Título | Resumo |
---|---|
BANDA DE GAITAS ROBALEIRA - #Radionabiblio #Dinamización Lingua Galega Candieira #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #OndaDiscalza #RadioExperimental |
Unha entrevista entrañable que aporta documentación sobre a Banda de Gaitas Robaleira. Tivemos connosco a José Antonio García e Antonio Rodríguez, dous antigos directores da Banda. As radios unidas nun proxecto común para darlle voz ás nosas xentes e documentarnos! Proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!
|
OBRADOIRO CON CASTAÑAS #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas |
Un obradoiro cun produto natural do noso outono. Un froito seco do máis versatil. Neste caso, será a base dun telar que a modo de xogo desenvolverá a motricidade fina e a concentración. Hai que ter moita paciencia e ser delicado/a nos movementos, que senón os palillos rompen! Se queres probar só tes que pasar pola bilblio e pedirlle a un voluntario ou voluntaria para participar. Ten aforo, pero estará varios días para poder probar todas e todos os que desexedes.
|
RECREOS NA BIBLIO! |
O VOLUNTARIADO ACOMPAÑA, GUÍA E ASESORA A TODO O ALUNADO NOS RECREO DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.
PARABÉNS RAPAZADA! A VOSA LABOR É FANTÁSTICA!! |
NEVE - CLUB DE CIENCIAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O club de ciencias proponnos outra actividade dentro da Biblioteca Creativa. Un experimento para facer neve artificial. Un obradoiro que alumnado e tamén profesorado gozou en grande! Apuntade! Moito bicarbonato, auga e unha manchea de imaxinación! Crea a túa paisaxe de Nadal!
|
Día Mundial do Teatro |
O teatro na Vila de Cedeira ten un longo percorrido. Non podemos esquecer a figura de Fusa Guillén que con asociacións como A Garola, levou o mundo teatral a toda a Vila, creando canteira de artistas. Como é o caso de Carlos Labraña, alumno seu, dramaturgo e persoa que da nome á nosa biblioteca. Alguén sempre disposto a axudar e colaborar con nós.
|
SAÍDA E RECEITAS! |
SAÍDA E COCIÑA COMO MEDIO PARA DESENVOLVER A ESCRITURA E A ORALIDADE. ISTO ACONTECEU NAS AULAS DE 3º C E 4º A. O ALUMNADO APROVEITOU A SAÍDA DIDÁCTICA A ESENGRA PARA REFORZAR E AMPLIAR CONTIDOS SOBRE A ALIMENTACIÓN, PARTICIPANDO NUN OBRADOIRO DE COCIÑA NO QUE GOZARON E APRENDERON OS PASOS DA RECEITA DAS GALLETAS. LOGO AGASALLARON CON ELAS ÁS FAMILIAS. TAMÉN ARGALLARON CUN SIMULADOR DUNHA PONTE DE MANDO DUN BARCO, FACENDO O PERCORRIDO POLA RÍA DE FERROL (que o alumnado de 3º xa fixera na realidade o curso pasado na súa visita ao Castelo de San Felipe). NESTA OCASIÓN FORON CAMBIANDO O TEMPO ATMOSFÉRICO, REPASANDO DESTE XEITO CONTIDOS DE CIENCIAS SOCIAIS E DIFERENTES FENÓMENOS QUE LLES CHAMARON A SÚA ATENCIÓN. SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DA PERSOA QUE ESTABA AO MANDO MANEXARON O BARCO. POSTERIORMENTE VISTARON UNHA EXPOSICIÓN DE NUDOS E UNHA COLECIÓN DE PEIXES DA ZONA.
PARA O ALUMNADO DE 4º A, OS VAGALUMES, ESTA SAÍDA FOI A ÚLTIMA FASE DAS RECEITAS DE OUTONO, UN DOS PROXECTOS LEVADOS A CABO ESTE TRIMESTRE, NO QUE A REPOSTERÍA E OS SEU INGREDIENTES FOI UN VEHÍCULO PARA MELLORAR NA EXPRESIÓN ESCRITA DE TEXTO INSTRUCTIVOS. NO CASO DO ALUMNADO DE 3º C TRAS A SAÍDA REALIZARON DIVERSAS REDACIÓNS QUE REMATARON EN LECTURAS. |
Symbaloo actividades en castelán -#euquedonacasa |
Actividades en castelán contra o aburrimento. |
DECONSTRUÍNDO A LUÍS SEOANE |
O Museo de Belas Artes de Coruña aproxima o proxecto Correspondencias pensando en achegar a arte á escola nestes tempos tan complicados. Luís Seoane é o artista escollido e estas son as deconstrucións dos Vagalumes de 1º C. Podedes ver máis creacións clicando na imaxe. |
PROXECTO INTERCENTROS |
O ALUMNADO DO IES PUNTA CANDIEIRA E DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO COMEZAN UN PROXECTO INTERCENTROS SOBRE A MÚSICA NA NOSA VILA. INFORMAN ÁS FAMILIAS E SOLICITAN A SÚA PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN. FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN |
BIBLIOTECA MUNICIPAL "LÓPEZ CORTÓN" #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Visitamos ás bibliotecas da vila, Biblioteca Municipal "López Cortón" e a do Ies Punta Candieira para recoller palabras. Son as verbas do noso pobo e con elas imos crear poesía. Poesía para Luisa Villalta e as nosas Letras Galegas, e xa vos dicimos que viaxará lonxe, moi lonxe.
|
POSTAIS DE NADAL - AMIG@ INVISIBLE #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Proposta obradoiros de postais. Hai que poñer moito amor e creatividade. O destinatario será calquera amig@ do centro. Estas son algunhas fotos das creacións. Artistas!! Felices Festas!
|
MARES DE CEDEIRA MUSEO - A NENA E A CIENCIA #11F #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mareas, ese foi o título co que comezou unha tertulia levada a cabo polo Museo Mares de Cedeira, onde representaron os efectos da Lúa na producción das mareas. Foron tantas as preguntas da rapaza e tal o interese que o tempo estipulado quedábase curto. Gracias Mares de Cedeira por traer ciencia á escola.
|
9 XUÑO - 3º XORNADA BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coa voz da rapazada do Ies presentamos a terceira xornada da Biblioteca Humana. Libros contados dende a cercanía e a intimidade. Esta vez vémonos na Biblioteca Escolar Punta Candieira o mércores 9 de xuño.
|
ANTES DA LECTURA "O PRINCIPIO" #Radionabiblio #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Iniciamos unha actividade en tres partes. Deste xeito abordamos a primeira "antes da lectura/antes da guerra". Da man do alumnado de 4º B, coñeceremos as súas ideas previas para abordar unha temática dura e difícil, pero necesaria. As ODS formarán parte fundamental deste pequeno proxecto. Escoitade á rapazada!
|
CLUB DE LECTURA "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Conversando dun interese común, a literatura. Compartindo historias, aventuras, viaxes imaxinarios, novos coñecementos... Fomentando futuros lectores e lectoras.
|
CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - BAILE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O club de baile de 5º e 6º continúa cos seus ensaios na aula de teatro. Da gusto velos, canto poderío!
|
EXPOSICIÓN 25N #25N #bescolaresgal #igualdade #Axenda2030 #ODS5 #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
8 M - ACTIVIDADE DE REFLEXIÓN #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Dentro das actividades deseñadas para conmemorar o Día da Muller, o mirar de fronte e reflexionar é máis que necesario.
Propónse unha actividade onde se lle pide á rapazada que divida o folio en dous e copien e lean unhas palabras, que podedes ver nas fotografías. Posteriormente, se lles di que debuxen unha persoa en cada espazo. Temos aquí os resultados. Está claro que hai moito que traballar e conversar, escoitar e reflexionar foi a segunda parte da actividade. Actividade inspirada pola mestra @la.clase.de.lore
|
MARI LUZ - PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mari Luz Lorenzo amosounos dúas cancións para tocar coa pandeireta, de seguro que moitas e moitos as recordades. Coa intención de facer que as tradicións perduren, refresquemos a memoria e practiquemos en familia! Proxecto "Música, Maestro!"
|
CELEBRACIÓN PREMIO RADIO NA BIBLIO - LUISA VILLALTA #Radionabiblio #AMI #LetrasGalegas24 #LuísaVillalta #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
BOWL DE FROITAS #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
SYMBALOO - Cancións e xogos para repasar inglés. 2º |
|
AGASALLO DE PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Percebiño está encantado de que participedes nas actividades da biblioteca "Carlos Labraña". E como recompensa a todo o voso esforzo quere agasallarvos (coa axuda de Quique e Diego). Así que se participas nas propostas da biblio e envías unha foto túa, poderás recibir un agasallo personalizado. Velaquí as imaxes de Percebiño
Colócate ben diante da cámara, adopta a postura que mellor coincida coa de Percebiño e faite unha foto. Despois de participar nas actividades propostas, envía a túa foto e comenta con que Percebiño queres aparecer. Mirade que ben quedaron Roi e Marina!
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
Experiencias viaxeiras en 5 anos |
Nas aulas de 5 anos retomaron fai pouco unha dinámica moi chula. Cada semana, un par de alumnos ou alumnas leva en préstamo durante uns días para a súa casa unha mochila que contén un conto pero tamén algún material pensado especialmente para completar a experiencia lectora coa familia. Así, a través desta acividade achéganse á lectura e crece a motivación cara os libros e as boas historias. E, por suposto, unha vez a traen de volta e pasan uns días de corentena, a mochila volve a viaxar! |
DESCUBRIMOS O 2º RETO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despois de dar voltas por un lado, por outro, estimar pesos, caídas, estudar tipos de sons e todo o que pode facer, cunha caixa pechada con algo dentro que non podes ver. Desvelamos o contido do 2º reto da Biblioteca Inclusiva. Era dífícil, ninguén acertou exactamente, pero si moitos se achegaron. O alumnado de 1º foi o encargado de abrir a caixa e ver o que contiña. A pesares da derrota, foron quen de repoñerse e aproveitar o achado para facer un obradoiro de pulseiras!
|