Este ano centramos as nosas actividades polo día do libro en 2:
Por unha banda estamos elaborando unha historia en B.D na que o protagonista é Xuve, de xeito colaborativo todo o alumnado do centro.
( Estamos en proceso de finalización para presentalo á toda a comunidade educativa)
E para conmemorar no propio día do libro, voltamos ás orixes: facendo un apadriñamento lector no patio, na "hora de ler" despois do recreo.
Cada aula dos "maiores" recolleu a unha aula dos máis pequenos para contarlles/dramatizarlles un conto ou lerllo.
O alumnado do 6ºde EP. fixo unha lectura conxunta para a clase de 4º/5º de ED. Infantil.
O alumnado de 5º dramatizou varios contos para o alumnado de 2º EP.
As aulas de 4º e 3º fixeron unha lectura individualizada para as aulas de 1º de EP e 5 anos.
Finalizada a lectura , o alumnado de 6º de EP. fixo unha dramatización de 4 historias con monicreques (que eles mesmos inventaron) para o alumnado de ED. Infantil e 1º Ciclo de EP.
Agradecemos a colaboración de todo o alumnado , en especialmente ao de 6º E.P e ás titoras pola organización previa da actividade (escollendo as lecturas axeitadas e practicando previamente nas aulas)
Lembrades a proposta que se fixo este curso no día da poesía para conmemorar o día do libro este curso??
Ao final decidimos presentalo o día das Letras Galegas, entre as actividades programadas para esa data.
Representantes de cada aula saíron a lelo ante todo o centro para ver como se ía desenvolvendo esta historia misteriosa que o alumnado de 1º de ED. Primaria deu en titular " MISTERIO NA BIBLIOTECA". ( premede no enlace para acceder á publicación)
Aquí vos queda o conto colaborativo, por se o queredes desfrutar, como fixemos nós escoitándoo dos seus autores e autoras.
Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer a TODAS as familias que colaboraron e nos enviaron unha foto para compartir con nós os seus momentos de lectura, e para conmemorar o día de hoxe.
O luns 25 de abril, ( e co gallo da conmemoración do día do libro) o alumnado do 1º ciclo, tivemos un encontro coa escritora Isabel Bugallo y Sarria na biblioteca do cole, xa que estivemos lendo o seu libro “La clase de 1º y el pirata Kiko” durante o segundo trimestre.
Isabel falounos dos seus protagonistas (Breogán, María, Sofía,...) e trouxo ao loro Kiwi para que o coñeceran os rapaces. Ademais tamén asinou o libro a todo o alumnado participante.
Foi unha xornada diferente e moi gratificante.
(Redacción do texto: Cruz, titora de 2º de ED. Primaria)
Ao longo de toda a semana o alumnado de ED. Primaria estivo facendo unha tarefa ALFIN coa axuda das titoras e titores, aprendendo como se "cita" correctamente un fragmento dun libro.
A proposta que se fixo dende o equipo de bibliloteca foi: buscar e copiar unha pequena frase /fragmento dun dos seus libros favoritos e despois citala correctamente segundo a normativa APA.
Para iso, dende o equipo de biblioteca elaborouse unha pequena infografia sobre o tema ( adxunta coma PDF nesta publicación) con enlaces explicativos e un pequeno vídeo que nos pareceu interesante e que explicaba dun xeito sinxelo e práctico como facelo.
Segundo foron investigando, e preparando, plasmaron as súas seleccións en pequenos anacos de folios de cores que foron colocando na entrada do cole.
E despois de traballar durante a semana : entender, buscar, seleccionar e citar correctamente, onte venres así lucía a entrada do noso colexio:
Para o alumnado de ED. Infantil, o pasado xoves tivemos un contacontos fantástico.
Sandra, a mamá de Iria da clase de 3º contounos un conto, cheo de cor e maxia, cuns colaboradores e colaboradoras moi especiais: os anciáns da residencia de maiores de Beariz.
O martes fixemos unha pequena conexión para saudarnos, xa que o contacontos foi de xeito telemático, e ver que todo funcionaba correctamente, e foi moi divertido!!.
E o xoves, xa si , o gran momento do conto, que os nenos e nenas de ED. Infantil desfrutaron moitísimo, e estiveron moi atentos e atentas.
Moitísimas grazas a Sandra por esta iniciativa e a todos os axudantes e axudantas que tivo para contarnos esta historia.
Para celebrar esta data imos levar a cabo 2 actividades a nivel centro:
ED. INFANTIL: teremos un contacontos de xeito telemático o xoves día 21 moi especial.
ED. PRIMARIA: buscarán e seleccionarán unha "cita" dun libro que lles guste e "transcribirano" coa axuda das titorías, seguindo a normativa APA, para formar un muro colaborativo con todas as citas na entrada do centro.
Para facilitar a comprensión e importancia de "citar" correctamente elaborouse unha pequena infografía que adxuntamos como arquivo PDF nesta publicación (xa que contén enderezos web)
Aquí están os gañadores e gañadoras do concurso, dende ED. Infantil ata sexto de primaria.
( Na clase de 5º a calidade dos traballos foi tan boa, que foi imposible elexir a un único/a gañador, polo que o xurado otorgou un premio comunitario a toda a aula)
Aparecen aquí os gañadores e gañadoras , tanto na categoría de galego coma na de inglés.
Moitos parabéns aos gañadores e gañadoras!!!!! E moitísimas grazas a todo o alumnado por participar ( coa colaboración dos titores e titoras e o profe Javi na área de inglés ) xa que custou moito chegar a un acordo pola calidade das achegas.