Dende o equipo de biblioteca propuxéronse 2 actividades:
-Por unha banda a elaboración dun mural cooperativo, dunha pomba na que cada aula tiña asignada a decoración dunha parte.
O alumnado máis pequeno encárgase de decorar a pomba e o alumnado a partir de 2º fixo unha "mandala" para decorar o fondo.
Pensamos que é importante estar "en paz con un mesmo/a" para poder estar en paz cos demais.
E as mandalas parécennos un xeito moi bo de achegarnos á tranquilidade e á paz. Rematarémolo ao longo desta semana!!!
A segunda proposta foi, escoller un libro/conto para traballar a PAZ.
Cada unha das aulas escolleu un conto ou libro para traballar sobre el esta semana, con diversas actividades, enfatizando na importancia de: respectar aos demais, dialogar, ter empatía e de evitar calquera tipo de violencia ou confrontamento.
Aquí tedes as escollas dalgunhas das aulas:
E aquí está o noso mural cooperativo, rematado e no se lugar!!!!