Skip to Content

                              

B.E

24 de Outubro: día das bibliotecas.

O pasado luns día 24 conmemoramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS. 

Que marca o inicio das actividades da nosa biblioteca escolar 

 préstamo individual, actividades e propostas, mochilas viaxeiras, clubes de lectura...)

 

Centramos a celebración do día en 2 actividades específicas:

Por unha banda fixemos unha visita "guiada" polas novas instalacións da nosa B.E.

(Estamos en proceso de finalización, e ultimar os derradeiros detalles dos espazos da nosa nova biblioteca escolar , xa que entramos a formar parte do PLAN LÍA 3,  e  aínda non está rematada.)

Nesa visita, lembramos as normas , tamén repasamos a CDU, onde podemos atopar os libros, e ao final do percorrido houbo unha pequena sorpresa gastronómica e saudable.

Deixamos  aqui unhas poucas fotos do momento:

 

 

A outra actividade ,despois do recreo e no comedor escolar ( a nosa sorte de "salón de actos" xa que non temos outro espazo) consistiu nunha teatralización por parte do alumnado do terceiro ciclo.

Escribiron a obra entre todos e todas, e foron eles os "mestres de cerimonias" encargados de falarnos da importancia da biblioteca, e do que é un PDI , ademais de introducirnos por medio desta obra de teatro que eles e elas escribiron no PDI que vai guiar este curso escolar: COÑECENDO BOBORÁS.

Temos que parabenizar ao alumnado de 5º e 6º de ED. Primaria ( e as súas titoras, Asun e Carmela) polo traballo, a orixinalidade, a súa creatividade, a creación artística e as horas e horas de "ensaios e preparación" para que todos e todas puidesemos desfrutar desta magnífica peza artística que ao mesmo tempo foi moi ilustrativa e didáctica. ( E divertida!! encantoulles a todos e todas)

 

 E así o mostra esta pequena escolma fotográfica

 

E que vivan as bibliotecas!!!! 

24 OUTUBRO: A BIBLIOTECA TEN A PALABRA.

Hoxe é o día das Bibliotecas. Dende a Asesoría de Bibliotecas, este ano propóñennos o lema " A biblioteca ten a palabra"

Dende o equipo de Biblioteca pensamos en 3 actividades para conmemorar esta data.

Esta é a primeira: cada unha das aulas e dende o traballo colaborativo, elaborou unha nube de palabras.

As palabras que lles inspira a nosa B.E.  Esas nubes, que están sobre un arco da vella, decorarán a porta da nosa biblioteca durante este curso.

Aqui quedan unhas poucas fotos dos resultados, e da variedade de palabras que a nosa biblioteca lle inspira ao noso alumnado!!!...

 

 

A segunda das actividades propostas, para conmemorar esta data foi un INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS

A terceira actividade proposta , foi para o alumando de 6º de ED. Primaria, para que compartisen con nós uns clips de RADIO sobre as súas sensacións sobre a B.E  E aquí tedes os magníficos resultados: RADIO XUVE: A BIBLIOTECA TEN A PALABRA. 

 

BO DÍA DAS BIBLIOTECAS E BOA LECTURA!!!!!!

OS NOSOS "LAP BOOKS" PARA O MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Cada unha das aulas escolleu a un home ou muller, relacionados coa ciencia, STEM, ou inventores/as para traballar na aula e elaborar un LAP BOOK para poder ensinar ao resto do cole. O único "requisito" era que fosen galegos/as, xa que novembro é o mes da ciencia en galego.
 
 Despois de moito investigar (ALFIN) , e traballar, aquí vos quedan unhas poucas fotos dos marabillosos resultados de cada unha das aulas:
 
 
 
Na aula mixta de 3 e 4 anos aprenderon moitas cousas sobre EUGENIA PEREIRA RODRÍGUEZ 
Científica , carballinesa e muller pioneira da farmacia.
 
 
 
 
 
 
 
Na aula de 5 anos investigaron e aprenderon sobre ÁNGELA RUIZ ROBLES  mestra, escritora,
e inventora: inventou o prototipo do libro electrónico!!!! 
 

 

 

 
 
 

Na aula de 1º de primaria investigaron e aprenderon sobre  ÁNGELES ALVARIÑO,

 unha grandísima oceanógrafa: 
 
 
 
 
 
 
 

Na clase de 2º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre MANUELA  BARREIRO PICO , primeira muller matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, e primeira licenciada, ademais de farmacéutica:

 

          
 
 
 

 
Na aula de 3º de ED. Primaria , investigaron e aprenderon sobre REBECA ATENCIA, primatóloga ferrolá, tras os pasos de Jane Goodall
 
 
 
 
 
 
 
Na clase de 4º de ED. Primaria, investigaron e aprenderon sobre ALEJANDRO FINISTERRE
( Alexandre de Fisterra) poeta, e  inventor do futbolín.
 

 

 
 
 
Na aula de 5º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre ANTONIA FERRÍN MOREIRAS , científica, investigadora, matemática e astrónoma. 
 
                                                                   

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E por último, na aula de 6º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre DOMINGO FONTÁN , creador da primeira Carta Xeométrica de Galicia.
 
 
 

 

                                                                

 

 
 
Dende o equipo de biblioteca, non podemos máis que parabenizar a todo o alumnado e profesorado polo seu traballo de investigación e creación, un traballo fantástico!!!!!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

SEGUNDO "CONTACONTOS" POR PARTE DAS FAMILIAS.

Chegou ao cole a segunda colaboración por parte das familias para o "Contacontos"

 

Desta volta, foi Vanesa, a mamá de Tania ( que contou coa súa colaboración) da clase de 5 anos a que se animou a contarnos un conto . E deunos permiso para poder publicalo na conta de "youtube" da biblioteca.

 

O conto seleccionado foi " A tartaruga que quería durmir"      (premede para ver a ficha do libro)   escrito por  Roberto Aliaga e publicado por OQO editora.

 

Aquí vos queda esta fantástica historia contada magníficamente por Vanesa, coa colaboración de Tania.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS DÚAS!!!!!!!!!

 

 

 

 

E aquí tedes unha foto das dúas protagonistas: Vanesa recibindo un diploma de agradecemento

das mans da súa filla Tania:

 

NOVEMBRO : MES DA CIENCIA EN GALEGO NA B.E

Novembro é o mes da Ciencia en Galego, podedes botar un ollo á información relacionada co tema nesta entrada do blogue da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia premendo na seguinte imaxe

 

 

 

O curso pasado por estas datas, nos "recreos na bibilo" fixemos unha serie de experimentos moi divertidos

 

Este curso non poderemos realizar esa actividade por motivos obvios, desencadeados dos protocolos COVID-19.

Dende o equipo de biblioteca estivemos pensando o xeito de conmemorar o mes da ciencia en galego doutro xeito, e decidimos propoñer a cada unha das aulas a elaboración dun "LAP BOOK" sobre un home ou muller galegos, obviamente, que estean relacionados coa ciencia.

 

Así cada aula ( a acorde ás súas posibilidades, porque obviamente non vai ser o mesmo traballo de investigación para o alumnado de ED. Infantil e os primeiros cursos de primaria, que o de quinto e sexto que son máis autónomos)

 

Así elaboramos un listado, para que cada clase seleccione a súa escolla ( e non repetirnos)

 

 

 

E unha pequenísima infografía para que nos sirva de guía nesta actividade, recalcando a importancia de citar sempre as fontes de información ( e obviamente verificalas)

 

Seguiremos informando!!!!!  

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro conmemórase o día das Bibliotecas Escolares  

Iniciamos esta semana o préstamo individual e hoxe  tamén a viaxe das nosas "mochilas viaxeiras".

Este ano, por mor do Plan de Adaptación ao Covid 19 non puidemos facer a nosa tradicional festa de celebración no comedor escolar ( o noso salón de actos particular)

Pero non podíamos deixar de celebrar esta data, polo que decidimos facer unha sorte de "apadriñamento lector" e cada unha das clases ía "apadriñar" a outra, así, cada quen elaborou un pequeno vídeo para a clase que lle foi asignada, houbo cancións, bailes, contos, e moitas cousas máis.

A asignación foi a seguinte:

O alumnado de 6º de primaria  "apadriñou" ó alumnado de 1º de primaria , e viceversa.

O alumnado de 5º de primaria "apadriñou" ó alumnado de 2º  de primaria, e viceversa.

O alumnado de 4º de primaria "apadriñou" ó alumnado da clase mixta de 3 e 4 anos de ED. Infantil, e viceversa.

O alumnado de 3º de primaria " apadriñou" ó alumnado da clase de 5 anos de ED. Infantil, e viceversa.

E hoxe cada aula visionou o vídeo correspondente ó seu "padriño". 

Gustoulles moitísimo, dende o equipo de biblioteca, damos  as grazas a cada unha das aulas,  aos seus titores e titoras e especialistas que colaboraron con eles e elas.

Tanto nos gustou, que decidimos que todas e todos debíamos ver os vídeos que elaboraron os demais, e aquí vos quedan. Para que os desfrutedes!!!!

BOA LECTURA, E BO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

CREACIÓN DA CLASE DE SEXTO

 

 CREACIÓN DA CLASE DE QUINTO 

CREACIÓN DA CLASE DE CUARTO  

CREACIÓN DA CLASE DE TERCEIRO 

 

CREACIÓN DA CLASE DE SEGUNDO

 

CREACIÓN DA CLASE DE PRIMEIRO 

 

CREACIÓN DA CLASE DE 5 ANOS 

 

CREACIÓN DA CLASE MIXTA DE 3-4 ANOS 

 

 

BIBLIOTECAS CREATIVAS

 Este ano entramos a formar parte do proxecto "BIBLIOTECAS CREATIVAS" (premede para obter máis información)

Fainos moita ilusión participar neste proxecto, xa que cremos que é algo moi enriquecedor  para a nosa Comunidade Educativa.

Seguiremos informando!!

 

 

 

 

ESCORNABOTS, NO RECREO DA BIBLIO, NO MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Continuamos , no mes da ciencia en galego con actividades relacionadas coa mesma, na hora do recreo, desta volta para o alumnado de 3º e 4º de primaria.

 

Elaborouse un taboleiro, para utilizar cos escornabots, con vocabulario relacionado cun LABORATORIO. 

Debían seleccionar as tarxetas e despois mover o escornabot, ata o debuxo que se correspondese coa palabra que lles tocou. 

Aquí tedes unhas poucas fotos do momento:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut