Skip to main content

BIBLIOTECA HUMANA

BIBLIOTECA HUMANA #bescolaresgal #Axenda20230 #bescolaresgalabertas

 A Biblioteca Humana, dentro do programa Lectura e Familias, volve outro ano

máis para facer escola entre todos e todas!


Está claro que as nosas xentes son fonte de recursos diversa.
Ademáis a biblioteca, as mestras e os mestres somos conscientes

do poder motivador que pode exercer que a avoa, o tío, a madriña,

a veciña, o curmán, mamá, papá... se achegue á escola e forme

parte dela, que cree, ensine, lea, constrúa coñecemento.

Por todas estas razóns e moitas máis, abrimos novamente o

banco humano que abarca tres grandes obxectivos:

a)Continuar ampliando as persoas libro (contar oralmente

unha vivencia, experiencia, saber...

a un grupo pequeno de persoas que logo teñen opción

a facer preguntas sobre o comentado).



b)Acudir na hora de ler a contar unha historia a tódolos

compañeiros e compañeiras da aula do seu familiar.



c)Realizar un ou varios obradoiros sobre a temática

que se solicita co alumnado.



A escola conta cunha gran dotación de recursos materias

de Polos Creativos e da biblioteca escolar.

Somos moi afortunadas e afortunados pois temos

un centro con gran cantidade de material.

Agora é necesario sacarlle o máximo partido para

aprender do mellor xeito que sabemos, Xuntos!

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - CANDO EU TIÑA A TÚA IDADE - HOLOCAUSTO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Na fin do curso escolar tivemos o pracer de escoitar a Tom Leimdorfer,

traducido por Karen. O seu libro "Cando eu tiña a túa idade", un relato en

primeira persoa sobre as súas vivencias no Holocausto.

Historia que perdurará en audio, no noso catálogo, para cando quen queira

decida collelas e escoitalas. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que

ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena, mestras/es e xente

da vila que tivo o interese de escoitar achegouse e  as verbas crearon redes.

Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor

moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.

Gracias Tom e Karen por compartir tanto connosco!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CANDO EU TIÑA A TÚA IDADE - HOLOCAUSTO - LIBRO HUMANO - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este mércores 29 de maio contaremos cunha persoa

libro que nos enche de emoción. Tom Leimdorfer contará

a súa vivencia durante o Holocausto en inglés e a súa filla Karen

irá traducindo ao galego. Mentres narran irán situando ao alumnado

no periódo histórico e sitúando xeográficamente. Nesta ocasión asistirá

o alumnado de sexto de primaria, pero ao igual que noutras ocasións

estará aberto ao público. Unha historia verdadeira da

vida dun avó do noso alumnado. Un libro vivo!

 

 

 

 

 

 

 

APADER ACTIVIDADES INTERCENTROS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Continuamos con máis actividades intercentros coa asociación Apader.

Rapazada disfrutando e aprendendo nun obradoiro artesá!

 

 

 

 

 

COSTURA PARA AS PEZAS SOLTAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #piezassueltas

Dentro da Biblioteca Humana, do programa Lectura e Familias,

nesta ocasión visítanos Thais! Faino cun obradoiro de costura

para crear unhas camas para as nosas personaxes das pezas soltas.

A ilusión e a emoción na confección, do que se pode conseguir con

anaquiños de tea foi inmensa, nuns días farán os coxíns!!

 

 

 

 

 

XOGOS DE MESA - 2ª sesión #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Shaila e Adrián voltan ofrecer ao alumnado de tres

anos un obradoiro de xogos de mesa, cada certo tempo cambiaban

de xogo e comezaban unha nova partida. Os máis pequenos

da escola xa se manexan que da gusto velos!

 

 

 

 

 

 

 



APADER LIBRETAS OBRADOIRO #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Nesta ocasión foi o alumnado do 6ºC quen se desprazou

ata o taller no que traballa Apader (Asociación Pro Persoas

con Discapacidade Intelectual), onde realizaron guiados por

profesorado e alumnado un obradoiro de creación e

encuadernación de libretas. Unha actividade que tende

pontes e crea alianzas entre dúas escolas con alumnado diverso,

creativo, emotivo, involucrado... Esta é unha das actividades de

intercambio que se xeneraron, dende os primeiros achegamentos.

Cousas bonitas que medran. En breves, outra visita!

 

 

 

 

 

 

 

XOGOS DE MESA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Nesta ocasión Shaila e Adrián ofreceron ao alumnado de tres

anos un obradoiro de xogos de mesa, cada certo tempo cambiaban

de xogo e comezaban unha nova partida. Os máis pequenos

da escola xa se manexan que da gusto velos!

Aquí a primeira sesión.

 

 

 

 

 

APADER LIBRETAS OBRADOIRO #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal

O alumnado do 6ºC desprazouse ata o taller no que traballa Apader

(Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual), onde

realizaron guiados por profesorado e alumnado un obradoiro de

creación e encuadernación de libretas. Unha actividade que tende

pontes e crea alianzas entre dúas escolas con alumnado diverso,

creativo, emotivo, involucrado... Esta é unha das actividades de

intercambio que se xeneraron, dende os primeiros achegamentos.

Cousas bonitas que medran.

Agradecer á asociación o seu recibimento e atención.

 

 

 

FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal

O vindeiro venres 5 de abril, de 16:30h. a 18:30h na Biblioteca Escolar

"Carlos Labraña", no Ceip Nicolás del Río, teremos con nós a

profesionais de "As Atalaias" que nos ofrecerán unha formación onde

se pretende crear un espazo de encontro e diálogo para atoparnos cómodos,

en familia e poder abordar temas incómodos como son a exposición que

teñen as crianzas a vídeos porno e as súas consecuencias no desenvolvemento

da súa sexualidade. Estas profesionais achegaránnos ferramentas, recursos

e historias para acompañar ás crianzas no ámbito dixital e relacional,

e poñerán no centro o respecto, o coidado e o bo amor.

Convidamos a tódalas familias da comunidade educativa, pero tamén

está aberto a calquera persoa que lle resulte de interese,

pois todas e todos formamos parte da vida educativa da rapazada.

Durante ese período de tempo, as familias terán servizo de gardería aportado

pola Anpa Picapeixe, para que ninguén que o desexe quede sen a formación.

Engadimos na parte inferior o programa da formación

para que poidades ollalo polo miúdo.

Esta formación está enmarcada no programa de Lectura e Familias da

Asesoría de Bibliotecas Escolares. Agradecemos  a vosa asistencia.

 

 

 

 

 

 

QUE BEN ULE! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

A cociña bota fume! Hoxe achegáronse ata a biblioteca Jésica,

Moisés, Encarna, Lucía e Hugo para realizar unhas

deliciosas palmeritas e unhas brochetas de froitas.


Familias sodes o noso orgullo!

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE GALLETAS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Kevin, Lourdes, Lisa e Sylvia acompañaron ao alumnado de 2º

na creación dunhas fermosas galletas de coelliños e ovos.

 

 

 

 

 

 

COLGANTES E BROCHES - ARGALLANDO COAS FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

O alumnado de 2º B convida a Anabel, unha das familias da aula,

para argallar con masilla branca e xunt@s crear colgantes

e broches con deseños caninos.

 

 

 

 

 

 

MAGDALENAS DE PASCUA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 O alumnado de 2º B realizaron unhas ricas magdalenas

de Pascua coa axuda de Graciela e Beatriz, saíronnos riquísimas!!

Agradecer ás familias a súa colaboración!

 

 

 

 

 

ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 5 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal

Coa intención de crear espazos seguros para a infancia,

traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso

nos menores; compartimos coas familias (nesta ocasión)

unha serie de vídeos. Trátase dun material pedagóxico realizado por

Pantallas Amigas, consta de seis vídeos de animacións para informar ás familias.

Aquí temos o inicio da súa información:

 

¿Tu hijo ve porno? o mejor, de forma

clara y directa ¡Tu hijo ve porno!

El acceso circunstancial a la pornografía se puede producir desde los 8 años.

Su consumo por parte de chicos adolescentes comienza a normalizarse

a partir de los 13 años. Tu hijo probablemente está en este grupo, con la mayoría,

y lo consume desde el ordenador de su habitación o desde cualquier lugar

usando su móvil. La facilidad de acceso, el “anonimato” y la gratuidad están de su lado.

El contenido pornográfico está dirigido a personas adultas y su consumo no es recomendable

para menores de edad porque se considera que no tienen la madurez suficiente para afrontarlo de forma positiva.

Por otro lado, el consumo habitual del porno más popular puede tener consecuencias negativas

para cualquier persona, pero especialmente para los chicos adolescentes como él.

Puede tener efectos negativos para la salud y bienestar de tu hijo, pero también para

el de las chicas adolescentes con las que se relaciona y el de las mujeres en general.

CLICA E ACCEDE Á SÚA WEB

Aquí temos a primeira animación, entrando podes visualizar o resto.

 

 

 

 

 

 

ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 4 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal

Coa intención de crear espazos seguros para a infancia,

traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso

nos menores; compartimos coas familias (nesta ocasión) un

vídeo. Trátase dun material pedagóxico

"Generación XXX" é unha campaña de "Dale una Vuelta"

coa colaboración da Oficina do Parlamento Europeo en España

que busca protexer á infancia dos efectos perxudiciais como adiccións,

violencia ou disfuncións sexuais que provoca a nova pornografía mainstream.

Esixen medidas eficaces na verificación da idade dos usuarios.

 

 

 

 

ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 3 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal

Gustaríanos trasladar ás famlias a preocupación de algúns mestres/mestras

e familias, que dende hai un tempo vimos observando o acceso dos menores

a contidos non aptos para a súa idade. Conscientes de que a educación

afectivo sexual é un tema delicado, que moitas veces nin mestres nin familias

sabemos como abordar, gustaríanos valorar a posibilidade de que unha

persoa experta no tema nos dera algunhas orientacións.

Necesitamos unha estimación das familias interesadas en participar nesta formación.

 

O Concello, a través da Concellería de igualdade, ofrécenos a posibilidade dunhas

sesións de charlas/obradoiros para o alumnado, por parte de persoal cualificado

e cunha ampla experiencia con menores de tódalas idades, pero consideramos

que serían moito máis produtivas se previamente as familias e mestres/as

partíramos do coñecemento da situación actual e tivéramos unhas pautas de actuación.

 

Por este motivo gustaríanos que as familias do alumnado da escola se poñan en

contacto connosco para coñecer unha estimación das persoas ás que lles gustaría

asistir a esa formación, así como aquelas que están preocupadas

polo tema aínda que non asistirían á mesma.

 

Para o traslado da información, pasado o Entroido, enviaremos un papel ao

alumnado cunha parte recortable, para cubrir ou dende a Asociación

de Nais e Pais, Anpa "Picapeixe" á que tamén podedes trasladarlle as

vosas respostas. É moi importante a vosa participación e implicación.

Así mesmo, continuaremos difundindo recursos

para informar e documentar ás familias.

 

 

 

 

 

LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

Familias e alumnado compartindo contos e obradoiros.

Eva Blanco Damota, agasalla ao alumnado con "Punano" 

de Yolanda Castaño e "A vaca que puxo un ovo".

de Andy Cutbill. Posteriormente realizaron un

obradoiro nas salas da biblioteca escolar.

 

 

 

 

Distribuir contido