Skip to main content

DIVULGACIÓN CIENTÍFICA - RECURSOS EN GALEGO #11F #Igualdade #Ciencia #ODS5 #Axenda2030 #ALFIN #AMI #LerCiencianaBE #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Hai recursos que compartir, achégase o Día da Muller,

a nena e a ciencia. Ollade que recursos máis interesantes.

Toupiciencia: Miniserie audiovisual de divulgación científica en galego

dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un.

Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a

través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía,

a química ou as matemáticas. O proxecto conta coa colaboración de

persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo,

Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.

Xeoclip:materiais escolares e didácticos elaborados polo profesor

Xacobo de Toro e persoas colaboradoras.

 

 

 

 

PATIOS VIVOS - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes están desexosos de usar os Patios Vivos con máis intensidade,

pero as choivas deixaron moitos desperfectos e agora toca facer unha

limpeza profunda para volver ao seu uso cotía. Estes días de sol permitiron

secar pozas e endurecer o barrizal que se formara en varias zonas,

así que puxeron luvas e mandilóns e aproveitaron o tempo. Sacaron as

herbas máis tupidas, queda pendente o lavado de testos e cubos.

Solicitaron ao Concello de Cedeira a retirada do resto das herbas

que non puideron sacar (hai que facelo de raíz para que non rebroten,

algunhas teñen pinchos). Comezaron a facer un sementeiro para adicar

unha pequena parte do patio á horta. Falaron dos tipos de plantas (árbores,

arbustos e herbas), da Camelia que temos nun dos patios...

Dende agora os Patios Vivos, estarán moito máis activos coa chegada

da Candeloria, pois metade do inverno vai fóra. Deste xeito tamén

traballaron o paso do tempo e recordaron proxectos fermosos realizados

con outro alumnado que pasou pola escola. Ciclos de vida que se repiten.

Por unha rapazada concienciada!

 

 

 

 

 

 

LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

Familias e alumnado compartindo contos e obradoiros.

Eva Blanco Damota, agasalla ao alumnado con "Punano" 

de Yolanda Castaño e "A vaca que puxo un ovo".

de Andy Cutbill. Posteriormente realizaron un

obradoiro nas salas da biblioteca escolar.

 

 

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS ALUMNADO FAMILIAS #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #AprenderaPensarnaBE

Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos.

A biblioteca, centro de recursos e espazo.

 

 

 

 

 

 

 

NOVOS FONDOS #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Ven coller unha novidade: libro informativo, banda deseñada,

libro de aventuras, poesía, teatro... Unha gran variedade para tódolos

gustos e se queres algo especial, non esquezas deixar a túa

suxerencia na caixa de suxestións.

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA FAMILIAS - PORTAS ABERTAS - FORMACIÓN USUARIOS ADULTOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O voluntariado da biblioteca escolar, específicamente os de sexto curso,

fixeron unha presentación a través da aplicación Canva, para explicar o

funcionamento dos diversos espazos da biblioteca e da escola.

Posteriormente, realizaron unha visita guiada por toda a escola

para explicar e amosar as instalacións e recursos.

 

Sempre contaron coa axuda e supervisión do profesorado da

biblioteca escolar e do coordinador de Polos Creativos.

 

 

 

ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 2 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal

Coa intención de crear espazos seguros para a infancia,

traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso

nos menores; compartimos coas familias (nesta ocasión)

unha serie de vídeos. Trátase dun material pedagóxico que se fixo

en Cataluña co alumnado de centros escolares para previr

os abusos sexuais. Son catro vídeos que teñen continuidade entre si.

Os tres primeiros capítulos están en formato obradoiro e amosan o traballo

realizado co alumnado de 4º de primaria onde se traballan as sensacións

agradables e desagradables de proximidade ou contacto físico íntimo

con persoas descoñecidas e con persoas do ámbito relacional próximo.

O obxectivo é capacitar á infancia na identificación de situacións de

seguridade e inseguridade neste ámbito co fin

de previr o abuso sexual infantil.

 O cuarto capítulo está dirixido a familias, profesores, educadores e a

todas aquelas persoas adultas que dun xeito ou outro se encargan da

educación da rapazada. Inclúe fragmentos de entrevistas a profesionais

da sanidade, policías e organismos especializados e

dous obradoiros un con profesionais e outro con familias.