8 M - MENCHU IGLESIAS REY #igualdade #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas
Este curso as mulleres cedeiresas que destacan no deporte
son as nosas protagonistas do 8 M. Menchu Iglesias Rey estivo
arrodeada do alumnado de segundo B. Menchu é campiona galega
de atletismo en 50 e 200 metros lisos adica agora o seu tempo libre a
o Agility deporte que practica coas súas dúas cadelas Silva e Fada,
coas que xa logrou estar clasificada.
DigiCraf #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
8 M - RAQUEL FREIRE LÓPEZ #igualdade #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas
Este curso as mulleres cedeiresas que destacan no deporte
son as nosas protagonistas do 8 M. Raquel Freire López, destaca
no remo e estivo conversando co alumnado de quinto A.
Así souberon que comezou con trece anos, e aínda que
tivo un parón de vinte, xa voltou adestrar. Amosoulles diversas
medallas e descubriron diversos termos relacionados co remo
que descoñecían: ciar, couple, en punta...
Ademáis ensinoulles que para ser unha boa deportista,
tes que ser boa compañeira pero tamén unha boa rival na competición.
Os logros adquírense con moita constancia e perseverancia,
temos que superarnos a nós mesmos.
Valores, esforzo e constancia!
8 M - RADIO EXPERIMENTAL #igualdade #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas
AS AVOAS NA ESCOLA - PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
OBRADOIRO DE MANTECADOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal
No proxecto sobre a vila de Cedeira tamén se cociña. Saray e Jessy
axudáronnos a facer uns mantecados típicos da nosa vila. Foi unha mañá
na que mesturamos, pesamos, esprememos, remexemos, batuxamos,
divertímonos e cociñamos algo moi doce, os mellores lazos de amizade.
Tamén fixemos un marcapáxinas coa receita e
o puxemos ben bonito para levar e merendar.
Gracias ás familias por formar parte da vida na escola!
REUNIÓN CLÍA CEDEIRA #CLIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Unha nova xuntanza moi produtiva. Conversaron das
sensacións na visita ao Parlamento, escolleron entre varias
propostas que poden incidir na calidade da vida na vila. A súa
responsabilidade é moi alta, pois eles e elas teñen moito que
dicir da vida cultural, medioambiental, de saúde... na nosa vila.
Neste Clía tamén escolleron o nome que levará este organismo,
pero que desvelaremos nunha próxima publicación.
Un tempo e un espazo máis que aproveitado!
Día de Rosalía #DíaDeRosalía24 #Cedeira #poéticasdiversas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Conmemoramos o día de Rosalia de Castro de formas moi diferentes, aquí tedes todas as acividades que fixemos.
Palabras cedeiresas #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Axúdanos a recoller o maior número de palabras cedeiresas para crear un bonito proxecto sobre a vila.
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CANCIÓNS 1º #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »