Título | Resumo |
---|---|
CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia e de compartir xuntos as emocións que neles provocan. Última tertulia de "O misterio do fillo de Lúa" de Fina Casalderrey. Marchan con "A verdadeira historia da mosca da tele" de María Solar. De seguro sacará máis dun sorriso!
|
SAÍDA DO GREEN CLUB - PRAIA DA MAGDALENA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O Green Club (un club para a defensa e proteción da natureza) sae buscar un novo fogar para os caracois. Gústalles moito a nosa horta, pero alí comen todos os nosos cultivos. Nos tarais da praia teñen moitas plantiñas que de seguro lles gustarán. Aproveitan para observar cunchas e recoller lixo.
|
"MARES DE CEDEIRA" - PRESENTACIÓN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE |
Fai un ano, o alumnado de 2º de primaria (hoxe xa en 3º de E.P.), interpretaba a obra teatral "Mares de Cedeira". Unha obra escrita por Carlos Labraña para o alumnado do CEIP Nicolás del Río, ilustrada por Diego Cheda e Quique Vázquez e publicada coa colaboración do Concello de Cedeira. En breves, veremos esa obra nun libro. A súa presentación será o domingo 4 de xuño ás 18:30h. no Auditorio de Cedeira. Quedades convidados!
|
"LECTURA E FAMILIAS" CON ANTÓN CORTIZAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE |
O 31 de maio foi un día para xogar coas palabras, as de Antón Cortizas, mestre (xubilado) pero coa mesma alma, escritor dunha manchea de libros e gran defensor do xogo tradicional, ese que realizamos co corpo, coas verbas, con moita imaxinación e algún material de refugallo. Pola mañá, o alumnado de 4 anos realizou actividades ao redor do conto "Sopra por este furadiño" e o de 5 ao redor de "Os dez animais". Pola tarde, portas abertas a tódalas familias para ferrallar e recuperar o xogo tradicional, unha tarde de creación extraordinaria.
|
OBRADOIROS PREMIO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 7 de xuño o voluntariado escolar gozou do seu premio, uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire. Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo, posteriormente escoller profesións e gravalo. Hoxe foron os grupos de 3º, 4º e 5º. O día 12 o farán os de 6º. Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados. Aquí unha mostra do seu traballo!
|
MÁQUINAS SIMPLES #ciencia #poloscrativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de sexto experimenta coas pancas e outras máquinas simples, primeiro son obxectos de reciclaxe e posteriormente coas máquinas simples de mecánica, de Lego Wedo.
|
DE EIRUGA A BOLBORETA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Xa as temos aquí, o ciclo está na súa fase final. Moitas delas xa puxeron os ovos e outras están a punto.
|
OBRADOIRO AUDIOVISUAL 6º #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 12 de xuño o voluntariado escolar de 6º gozou do seu premio, uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire. Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo, posteriormente escoller profesións e gravalo. Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados.
Ademáis o alumnado sacou tódalas fotografías, seguido as indicacións de Alicia, en canto a planos, luz... Podedes descargar o ficheiro zip con todas. Aquí unha pequena mostra do que fixeron.
|
CADERNO DE CAMPO - 3 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 3 anos remata o seu caderno de campo, un dos produtos finais do noso proxecto documental integrado, sobre a flora e a fauna da nosa contorna. Parabéns a estes pequenos naturalistas!
|
CONCELLO DE CEDEIRA SAÍDA DIDÁCTICA #AprenderaPensarnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de segundo de primaria remata a unidade sobre o Concello e os servizos públicos cunha visita ao mesmo Concello de Cedeira. Alí tiveron a oportunidade de coñecer a diferentes traballadores, saber das súas profesións, ollar os diversos espazos de reunións, conversar con varios conselleir@s e co alcalde Pablo Moreda. Incluso entraron ver o Pazo de Moscoso reformado, onde se aloxará Policia Local e Servizos Sociais. Por suposto, falaron, contaron e opinaron da vida na escola e na vila! Gracias a todos o que fixeron posible esta visita.
|
CONVOCATORIA PARA AS FAMILIAS - FORMACIÓN DE USUARIOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Agora é a quenda da comunidade educativa e os diferentes axentes sociais. O vindeiro 15 de decembro, o voluntariado de 6º de primaria levará a cabo unha formación de usuarios para as familias. Para realizar esta visita agradecemos que vos apuntedes seguindo as indicacións do cartaz, aínda que non queremos que ninguén quede sen facer a visita, se é que pode vir no último momento. A rapazada vos guiará pola Biblioteca Lía a través dunha presentación, vos explicará que é a CDU, fará un mini xogo e vos acompañará a unha visita guiada polas instalacións. A formación durará aproximadamente unha hora. Esta formación é algo necesario e importante, as portas da biblioteca e da escola ábrense ese día para que as familias coñezades un espazo cheo de recursos, que alberga múltiples proxectos. Un espazo que é da rapazada pero tamén do pobo. Esperamos vervos o 15 de decembro ás 12:30h. na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña".
|
LIMPEZA DA PRAIA #ALFIN #AMI #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Green Club, do Ceip Nicolás del Río, únese á proposta da Asociación Arce (Amigos dos Ríos), o Museo Mares de Cedeira e o Concello de Cedeira na xornada de limpeza da praia da Magdalena. Será o domingo 14 de xaneiro a partir das 11:00 da mañán, e só compre traer roupa e calzado axeitado. Para o alumnado que desexe participar teremos unha tirada de petos e luvas do Green Club (serán recollidos ao rematar a xornada). Engadir que esta proposta Arce xa a tiña programada antes da chegada desta "marea plástica" que nos asolaga, polo que agora, aínda máis compre aunar esforzos! Clica na ligazón para informarnos máis polo miúdo nunha publicación do naturalista Rafael López Loureiro, do seu blog "Ao Noroeste, do Noroeste".
|
RADIO EXPERIMENTAL - NOVO ESPAZO #Radionabiblio #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Presentamos a extensión da Radio Experimental, un segundo espazo máis amplo, para realizar moitos podcast. Deste xeito a Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" invirte o premio gañado no Concurso de podcasts de Radio na bliblio. Animádevos a mantelo dinamizado!
|
ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 3 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal |
Gustaríanos trasladar ás famlias a preocupación de algúns mestres/mestras e familias, que dende hai un tempo vimos observando o acceso dos menores a contidos non aptos para a súa idade. Conscientes de que a educación afectivo sexual é un tema delicado, que moitas veces nin mestres nin familias sabemos como abordar, gustaríanos valorar a posibilidade de que unha persoa experta no tema nos dera algunhas orientacións. Necesitamos unha estimación das familias interesadas en participar nesta formación.
O Concello, a través da Concellería de igualdade, ofrécenos a posibilidade dunhas sesións de charlas/obradoiros para o alumnado, por parte de persoal cualificado e cunha ampla experiencia con menores de tódalas idades, pero consideramos que serían moito máis produtivas se previamente as familias e mestres/as partíramos do coñecemento da situación actual e tivéramos unhas pautas de actuación.
Por este motivo gustaríanos que as familias do alumnado da escola se poñan en contacto connosco para coñecer unha estimación das persoas ás que lles gustaría asistir a esa formación, así como aquelas que están preocupadas polo tema aínda que non asistirían á mesma.
Para o traslado da información, pasado o Entroido, enviaremos un papel ao alumnado cunha parte recortable, para cubrir ou dende a Asociación de Nais e Pais, Anpa "Picapeixe" á que tamén podedes trasladarlle as vosas respostas. É moi importante a vosa participación e implicación. Así mesmo, continuaremos difundindo recursos para informar e documentar ás familias.
|
ENSAIOS TEATRO #teatronaBE #radioescolar #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Vagalumes xa preparan a súa representación teatral, están montando sons na radio, deseñando o atrezzo, facendo ensaios case a diario e o máis importante, entender que todas e todos somos importantes e temos que colaborar, que isto é unha compañía que necesita de todos e todas para funcionar como unha máquina precisa de reloxeiro. Convivir, respectarse, tolerarse, entenderse... o teatro aporta unha inmensidade de valores que perdurarán nas súas vidas. Aprender a actuar, memorizar, facer súa a personaxe, a crear, a rir e chorar, pero o máis importante aprenden a quererse e coidarse.
|
REUNIÓN CLÍA CEDEIRA #CLIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Unha nova xuntanza moi produtiva. Conversaron das sensacións na visita ao Parlamento, escolleron entre varias propostas que poden incidir na calidade da vida na vila. A súa responsabilidade é moi alta, pois eles e elas teñen moito que dicir da vida cultural, medioambiental, de saúde... na nosa vila. Neste Clía tamén escolleron o nome que levará este organismo, pero que desvelaremos nunha próxima publicación. Un tempo e un espazo máis que aproveitado!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - TERCEIRO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO #BibliotecaCreativa #Radionabiblio #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ANÁFORA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xogar coas palabras é un pracer e se podemos construír xuntos é maior. Utilizando o recurso literario da anáfora o alumnado realiza un traballo de expresión escrita en lingua galega, onde brincan coas verbas ata conseguir unha estrofa. A premisa é inspirarse en Luisa Villalta, quen era, que fixo, cales eran as súas paixóns...
Realizan o exercicio en grupos cooperativos de catro persoas, nos espazos da biblioteca escolar incluído o xardín lector.
|
MOCHILAS VIAXEIRAS 5 ANOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os viaxes das mochilas viaxeiras de cinco anos están chegando ao seu fin. Seica gozaron do lindo na casa da rapazada!
|
VELADAS POÉTICAS - PREMIO PODCAST LETRAS GALEGAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa podemos escoitar o podcats premiado no concurso organizado pola Asesoria de Bibliotecas Escolares. O alumnado de 2º de primaria presentou "Luisa Villalta - Veladas poéticas", un programa onde poderedes escoitar decenas de voces da nosa rapazada e das familias e diferentes axentes sociais. Todo aderezado coa música de Bach soando de fondo, dúas pezas tocadas tamén por un papá. Estes minutos que ides escoitar son o final dun proxecto onde investigamos, pedimos colaboración das xentes da vila, aprendemos a diferenciar o rúido do silencio e a darlle espazo para concentrarnos nas pezas musicais traballadas, escribimos poesía e traballamos figuras literarias, escribimos e dramatizamos teatro para levar a voz de Luísa ao podcast. Son uns breves minutos pero que foron meses de traballo do alumnado e do profesorado para que esas voces produciran tan inmenso traballo de escrita, lectura e pronunciación.
Gracias a todas e todos os que o fixeron posible! Tamén podedes escoitar o seu podcast e o de outros premiado (de diferentes idades) na Radio Galega. Neste domingo tamén emitirán unha entrevista sobre o noso podcast premiado.
|
DANZA DE AROS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Contounos Mari Luz Lorenzo que na vila só bailaron a Danza de Aros, dúas ou tres veces, pois realmente era cos aros das nasas e só o bailaban as nenas vestidas de branco e azul. A ela ensinóullela Pupé e como non tiñan gaiteros que souberan a peza a bailaban co "Antigo Reino de Galicia", que era o máis parecido. Era un baile fermoso, pero custoso e selectivo, hoxe os tempos mudaron. Quixemos retomar este baile, que Mari Luz acubilla con tanto amor cando fala del, pero adaptándoo aos nosos tempos, así que aquí bailamos todos. A verdade leva o seu tempo aprendelo, pero cando tiñan tódolos pasos traballados as caras enchíanse de felicidade, ao ver o que conseguiran. Quizais, sexa esta nova rapazada a que lle de mil voltas á Danza de Aros.
|
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE - LIMPEZA DA PRAIA CO GREEN CLUB #ALFIN #AMI #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO CORRESPONDENCIA - INTERCAMBIO CEP LOIS TOBIO |
OS VAGALUMES DE 4º A VIAXAN ATA VIVEIRO PARA COMPARTIR UNHA XORNADA COS SEUS AMIGOS DE CORRESPONDENCIA DO CEP LOIS TOBIO. CONTINÚAN ASÍ, UN PORXECTO INICIADO O CURSO PASADO, ONDE SE COÑECERON A TRAVÉS DAS CARTAS E QUE ESTE VINDEIRO ANO TRAERÁ DIVERSAS NOVIDADES. |
Experimentos de outono |
Seguimos có mes da ciencia en galego... neste caso, nunha das aulas de infantil! Os pequenos e pequenas de 4 anos están traballando có outono e qué mellor que facer pequenos experimentos para descubrir cousas novas. Aproveitando unhas follas secas que recolleron no chan do edificio do Areal traballaron unha chea de conceptos: tiveron que clasificar por cores, traballar a motricidade fina machancando as follas, facer trasvases, calcular cantidades... e, por suposto, escribir o experimento e as conclusións! Todo para descubrir cómo se forman as cores do outono!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »