Skip to Content

                              

natureza

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN - PROXECTO AS PLANTAS . 5º ED. PRIMARIA

 

 

Durante o mes de febreiro os nenos e nenas de 5º de ED. Primaria estiveron realizando un traballo de investigación e desenvolvemento, coincidindo co "tema" de Ciencias Naturais sobre as plantas.

 

Este traballo constou de varias partes: sementeira, observación de campo, investigación e posterior exposición ( mediante todas as canles de información posibles) 

Durante o proceso , o alumnado foi capaz de traballar "in situ" mediante a manipulación e posta en práctica de todo o proceso: dende que se realizou a sementeira ,ata convertirse nunha planta.

Os nenos e nenas, diariamente, apuntaron nun caderno todo o proceso, ilustrando tamén as sensacións que lles producía o que estaban a ver. 

 

Posteriormente, cada un dos grupos de traballo establecidos, elaborou murais e tamén unhas presentacións en formato dixital que expuxeron ao resto dos seus compañeiros.

Finalmente , e coincidindo co día internacional da Árbore, o grupo decidiu facer unha pequena exposición para mostrar o seu proxecto a todo o centro educativo.

 

( Redacción do texto: profe Jose, co-titor de 5º de ED. Primaria) 

 

Aquí vos queda un vídeo recompilatorio do proceso, e das exposicións do alumnado. ( Que foi o que estivo reproducíndose no recuncho onde colocaron a súa exposición)

 

 

 

 

MINICONTO DE NATURIZO

SABELA GAGO mandounos outro conto para celebrar as Letras Galegas e ademais unha actividade didáctica para realizar.

MOITAS GRAZAS SABELA por contar connosco.

Distribuir contido


by Dr. Radut