Blog de biblioteca
Este mércores Xuve, deixounos unha encarga moi especial, que nos encantou , facer galletas de Nadal!!!!
Na biblioteca deixou colocado o libro "Cociñando con Bolboretas no bandullo" estratéxicamente para que puidesemos ver a receita que iamos preparar...
O primeiro que fixemos foi lavar as mans, e despois fomos ó comedor do colexio para poder cociñar unha encarga taaaan saborosa.
Temos que agradecer a Carmen, a nosa cociñeira que foi a que "fornou" as nosas creacións.
Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso.
Hai que dicir que na receita orixinal incorporaban viño, que nós cambiamos por "zume de mazá" pero os resultados foron espectaculares!!!!
|
|||
Durante este mes XUVE foinos deixando encargas, agasallos e actividades para facer , dende o calendario de Advento.
Pediunos axuda para decorar o colexio, para visibilizar o día da discapacidade, deixounos panxoliñas, tamén un Kamishibai sobre o Apalpador e moitas cousas máis.
A semana pasada deixounos unha encomenda moi especial.
No chan da biblioteca apareceron un montón de debuxos relacionados co NADAL, tiñan que pintalos, e despois sucedería a maxia...
Utilizando unha APP chamada QUIVER puidemos ver como eses debuxos saían do papel ante os seus ollos... encantoulles!!!
Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotografías das súas creaccións.
|
|||
O martes 10 de decembro visitounos Sabela Gago coa contada interactiva sobre a igualdade de xénero NOA NO ESPELLO. A obra conta as historias de tres personaxes, quenes defenden a idea de que "facer o que un quere e o que a un lle gusta é o mellor para sentirse feliz". Con esta representación búscase ensinar aos pequenos como enfrentarse á crítica e como se pode chegar a vencela". Sabela Gago utiliza a escenografía, a música e a interacción para manter esperta a atención do alumnado.
|
|||
Hoxe o alumnado de ED. INFANTIL tivo unha sorpresa !!!! Xuve, a mascota da biblioteca do noso colexio deixounos unha mensaxe no ordenador da biblioteca do cole!!! Pediunos axuda!!!!!
E tamén nos deixou uns sobres, na entrada da biblio para que abramos un cada día... o noso "Calendario de Advento"
Aquí tedes a mensaxe que nos deixou XUVE!!
|
|||
Este venres inauguramos a "tempada" de "Contacontos" por parte das familias e membros da comunidade educativa. A encargada de contar o primeiro conto deste curso foi Carmen, a mellor cociñeira do mundo, a nosa cociñeira!!!! O conto que elexiu para compartir con nós foi "Moncho e a mancha" de Kiko Dasilva, editado por Kalandraka. Moitísimas grazas a Carmen por compartir con nós o seu tempo e contarnos este conto, que lles gustou moitísimo.
Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento!!!
|
|||
O mes de novembro ( mes da ciencia en galego ) está chegando ó seu fin, e na hora do recreo, na nosa biblioteca, continuamos cos EXPERIMENTOS.
Onte a titora de sexto, a profe María Asunción, fixo dous experimentos co alumnado de 1º e 2º de primaria. Contou coa axuda de parte do alumnado voluntario da biblioteca ( da súa titoría ) para desenvolvelo.
Aquí tedes unhas poucas fotos dos experimentos.
1. "Masa non newtoniana". Os ingredientes son sinxelos: auga e fariña de millo. Mistúranse, e a masa vai collendo unha textura estrana. A peculiaridade desta masa ou fluído é que dependendo da forza que exerzas contra ela,pode ofrecer resistencia ou ser lene. É dicir canta máis forza empregues para aplastala maior resistencia ofrece. Se a colles con suavidade vai ser un fluído lene. Aquí tedes unhas poucas fotos do momento. Pasárono xenial!!!
2. "Lámpada de lava" Para este experimento precisaron: un recipiente pequeno, neste caso unha botella de plástico, auga, aceite, corante e unha pílula efervescente. O proceso foi o seguinte: Bótase na botella un pouco de auga, despois o aceite ( máis aceite que auga), unhas pingas de corante e despois para que esa lava flúa unha pílula efervescente, que fará reacción e aparecerán burbullas que farán que o corante suba. Aquí tedes unhas poucas fotos do momento:
Ó rematar orecolleron todo, e deixaron a biblioteca tal e como estaba antes de chegar... !!!!!!!! Temos uns axudantes de bibioteca excepcionais. |
|||
O luns 25 de novembro saíu a 4ª quenda de mochilas viaxeiras. |
|||
Aquí vos quedan algúns recursos que podedes traballar
Unidade didáctica: Fíos de Violeta (subido na páxina da xunta, en igualdade). Preme na imaxe para acceder a unidade.
|
|||
Hoxe no recreo da biblio, contamos con Mercedes, a titora de 4º que fixo varios experimentos interesantísimos relacionados coa Alimentación, xa que están traballando sobre este contido na aula.
Un dos experimentos, estivo relacionado cos "corantes alimenticios" puxeron nun prato "boliñas de chocolate de cores" e botaron auga, no primeiro momento non pasou nada pero despois duns minutos os corantes alimenticios comezaron a desprenderse das boliñas... e apareceu unha mistura de cores preciosa.
Outro dos experimentos estivo relacionado cos ovos, a súa frescura, a auga , o sal e as distintas densidades que podemos atopar. Non é o mesmo auga, sen máis, que auga con sal... Os ovos non quedaron na mesma posición.
Noutro dos experimentos utilizou unha media e auga para que visen que a auga non pasaba da media, pero ó tocala individualmente si que caía a auga. Densidade, elasticidade... propiedades da auga. Inicialmente foron bastante incrédulos con respecto a que a auga non transpasase a media... pero ó final.... sorpresa sorpresa!!!
Outro dos experimentos que tamén lles encantou foi para ver as propiedades da auga, unha bolsa de plástico chea de auga.. atravesárona con lápis de cores e sorprendentemente a auga non saiu da bolsa. Aí xurdiu moita curiosidade e espectación sobre o tema.
Ademais hoxe , e de xeito especial, a maiores de quitar unha profe as fotos, tivemos unha magnífica fotógrafa: unha alumna da clase de cuarto que recolleu todos e cada un dos experimentos dende todos os ángulos posibles, facendo unha espectacular labor fotográfica. Premede na imaxe se queredes ver unhas poucas fotos do momento:
|
|||
O luns 18 de novembro saíu a terceira quenda das mochilas viaxeiras.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- seguinte ›
- última »