Skip to main content

ALUMNADO EMPODERADO

SIMONE JENKINSON - DOCUMENTACIÓN PROXECTO COMUNIC-ARTE

Nesta semana o alumnado de 2º recibiu a Simone Jenkinson para

realizar unha investigación e documentación sobre a súa traxectoria teatral.

Simone Jenkinson e xunto a Joseph realizaron xiras por

todo o mundo e co nacemento da súa filla, decidiron establecerse na nosa vila.

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "O CORPO HUMANO" #Ciencia #LerCiencianaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 6º de primaria investiga no seu proxecto do corpo

humano e realiza un xogo dos aparellos con material reciclado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2023 - 2024 #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Agradecemos que tanto alumnado, familias ou profesorado cumprimente

a enquisa para poder mellorar nas labores da biblioteca escolar.

 

 

 

 

 

 

PROTOTIPOS #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto está deseñando o seu  propio prototipo

inventando unha máquina que presentarán aos compañeiros e

compañeiras. Ademáis de poñerlles un nome e explicar para que

serven, teñen que incluír nela unha panca, un plano inclinado e

unha polea como mínimo. Desexados ver os proxectos finalizados!

 

 

 

 

 

 

PATIO LECTURA #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Estas son desas cousas que non esperas e que te enchen de emoción,

esas cabeciñas ledas e bulideiras si que escoitan o que dicimos,

non sempre o poñen en práctica cando desexamos. Pero un día, e sen

previo aviso, alguén salta nun puff do patio de lectura e plooofff milleiro de

boliñas brancas saen polo aire, non é neve non! Ese día é de sorpresa ao

ver o patio verde totalmente branco. Ao seguinte, empezan a falar, a comentar

e sen saber moi ben como, aparecen espallados polas paredes papeis que poñen:

"Búscase voluntariado para limpar o patio de biblioteca", cada recreo o patio atibórrase

de voraces crianzas adicadas a apañar boliñas e boliñas. Vasos, pinceis, escobas...

e agora ata unha aspiradora é o seu obxecto no recreo. As profes observamos e

guiamos (só se o solicitan, pois isto é unha xerra de ilusión a tantas verbas que

crees que caen na nada). Cando queren saben como organizarse e sacar

adiante o que se propoñan. Orgullo de rapazada!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CÓMICS DE TERROR #bescolaresgal #UnhaBEenViñetas #bescolaresgalabertas

Xa podedes coller na biblioteca o "Cómic de terror" deseñado

polo alumnado de tres anos  a sexto de primaria. Son un

conxunto de historias de medo creadas con moita imaxinación

e acompañadas dunhas ilustracións fermosas. Neste ano no que

o leva elixido é, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, que

pretende poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda

deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular,

dicidimos amosar unha destas posibilidades.

 

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO TRUE TRUE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Na Biblioteca Creativa a programación de robots é unha das

actividades máis demandada pola rapazada, a tecnoloxía

leva implícita a motivación. Con esta premisa por diante,

iniciamos ao alumnado na lectura e interpretación de

secuencias de programación cos robots True True.

 

 

 

 

VIVA O TEATRO! #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Xa achegándose á fase final, os Vagalumes seguen cos ensaios de teatro,

neses días incidiron na organización e situación do espazo no escenario.

Semella sinxelo, pero non o é, unha aprendizaxe básica. Coñecer o noso corpo,

o que ocupa no espazo, ter en conta o das demais actrices e actores.

Ter presente o espazo necesario para o atrezzo, un plano mental continuo

e cambiante, nesta obra de cinco actos.

Hoxe tamén fixeron proposta de título e mañá tocará decidir, entre todos,

cal é o máis apropiado. Para así, poder comezar co deseño do cartaz, invitacións...

 

 

 

 

 

 

PROXECTO DE ENXEÑERÍA #BibliotecaCreativa #PolosCreativos #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 Os equipos de enxeñeir@ construen un barco e unha ponte

levadiza cun sensor de movemento. Cando chega o barco sube,

e logo volve á súa posición. Un proxecto que da moito que pensar!

Parabéns á rapazada e ao seu guía!

 

 

 

 

 

 

QUE BEN ULE! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

A cociña bota fume! Hoxe achegáronse ata a biblioteca Jésica,

Moisés, Encarna, Lucía e Hugo para realizar unhas

deliciosas palmeritas e unhas brochetas de froitas.


Familias sodes o noso orgullo!

 

 

 

 

 

ANIMACIÓN SCRATCH #bibliotecaCreativa #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

Todos temos un nome. O alumnado o programa

en Scratch e crea unha animación con el.

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro do espazo dos obradoiros e faladoiros do alumnado,

Vega, Jairo e Antía levan a cabo un obradoiro de pizza.

Pero todo isto ten un proceso, primeiro cubriron a ficha co

que desexaban facer e neste caso os ingredientes, número de

persoas ás que ía dirixido, temporalización... Logo veu o cartaz nos

ordenadores táctiles da biblioteca e xa posteriormente marcar a data.

Chegou o día e este é o resultado. Elas e eles que a probaron seica estaba

boísima e hai lista de espera, así que terán que repetir.

 

 

 

 

8 M - ACTIVIDADE DE REFLEXIÓN #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Dentro das actividades deseñadas para conmemorar o Día da Muller,

o mirar de fronte e reflexionar é máis que necesario.

 

Propónse unha actividade onde se lle pide á rapazada que divida

o folio en dous e copien e lean unhas palabras,

que podedes ver nas fotografías. Posteriormente, se lles di que debuxen

unha persoa en cada espazo. Temos aquí os resultados. Está claro que

hai moito que traballar e conversar, escoitar

e reflexionar foi a segunda parte da actividade.

 Actividade inspirada pola mestra @la.clase.de.lore

 

 

 

 

 

REUNIÓN CLÍA CEDEIRA #CLIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Unha nova xuntanza moi produtiva. Conversaron das

sensacións na visita ao Parlamento, escolleron entre varias

propostas que poden incidir na calidade da vida na vila. A súa

responsabilidade é moi alta, pois eles e elas teñen moito que

dicir da vida cultural, medioambiental, de saúde... na nosa vila.

Neste Clía tamén escolleron o nome que levará este organismo,

pero que desvelaremos nunha próxima publicación.

Un tempo e un espazo máis que aproveitado!

 

 

 

 

 

 

 

ASEMBLEAS DA INFANCIA - DÍA DA EDUCACIÓN #DiadaEducacion #UNESCO #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Coincidindo co Día da Educación, celebrouse na biblioteca unha

nova xuntanza de delegadas e delegados. Estaba na orde do día

traer consensuado das aulas unha prioridade das que foran escollidas

na reunión anterior. Ao final, quedaron empatadas tanto a limpeza da

praia como a recollida de alimentos. Pola importancia de ámbalas dúas,

a asamblea decide levalas adiante ao mesmo tempo. Acordan unha nova

reunión, para poñerse en contacto co Concello de Cedeira e comunicar a

intención desta recollida de comida e o plan que expresaron

(manter unha reunión para ver se é posible ou se ofrece/ocorre algunha

outra forma ou medida) e redactar unha carta para

comunicar cadros de limpeza da praia ás aulas.

Agradecer o excelente comportamento de tódalas persoas

presentes, saber estar, boa comunicación e recollida de acordos e posibles solucións.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido