O pasado xoves , 25 de Novembro, tomamos "a palabra" para visibilizar e concienciar.
Durante a semana traballouse sobre o tema a nivel titorial, e cada quen plasmou nunha fita violeta unha palabra para visibilizar a situación, que o propio día 25 colocaron nun "lazo" simbólico composto por todas as palabras do noso alumnado.
A terceira actividade que se propuxo para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS (e tendo en conta que o lema deste ano é A BIBLIOTECA TEN A PALABRA) foi para o alumnado de 6º de ED. Primaria, que xunto coa súa titora colleron a nosa proposta e transformárona en 3 "clips" de radio no que nos contan o que lles gusta da nosa B.E, curiosidades sobre as bibliotecas e mesmo nos explican os distintos libros que podemos atopar.
Fixeron 3 equipos de traballo, organizáronse, guionizaron, e este foi o magnífico resultado.
A terceira actividade proposta , foi para o alumando de 6º de ED. Primaria, para que compartisen con nós uns clips de RADIO sobre as súas sensacións sobre a B.E E aquí tedes os magníficos resultados: RADIO XUVE: A BIBLIOTECA TEN A PALABRA.
Ademais do visionado de cancións e pequenos documentais e o traballo de cada unha das aulas.
A nivel de centro, colocamos o tronco dunha árbore ao lado da entrada da nosa biblioteca escolar, para que cada un dos alumnos e alumnas do cole escribise unha palabra ou pequena oración ou frase que para eles simbolizase que é ser un neno ou unha nena, ou algo que lles guste, algún dos seus dereitos...
E aquí vos queda a progresión que tivo a nosa árbore nestes días. Moitas grazas a todo o alunmado por axudarnos a encher a nosa árbore de folllas de moitas cores.