Skip to main content

INVESTIGACIÓN

SIMONE JENKINSON - DOCUMENTACIÓN PROXECTO COMUNIC-ARTE

Nesta semana o alumnado de 2º recibiu a Simone Jenkinson para

realizar unha investigación e documentación sobre a súa traxectoria teatral.

Simone Jenkinson e xunto a Joseph realizaron xiras por

todo o mundo e co nacemento da súa filla, decidiron establecerse na nosa vila.

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "COMUNIC-ARTE" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Un ano máis a biblioteca da escola embárcase nun proxecto de traballo onde a colaboración de toda a
comunidade educativa é indispensable. As nosas investigación basearanse no currículo cedeirés, sendo o
teatro un xénero con grandes antecedentes na nosa vila.


Comezando por Dina Montero, no 1907 e continuando con toda unha traxectoria de actores, actrices:
Fusa Guillén, Carlos Labraña, Quique Vázquez... e moitas/os outros/as que remaron conxuntamente para
que a vila de Cedeira goce dun alto nivel cultural. Decidimos adicar este curso escolar ao drama como
divertimento.


As artes escénicas, algunhas como a música xa investigadas o curso pasado, teñen outros dous grandes
xéneros: teatro e danza. Dúas categorías que serán exploradas neste curso escolar.


A colaboración das familias e axentes sociais é de vital importancia e virá definida neste términos:


* Aportacións de material gráfico (fotografías, vídeos...) nos que vosoutros ou algún familiar participara
de xeito activo nunha representación teatral, coreografía, danza... na escola, catecismo, festas da vila,
actividades de asociacións...


* Realización de tipo individual ou grupal dalgún tipo de representación/actuación: teatro, monólogo,
coreografía, danza, baile, maxia, monicreques, contacontos con apoios visuais, ... no que exista unha
comunicación como divertimento.

Para ámbolos dous casos temos dispoñible un anexo para cubrir e entregar na secretaría da escola.

 

 

 

 

 

 

 

 

MUSEOS #Patrimonio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Mini proxecto dos Museos. O alumnado busca información

en grupos de diferentes museos que lles tocou nun maletín,

teñen museos de diferente tipo arqueóloxico, obras de arte,

do humor, do xoguete,... de direrentes lugares

galegos, nacionais e internacionais.

 

 

 

 

MARI LUZ - PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nesta ocasión tivemos a visita de Mari Luz Lorenzo, unha persoa

que adora a música, o baile, a tradición. Unha muller inmensamente

formada e documentada que veu amosarlle á rapazada cancións de

xogo e bailes. Ollaron fotografías e se sorprenderon ao ver a familiares

seus de nenos/as nelas, e tamén escoitaron música en radio cassette

(moi común para moitos de nós, pero tan descoñecido para eles)

esas voces que escoitaron teñen máis de cen anos e son parte da

documentación que Mari luz tenta transmitirnos a través da música,

do canto e do baile. Unha tradición oral que nestes días temos o

pracer de gozar e recoller, para nunca esquecer. Gracias Mari Luz!

 

 

 

 

 

 

 

PROTOTIPOS #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto está deseñando o seu  propio prototipo

inventando unha máquina que presentarán aos compañeiros e

compañeiras. Ademáis de poñerlles un nome e explicar para que

serven, teñen que incluír nela unha panca, un plano inclinado e

unha polea como mínimo. Desexados ver os proxectos finalizados!

 

 

 

 

 

 

XERMINACIÓN CON SEMENTES DA ESCOLA #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Continuando co proxecto das plantas que o alumnado de quinto comezou

no primeiro trimestre, no que traballaron diferentes modos de xerminación.

No Samaín plantaron as sementes secas e posteriormente hidratada e

aquí teñen as súas primeiras flores. Despois de seguir os procesos

do método científico, agora comezan a analizar os datos e sacar conclusións.

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTO REPRODUCIÓN PLANTAS #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto anda a experimentar polo mes das ciencias.

Reprodución sexual e asexual das plantas, necesidades...

Realizaron diversas hipóteses sobre que pasaría coas sementes

dendo de terra ou auga, metidas nun globo (a modo de crear o efecto

invernadoiro). Plantaron un xeranio pola técnica agricultora do gallo.

Colocaron sementes a diferentes profundidades... fixeron moitas hipótese.

Agora toca esperar e probar ou refutar.

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO CASTELOS - 4 ANOS #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este trimestre o alumnado de catro anos

estivo inmerso nun proxecto sobre os castelos,

este é o seu produto final, un fermoso libro de lapelas!

 

 

 

 

MÁQUINAS SIMPLES #ciencia #poloscrativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de sexto experimenta coas pancas e outras

máquinas simples, primeiro son obxectos de reciclaxe e

posteriormente coas máquinas simples de mecánica, de Lego Wedo.

 

 

 

 

 

 

INVESTIGANDO OS ANIMAIS EN INGLÉS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

En terceiro de primaria realizan un traballo de

investigación dos animais na materia de lingua inglesa.

 

 

 

 

 

CANTIGAS NO ÁLBUM PROXECTO "NATURALMENTE, APRENDENDO!" #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O álbum é un xoguete/producto final que segue motivando dia tras día.

Desta volta, os Vagalumes, repasaron algúns dos animais e plantas

traballados con anterioridade, aprenderon unha cantiga e a recitaron

e intercambiaron a segunda entrega de sobres de cromos!

Que divertido e canto están aprendendo e disfrutando.

Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro

(aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou),

o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.

 

 

 

 

 

ÁLBUM PDI FLORA E FAUNA 3 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumando de 3 anos de E.I. abríndo os sobres cos cromos,

buscando o lugar axeitado para pegalo, traballando a motricidade

 

fina nese despegado, nada sinxelo con tres aniños!

E xogando e disfrutando coa lectura e posterior conversa.

 

Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro

(aportando as fotografía e documentación sempre

que se necesitou), o Concello de Cedeira e de todos

e cada un dos axentes sociais implicados.

 

 

 

 

 

 

 

ÁLBUM PDI FLORA E FAUNA 3 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumando de 3 anos de E.I. abríndo os sobres cos cromos,

buscando o lugar axeitado para pegalo, traballando a motricidade

 

fina nese despegado, nada sinxelo con tres aniños!

E xogando e disfrutando coa lectura e posterior conversa.

 

Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro

(aportando as fotografía e documentación sempre

que se necesitou), o Concello de Cedeira e de todos

e cada un dos axentes sociais implicados.

 

 

 

 

 

 

 

FALADOIRO, CAL SERÁ O NOVO COMBUSTIBLE? #Axenda2030 #bibliotecacreativa #UnhaSoaTerra #bescolaresgal #bescolartesgalabertas

 

Efrén, Xabi e Raúl solicitan un faladoiro.

Primeiro se documentan e len sobre os novos combustibles,

como funcionarán os coches cando quedemos sen petróleo?

Así comeza unha tertulia que leva esta rapazada de 4º e na que

participou todo o alumnado que se apuntou.

Parabéns mociños! Rapazada con preocupacións, buscando solucións!

 

 

 

IV CONCURSO DE PODCASTS: POEMAS CRIOULOS! #Radionabiblio #ALFIN #AMI #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriarán #bescolaresgal #bescolaresgalabertas @RadioGalega

 

Chegou o día! Xa podemos escoitar e difundir o podcast "Poemas Crioulos".

Queremos celebrar con toda a comunidade educativa este premio

e agradecer a súa colaboración. Todas/os e cada un/unha somos

importante e todos temos algo que aportar.

Gozade do podcast!

Moitos parabéns!!
 
 
 
 
 
 
 
 

VERBAS NAS AMÉRICAS #ABEtenapalabra #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Viaxando polo mundo sen moverse da biblioteca o alumnado realizou

unha investigación para recoller unha pequena mostra de palabras

dos diferentes países onde emigraron os galegos na dictadura franquista.

Unha vez máis solicitamos a colaboración da comunidade

educativa para facer medrar as palabras.

 

Podedes enviar a vosa aportación ao correo: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

Eu experimento na casa. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Como facer que o metal flote na auga?

 

Distribuir contido