , as estrelas, as constelacións, viaxes espaciais: o primeiro animal, o primeiro home e a primeira muller que foron ao espazo... e un montón de cousas máis.

Como culminación a ese proxecto, hoxe foron a Radio Xuve a falar do que máis lles gustou de todo  o que aprenderon.

A verdade é que o fixeron xenial, aínda que os nervios fixeron acto de presenza.

Queremos darlle as grazas ao profe Javi, que estivo con nós, axudounos e guiounos no proceso. Ademais de facer a montaxe final .

Aquí tedes unha foto de toda a clase , aínda que para facer a gravación fomos en pequenos grupos.

 

E aquí vos queda o resultado:

 

 

Obradoiro de Radio con Iago Gordillo

 

Onte tivemos a primeira sesión de formación en Radio, con Iago Gordillo.  Creador de contido, en galego (en diversas redes)   e experto na materia radiofónica. 

 

Esta sesión desenvolveuse de xeito "telemático" para o alumnado de quinto e sexto de ED. Primaria.

 

 

Durante a videoconferencia tratou diversos temas que espertaron o interese e curiosidade do noso alumnado, primeiro introduciunos na historia da radio, e os tipos de radio que se poden atopar. 

 

Poñendo exemplos das distintas temáticas que podería ter un programa de radio, explicando a diferenza entre este e  un podcast .

 

 

 Para rematar facendo un repaso dos distintos formatos existentes e as características de cada un deles.

Todo dende unha óptica dinámica e divertida  que enganchou ao noso alumnado.

 

E por último.. unha rolda de preguntas, porque o noso alumnado é ben curioso!!

 

 

 

 

Foi unha experiencia moi interesante e amena, que captou a atencióin do noso alumnado

Agardan impacientes a vindeira sesión, para poñer en práctica o aprendido,  desta volta en "modo presencial". 

 

 

FORMACIÓN EN RADIO PARA O ALUMNADO.

Este curso, como xa sabedes, fomos seleccionados para participar no programa da Asesoría de Bibliotecas Escolares: Radio na Biblio.

O pasado día 4 de febreiro, o profesorado do centro recibiu a formación correspondente por parte de Luis, pertencente á Rede Espora

 

Hoxe recibe a formación o noso alumnado, para poder fedellar na nosa Radio e ademais ser os "formadores" en vindeiras ocasións.

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos da primeira parte da formación, a máis teórica:

 

 

 

 

 

E acó vos quedan algunhas das fotos da parte máis  "práctica"

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut