Blog de biblioteca
|
|||
Este curso fixemos un expurgo considerable na nosa Biblioteca Escolar. O expurgo consiste en retirar da colección da biblioteca libros que están desactualizados, desfasados ou que non están adaptados ó alumnado. Para dar cabida a novos libros máis acordes coas necesidades do alumnado. Decidimos donar ó Centro de Saúde do noso Concello algúns destes libros expurgados para que cando as persoas estean agardando na consulta, teñan unha lectura coa que entreterse. Este venres, e xa que tiñamos a andaina a Moldes, o alumnado de 4º e 6º achegouse ó Centro de Saúde para levar dúas caixas con libros.
|
|||
Decidimos poñer á disposición das familias parte dos libros expurgados da colección da nosa Biblioteca Escolar. Xa que aínda que non están adaptados para o noso alumnado entendemos que para lectura de adultos ou de lecer na casa si. Hai quen xa foi levando algúns. Os que quedan serán repartidos o día do festival de fin de curso. BOA LECTURA
|
|||
Debido á participación e implicación por parte das familias do alumnado, rematamos onte cos contacontos por parte das familias para o curso 2018/19. Extendéndonos máis aló dos venres ou da semana "Do día do libro" Queremos dar as grazas a todas as persoas que se achegaron á biblioteca escolar para compartir o seu tempo con nós . Para o próximo curso máis !!! |
|||
O pasado 20 de maio o alumnado de ED. INFANTIL foi de excursión ó museo etnográfico CASA DO PATRÓN (Lalín) Ademais de pasalo ben , divertirnos e disfrutar dun dia de excursión e convivencia todo o ciclo. Os obxectivos que nos propuxemos foron a grandes rasgos dous:
Preparamos a actividade previamente nas aulas, falando do tema . Acó vos quedan unhas poucas fotos da actividade. |
|||
O pasado 16 de maio o alumnado de primaria e de 5 anos fixo un "rastrexo" no patio do cole baseado na figura de Antonio Fraguas (Homenaxeado polo día das letras Galegas deste ano). O alumnado de 3 e 4 anos tivemos un momento de convivencia e festa tamén para falar da figura de Antonio Fraguas, ler algún dos seus poemas, compartir sobre a súa biografía e bailar... A nosa fonte de información foi a páxina do Seminario Galán. Aquí podedes ver a súa biografía E unhas poucas fotos do momento de convivencia entre as dúas aulas. |
|||
O pasado 14 de maio o alumnado de ED. Infantil foi de "excursión" ó auditorio de Ourense para ver unha obra de monicreques titulada "GUYI GUYI" da compañía Periferia Teatro. A obra é unha versión adaptada do conto do mesmo título no que nos contaron a historia dun ovo... que resultou non ser o que parecía... A obra gustoulles moito, e ó final da representación, as integrantes da compañía saíron para que os nenos e nenas puidesen ver de preto ós protagonistas. Aquí vos queda o vídeo promocional da actuación
E unhas poucas fotos do evento |
|||
Para conmmemorar o Día do libro, convidamos ás familias que quixesen a vir contarnos un conto, para o alumnado de ED. Infantil durante a propia semana e tamén na posterior. Queremos das ás grazas ás persoas que se achegaron ó cole a compartir o seu tempo con nós. |
|||
Con motivo do día do libro no cole propuxéronse unha serie de actividades relacionadas co mesmo. Así tivemos o "troco de libros" e a semana pasada e esta contamos coas familias do noso alumnado que se están achegando ó centro para contarlle un conto ó alumnado de ED. Infantil. Outra das actividades propostas e de carácter voluntario foi a de que nos enviásedes unha fotografía "lendo en familia" , xa que a familia é un dos núcleos de aprendizaxe dos nenos/as e moitas veces unha fonte de conductas a imitar. A participación foi menor do que nos gustaría, pero para ser a primeira vez que se fai, temos que agradecer a todas as familias que participaron nesta proposta.
BOA LECTURA!! |
|||
En CCSS de 3° de Primaria fixemos un proxecto sobre o Antigo Exipto que finalizamos coa elaboración dunhas maquetas en grupos. O alumnado deste curso visitou a clase de 5° de Infantil, xa que fixeron un proxecto da mesma temática o curso pasado, para intercambiar información e aprender máis sobre o tema. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- seguinte ›
- última »