BIBLIOTECA HUMANA - CANDO EU TIÑA A TÚA IDADE - HOLOCAUSTO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Na fin do curso escolar tivemos o pracer de escoitar a Tom Leimdorfer,
traducido por Karen. O seu libro "Cando eu tiña a túa idade", un relato en
primeira persoa sobre as súas vivencias no Holocausto.
Historia que perdurará en audio, no noso catálogo, para cando quen queira
decida collelas e escoitalas. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que
ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena, mestras/es e xente
da vila que tivo o interese de escoitar achegouse e as verbas crearon redes.
Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor
moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.
Gracias Tom e Karen por compartir tanto connosco!
ENTREVISTA A MARI LUZ LORENZO - RADIO NA BIBLIO - DOCUMENTACIÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Tivemos o gran pracer de pasar varios xoves con Mari Luz Lorenzo
e deixou pegada na rapazada e na que non é tan peque. Mestras,
antigas alumnas da súa escola de baile, de regueifas e aturuxos...
Tempo de escoitar, bailar, cantar, ver fotografías e aprender que se
tiramos do fío...cantas cousas aprendemos, cantos agasallos en verbas,
contos, imaxes... aprendemos a coñecernos, saber de onde vimos e ver
a nosa herdanza. Gracias Mari Luz polo agasallo de terte, nesta escola
que é a túa ti espallaches cultura galega! Unha lección de amor
á terra e ás súas xentes!
De fondo as voces máis bonitas, a dunha rapazada xa medrada,
o coro escolar "Cascarriola" do CEIP Nicolás del Río, ano 2009.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN #Verán #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LecturasRecomendadas #recomendaciónslectoras #UnhaBEenViñetas #mercaencedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
APADRIÑAMENTOS LECTORES - IES E 3 ANOS E.I. #Lecturascompartidas #TecendoRedes #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Unha das actividades de lectura Plambe máis tenras é o
Apadriñamento Lector, co alumnado de 3 anos e o do Instituto.
Nesta ocasión, os padriños e madriñas foi o alumnado de 1º de Bac.
de Artes Escénicas. As crianzas, de 3 anos este curso propuxeron ser
elas e eles os que visitasen aos seus padriños no instituto e aló foron,
coñecéronse en persoa, conversaron e despois leron os seus libros favoritos.
Xa pasada media xornada estaban preparados para compartir xuntos lecturas
con toda a vila. Así que achegáronse ata San Isidro e sementaron contos,
libros, historias... e moitas risas, para que calquera bo lector, pequeno ou grande,
leve ese libro e o lea, co mesmo cariño que eles o deixaron. Despois queda co
compromiso de volver sementalo, pois a lectura hai que espallala. Gracias a
padriños e apadriñados por tanta tenrura, verbas e risas.
Os lazos que onte creastes que vos duren sempre!
FORMACIÓN AFECTIVO SEXUAL - ALUMNADO 6º #educaciónafectivosexual #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
ESTREA "LULA PERDEU A LUZ" #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
"Lula perdeu a luz" un excelente traballo dos Vagalumes de 2º C,
na materia de lingua galega e plástica con duración dun curso escolar.
Agradecer a tódalas persoas que dalgún xeito fixeron
posible que os Vagalumes brilaran en todo o seu explendor.
Inmensos parabéns aos Vagalumes!! Sodes especiais! Uns artistas!
ESTREA O SISTEMA SOLAR #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O Sistema Solar fermoso traballo do alumnado de 2ºB e 2ºA.
Moitos parabéns rapazada!
ESTREA O RATO PÉREZ #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
"O Rato Pérez" fermoso traballo do alumnado de 3º C.
Moitos parabéns rapazada!
JOSÉ ANTONIO SUÁREZ ANEIROS #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #RadioExperimental
José Antonio Suárez Aneiros, escritor de diversos libros, entre eles:
"A música popular en Cedeira e no noso cortorno", músico e un
documento vivo; estivo nas radios escolares respondendo a tódalas
preguntas do alumnado. A historia musical de Cedeira remóntase a
Don Gerardo Villabrille que fundou a Banda Vella, a finais do século XIX,
Don Gerardo tocaba o armonio... Seguide escoitando o programa das Radios Escolares!
RICARDO FREIRE NA VOZ DE ALICIA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #RadioExperimental
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »