Queridas familias, o equipo de profesorado do centro quere comunicarvos os seguintes aspectos:
- As familias que estades tramitando a axuda dos libros podedes traer os libros da biblioteca que tendes en préstamo nas casas. Na entrada do cole hai habilitadas unhas caixas para cada curso, onde debedes depositalos libros, xa que teñen que estar en cuarentena durante 15 días.
- Tamén podedes traer as mochilas viaxeiras as familias que a teñades nas vosas casas.
- Respecto aos materiais dos alumnos/as, habilitamos unhas datas para que veñades a recoller os seus materiais. Nas seguintes fotos podedes ver as datas. De todos modos, se algunha familia non puidera vir nesas datas, intentaríamos solucionalo doutro xeito.
AO ALUMNADO DE 5 ANOS XA VOS ESPECIFICARÁ A VOSA TITORA O DÍA QUE PODEDES VIR A RECOLLER O VOSO MATERIAL