Skip to main content

DESPEDIDA VOLUNTARIADO ESCOLAR #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Despedimos a un alumnado que formou parte da nosa equipa de biblioteca.

Unha rapazada que deu vida día a día á nosa biblioteca.

Xuntos fixemos que esta maquinaria funcionase.

Elas e eles agasallan co seu tempo e traballo para que todos gocen

de recomendacións lectoras, organizan obradoiros, controlan préstamos

de aparellos tecnolóxicos, xogos didácticos, libros... Son a alma da biblio.

Gracias rapazada por acompañarnos nesta aventura!!

En recoñecemento pola súa labor un certificado e un

chaveiro de madeira co logo do noso Percebiño.

Parabéns rapazada!!

 

 

 

 

 

 

 

DESPEDIDA CLUB LECTURA "CHOCOLATE CON LIBROS" #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

Pechamos un ciclo con dozura. Esperamos vervos con moitas máis l

ecturas o vindeiro curso! Os que pasades para o IES,

xa vistes que ten unha biblioteca fermosa,

alí tamén teñen Club de Lecturas.

Moitas historias agardan por vos!

 

 

 

 

 

HERBAS DE SAN XOÁN #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As tradicións é algo que temos que mimar e conservar.

Preparar a auga de San Xoán, coñecer as herbas necesarias

para facela, saltar o lume... A rapazada quere espantar meigas,

así que fai o potingue limpador: auga de San Xoán! Por se alguén

non a ten na casa levan a receita e uns botes

coa menciña, refregade ben as cariñas!

-Dime rapaza bonita,
Con que lavas o pelo?
-Cunhas herbas do monte,
Que fío chaman tromentelo!

Recollido na Web da Galicia Espallada.

 

 

 

 

 

 

 

 

ÁLBUMS PERSONALIZADOS #bescolaresgal #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto fixo un álbum personalizado coa app Canva

con fotografías  de Manzaneda que foi seleccionando e clasificando.

Nelas contan o que fixeron, acnédotas... engaden música adaptandoa

a cada actividade que hai na presentación (actividades na natureza,

discoteca,...). Crear documentos para manter os mellores

recordos é necesario e moi saudable!

 

 

 

 

 

 

 

XIMNASIA RÍTMICA #bescolaresgal #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas

Nesta ocasión Sara ,Vero e Inés  achegáronse para facer un obradoiro

de iniciación á ximnasia rítmica. Pasáronno xenial aprendendo

e xogando. Gracias familia!

 

 

 

 

 

 

 

SON DE CEDEIRA - UNHA VILA CANTANDO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Queremos dar as gracias a todas e cada unha das persoas que se volcaron

coa escola, tanto brindando información, como participando en innumerables

obradoiros, actividades de documentación, gravacións en radio, identificación

de persoas nas fotografías, realización de xogos, música, concertos ofrecidos...

é tanto o que nos destes  que rematamos cheos e cheas de orgullo pola nosa

vila e as nosas xentes. Sabedes tanto, tanto, non sabemos se sodes conscientes

do privilexio que temos. Sodes libros abertos e nós dámosvos as gracias.

Para a memoria de todas e todos un recordo:

"A praia do Varadeiro" ou "Son de Cedeira" (como guste).

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS DO CLUB DE LECTURAS #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Ollade ben! Aquí van as recomendacións de lectura do noso

alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con libros".

Neste verán non quedes sen un libro!

 

 

 

 

 

MOITO DOCE EN FAMILIA #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A familia de Xoel veu realizar un obradoiro moi dulce.

Pasteleiras e pasteleiros por un día!