Skip to Content

                              

bibliotecas

CROMA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano para conmemorar o día de Rosalía de Castro fixemos un Croma con todo o alumnado do centro.

 

NOA NO ESPELLO CON SABELA GAGO

O martes 10 de decembro visitounos Sabela Gago coa contada interactiva sobre a igualdade de xénero NOA NO ESPELLO.

A obra conta as historias de tres personaxes, quenes defenden a idea de que "facer o que un quere e o que a un lle gusta é o mellor para sentirse feliz". Con esta representación búscase ensinar aos pequenos como enfrentarse á crítica e como se pode chegar a vencela".

Sabela Gago utiliza a escenografía, a música e a interacción para manter esperta a atención do alumnado.

 

 

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí vos quedan algúns recursos que podedes traballar

 

 

Unidade didáctica: Fíos de Violeta (subido na páxina da xunta, en igualdade). Preme na imaxe para acceder a unidade.

 

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Por fin chegou o Día das Bibliotecas escolares.

Un día de festa !!!!

Pola mañá fomos a nosa biblioteca do cole en pequenos grupos (infantil, 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º) para recibir un pouco de formación e tamén para divertirnos e aprender ... e ver algún vídeo que nos gustou moito.

Ademais este curso fixemos un novo TRÍPTICO INFORMATIVO dende a biblio, que se repartiu ese día.

 

E pola tarde chegou o festón: o alumnado de 5º e 6º de primaria levaba un mes preparando, buscando información, guionizando, dramatizando unha idea: COMO PRESENTAR ao resto do centro o noso PDI: "OS XOGOS OLÍMPICOS".Temos que darlle os parabéns tanto ao alumnado coma o profesorado de 5º e 6º, porque fixeron unha presentación fantástica que combinou exposición de contidos, teatro, humor, información e diversión.

Explicáronnos moitas cousas, viaxaron no tempo e presentáronnos os principais símbolos olímpicos.

FOI UN DÍA XENIAL!!!

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Con tal motivo, o martes 23 realizaremos no cole diferentes obras e cancións baseadas en contos, para conmemorar este día. Ademais, inaugurarase a biblioteca do centro para continuar coas actividades na mesma e os préstamos. Durante toda a semana e con motivo da proximidade ao Samaín, o alumnado de Ed. Infantil e Primaria contará cunha caixa de historias terroríficas e actividades interactivas das mesmas para animación á lectura.

Distribuir contido


by Dr. Radut