Skip to main content

TEATRO

TEATRO NAS AULAS - MICROTEATRO #BEaEscena #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 6º de primaria, en grupos cooperativos, 

escribe pequena pezas teatrais, a modo de microteatro

e as leva a escena! Un traballo de expresión escrita e oral,

combinado cunha gran creatividade.

 

 

 

 

 

PROXECTO "COMUNIC-ARTE" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Un ano máis a biblioteca da escola embárcase nun proxecto de traballo onde a colaboración de toda a
comunidade educativa é indispensable. As nosas investigación basearanse no currículo cedeirés, sendo o
teatro un xénero con grandes antecedentes na nosa vila.


Comezando por Dina Montero, no 1907 e continuando con toda unha traxectoria de actores, actrices:
Fusa Guillén, Carlos Labraña, Quique Vázquez... e moitas/os outros/as que remaron conxuntamente para
que a vila de Cedeira goce dun alto nivel cultural. Decidimos adicar este curso escolar ao drama como
divertimento.


As artes escénicas, algunhas como a música xa investigadas o curso pasado, teñen outros dous grandes
xéneros: teatro e danza. Dúas categorías que serán exploradas neste curso escolar.


A colaboración das familias e axentes sociais é de vital importancia e virá definida neste términos:


* Aportacións de material gráfico (fotografías, vídeos...) nos que vosoutros ou algún familiar participara
de xeito activo nunha representación teatral, coreografía, danza... na escola, catecismo, festas da vila,
actividades de asociacións...


* Realización de tipo individual ou grupal dalgún tipo de representación/actuación: teatro, monólogo,
coreografía, danza, baile, maxia, monicreques, contacontos con apoios visuais, ... no que exista unha
comunicación como divertimento.

Para ámbolos dous casos temos dispoñible un anexo para cubrir e entregar na secretaría da escola.

 

 

 

 

 

 

 

 

ESTREA "LULA PERDEU A LUZ" #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

"Lula perdeu a luz" un excelente traballo dos Vagalumes de 2º C, 

na materia de lingua galega e plástica con duración dun curso escolar.

Agradecer a tódalas persoas que dalgún xeito fixeron

posible que os Vagalumes brilaran en todo o seu explendor.

Inmensos parabéns aos Vagalumes!! Sodes especiais! Uns artistas!

 

 

 

 

 

ESTREA O SISTEMA SOLAR #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O Sistema Solar fermoso traballo do alumnado de 2ºB e 2ºA.

Moitos parabéns rapazada!

 

 

 

 

 

 

ESTREA O RATO PÉREZ #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

"O Rato Pérez" fermoso traballo do alumnado de 3º C.

Moitos parabéns rapazada!

 

 

 

 

 

 

 

O SISTEMA SOLAR - ATREZZO #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º A e B xa está rematando o seu atrezzo.

Os veremos na súa estrea o 30 de maio en xornada de mañá e

o 31 en xornada de tarde, con entrada reservada. A súa obra:

"O Sistema Solar". Non volos perdades!

 

 

 

 

 

 

 

"LULA PERDEU A LUZ" - ENSAIOS #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ídevos preparando que os Vagalumes xa están a piques de

estrenar a súa obra "Lula perdeu a luz". Será este venres 31

en dous pases de mañá e tarde. Entradas reservadas con invitación.

Aquí podedes velos nun ensaio no Auditorio de Cedeira, ao que temos

que agradecer o seu espazo. E por suposto a Quique Vázquez

a súa implicación, bos consellos e control da parte técnica.

 

 

 

 

 

VELADAS POÉTICAS - PREMIO PODCAST LETRAS GALEGAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Xa podemos escoitar o podcats premiado no concurso organizado

pola Asesoria de Bibliotecas Escolares. O alumnado de 2º de primaria

presentou "Luisa Villalta - Veladas poéticas", un programa onde

poderedes escoitar decenas de voces da nosa rapazada  e das

familias e diferentes axentes sociais. Todo aderezado coa música

de Bach soando de fondo, dúas pezas tocadas tamén por un papá.

Estes minutos que ides escoitar son o final dun proxecto onde

investigamos, pedimos colaboración das xentes da vila, aprendemos

a diferenciar o rúido do silencio e a darlle espazo para concentrarnos

nas pezas musicais traballadas, escribimos poesía e traballamos figuras

literarias, escribimos e dramatizamos teatro para levar a voz de Luísa ao

podcast. Son uns breves minutos pero que foron meses de traballo do

alumnado e do profesorado para que esas voces produciran tan inmenso

traballo de escrita, lectura e pronunciación.

Gracias a todas e todos os que o fixeron posible!

Tamén podedes escoitar o seu podcast e o de outros premiado

(de diferentes idades) na Radio Galega. Neste domingo tamén emitirán

unha entrevista sobre o noso podcast premiado.

 

 

 

 

 

 

 

PROBA CORES NA LUZ NEGRA #teatronaBE #AulaSensorial #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A obra de teatro dos Vagalumes ten un acto baixo luz negra.

Así que primeiro tiveron que experimentar que cores poden

verse nesta luz, así experimentaron na aula sensorial con esta luz.

 

 

 

 

 

 

VIVA O TEATRO! #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Xa achegándose á fase final, os Vagalumes seguen cos ensaios de teatro,

neses días incidiron na organización e situación do espazo no escenario.

Semella sinxelo, pero non o é, unha aprendizaxe básica. Coñecer o noso corpo,

o que ocupa no espazo, ter en conta o das demais actrices e actores.

Ter presente o espazo necesario para o atrezzo, un plano mental continuo

e cambiante, nesta obra de cinco actos.

Hoxe tamén fixeron proposta de título e mañá tocará decidir, entre todos,

cal é o máis apropiado. Para así, poder comezar co deseño do cartaz, invitacións...

 

 

 

 

 

 

ENSAIOS TEATRO #teatronaBE #radioescolar #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes xa preparan a súa representación teatral,

están montando sons na radio, deseñando o atrezzo, facendo

ensaios case a diario e o máis importante, entender que todas

e todos somos importantes e temos que colaborar, que isto é unha

compañía que necesita de todos e todas para funcionar como unha

máquina precisa de reloxeiro. Convivir, respectarse, tolerarse, entenderse...

o teatro aporta unha inmensidade de valores que perdurarán nas súas vidas.

Aprender a actuar, memorizar, facer súa a personaxe, a crear, a rir e chorar,

pero o máis importante aprenden a quererse e coidarse.

 

 

 

 

 

MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA #Cedeira #LecturasRecomendadas #Clubsdelectura #Igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Realizamos unha visita polos espazos nos que se ambienta a obra de teatro

"Mambrú volveu da guerra", escrita polo dramaturgo que da nome á nosa biblioteca,

Carlos Labraña. Ademáis de pasar un pedazo ben divertido, recoñecemos

o paso do tempo, o cambio na paisaxe, pasamos un anaco de tempo en calma

visibilizando a estatua ás victimas e somos un pouco

máis conscientes da historia da nosa contorna.

 

 

 

 

 

LER E DRAMATIZAR #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

En ocasións, tan só chega con ser un bo observador ou observadora.

Un día de choiva, tempo de lecer, unha rapaza colle un libro para ler

en voz alta, outros/as xogan a representar o que se escoita. Elas xogan,

pero a realidade é que reforzan lectura, melloran entonación,

avanzan na comprensión lectora... e un sinfín de habilidades,

sen tan sequera ser conscientes.

Aprender xogando, un pracer, un dereito, o mellor nunha maña escura.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido