Skip to Content

                              

LIBRO

21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE

A proposta dende o equipo de biblioteca para esta data foi a elaboración dun libro colaborativo entre todo o alumnado de ED. Primaria.

 

Ao alumnado de 1º e 2º de ED. Primaria propúxolles que buscasen ( coa axuda das súas familias) un refrán relacionado coas plantas, con sementar, regar, ou os tempos no que facelo.

 

Para o alumnado de 3º a 6º de ED. Primaria a proposta foi a elaboración dunha ficha informativa , na que falasen dunha planta e os tempos nos que sementala, debuxar o proceso, e os distintos factores que inflúen no seu crecemento ( tamén coa axuda das familias)

 

Con toda esta información recompilada,( grazas ao profesorado, alumnado e familias) elaboramos un libro ( do que fixemos unha copia, para ter 2 exemplares).

O alumnado de ED. Infantil foi o encargado de elaborar as portadas dos mesmos, que proximamente estarán a disposición na sección de consulta da nosa B.E. 

 

 

 

Na entrada da nosa biblioteca durante estas dúas semanas, estivo a disposición unha escolma de libros relacionados coa auga, árbore e poesía . 

DEZ ERAN DEZ CON SABELA GAGO

SABELA GAGO mandounos este conto de Xoan Babarro para compartir con toda a comunidade educativa do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS.

Esperamos que vos guste.

Proposta de actividade plástica para facer despois do conto.

 

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O 2 de abril conmemórase o día do Libro infantil e xuvenil

Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia achégaronnos a seguinte información:

 Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. 

GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville. (fonte: blogue de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia)

 

 A continuación podedes ver o cartaz deste ano, cunha pequena aportación:

No lateral esquerdo hai uns pequenos símbolos de cor amarela e negra, son as nosas aportacións, consistentes nunha pequena escolma de libros infantís e xuvenis que nestes momentos teñen acceso libre. ( Premede neles e levaranvos ós mesmos)

E lembrade que tamén podedes acceder a moitísimos libros dende a plataforma GALICIA LE.  

 

BOA LECTURA!!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut