Título | Resumo |
---|---|
ROTEIRO: MURALLAS DE CEDEIRA - XEOGRAFÍAS LECTORAS #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 1º C (Os Vagalumes) comezan os seus roteiros pola vila, dentro do seu proxecto polo patrimonio. Cun obxectivo moi importante: ver, coñecer e valorar a nosa vila. Este primeiro roteiro foi adicado ás murallas de Cedeira.
Deixan constancia da súa saída cun pequeno libro de comprobación. DOCUMENTACIÓN: Saída, documentación de Rafael Usero e colocación de placas nas portas das murallas (hoxe alumnado que cursa 6º de Educ. Primaria).
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
PARABÉNS ROSALÍA!! #DiadeRosalia #_rdc_2022 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe asistimos á lectura de poemas de Rosalía. Realizado pola Biblioteca López Cortón e o Concello de Cedeira. Un acto especial, tanto pola data dun referente como tamén por ser o primeiro no que facemos unha saída a un acto público.(*) Ogallá, as raiolas veñan para quedarse!
(*) No acto gardáronse tódalas medidas de seguridade establecidas no protocolo. |
DURANTE A LECTURA "O PRINCIPIO" #Radionabiblio #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despois da primeira parte, antes da lectura, do libro "O Principio" que aborda o alumnado do 4º de primaria. Agora sumerxímonos na segunda actividade, durante a lectura. A proposta comeza coa lectura do libro, pero sen ver libro nin imaxes, sendo a titora a contadora oral do conto. O alumnado bota man da súa sensibilidade e creatividade para crear eles as ilustracións e realizar e na RadioExperimental grabar as súas voces, dando unha nova vida ao mesmo conto da autora Paula Carballeira. Historias que nos achegan a realidades moi próximas pero ao mesmo tempo afastadas, coñecer para querer, para valorar, para axudar, para cooperar, para ser críticos, sensibles, humanos... Agora esta historía, a historia de Paula Carballeira, Sonja Danowski e de todalas alumnas e alumnos de 4º B voará pola biblio e polo cole e de seguro que desa semente saírá un froito.
|
CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - POR UN ALUMNADO EMPODERADO! #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de alumnado de 5º e 6º de primaria teñen en marcha diversas actividades que agora mesmo están a pleno rendemento. No club de inventos están facendo duendes con calcetíns. Os dous clubs de teatro andan a voltas cos ensaios das súas obras, escritas por elas e eles. No club de reciclaxe hai cartón por doquier, están facendo a árbore de Nadal coas súas decoración. No club de baile non paran de mover o esquelete. O comezo foi algo confuso, pois os clubs solapábanse en horarios e membros. Pero tras a conversa e a reflexión chegou a calma e agora as datas son as seguintes. Luns: Club de inventos Martes: Club de reciclaxe Mércores: Club de baile Xoves e venres: Clubs de teatro (un grupo cada día).
|
OBRADOIRO DE COSTURA #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro da proposta de obradoiros e faladoiros do alumnado,
Lara e Nycolle ofértannos unha actividade de costura.
|
CLUB DE LECTURA "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Conversando dun interese común, a literatura. Compartindo historias, aventuras, viaxes imaxinarios, novos coñecementos... Fomentando futuros lectores e lectoras.
|
PRODUCTOS DA HORTA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Chema de Couzadoiro volve visitar ao alumnado de 5º de primaria, para observar o crecemento das sementes, asesoralos sobre os productos da horta e facer un obradoiro práctico. Chema tamén é o home do tempo da comarca, podedes seguilo no Facebook co nome de Meteo Ortegal. Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"
|
VOLUNTARIADO REUNIÓN CURTAMETRAXE #AMI #VoluntariadonaBE #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Despois do casting e diversas xuntanzas entre o equipo de bilblioteca e Alicia Freire Vera, celebramos unha reunión co alumnado voluntario que participará no casting. Alicia dalles os parabéns, moi merecidos e faise un primeiro reparto de papeis. O alumnado expresa as súas opinións, é escoitado e validado. Recóllense as súas propostas e todos nos sentimos emocionados ante esta nova aventura.
|
LETRAS GALEGAS #bescolaresgal #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #aBEtenapalabra #oralidade #bescolaresgalabertas |
Letras Galegas en comunidade! Este ano o homenaxeado é Francisco Fernández de Riego. Compartimos varios enlaces para obter documentación, na biblioteca tamén atoparedes unha exposición con diversos fondos de interese.
|
OBRADOIRO DE CIRCUÍTOS - BIBLIOTECA HUMANA - CEIP/FP #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Nesta ocasión foron Beatriz Macho e Andy Brañas, profesores da FP quen xunto cos seus alumnos e alumnas sumáronse á Biblioteca Humana. Un grupo da rapazada de sexto achegouse ata o instituto para gozar dun obradoiro de circuítos. Sairon con dous taboeiros para relacionar xéneros de cine con fotografías de películas. Un traballo que quedará exposto na Feira dos Libros e do que poderá gozar toda a comunidade educativa. Gracias rapazada e mestres!
|
CRÍTICA CONSTRUCTIVA DA NOSA VILA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #Radionabiblio #AMI #aBEtenapalabra |
O alumando de primeiro fixo unha tertulia na que expuxeron varias cousas que lles disgustan e posibles solucións. Posteriormente escribiron unhas cartas para entregarlles ás persoas que nos representan e poden trasladar estas inquedanzas a un pleno, un claustro... e ter en conta a súa opinión. Fai uns días achegáronse a xunto o director do noso cole, Alejandro Martínez. Hoxe tocou visita ao Concello de Cedeira, para trasladar a súa petición a Pablo Moreda, o alcalde. Para darlle difusión á tertulia, crearon un programa de radio que participa no concurso de Radio na biblio.
|
VERMES DE SEDA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O ciclo das eirugas sempre crea expectación. As miradas, a recollida de datos, o paso do tempo, as ilustracións do proceso... encheran moitas conversas e follas neses días. Estes insectos están a punto de meterse no seu cásulo. Que pasará coas eirugas?
|
INVESTIGANDO OS ANIMAIS EN INGLÉS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
En terceiro de primaria realizan un traballo de investigación dos animais na materia de lingua inglesa.
|
NOVIDADES EN FONDOS 25N #nonhaiexcusa #25N #bescolaresgal #igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" tedes a vosa disposición os libros de Menstruita, o proxecto de educación sexual de Cristina Torrón.
|
VISITA FAMILIAS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Agradecemos a participación da comunidade educativa. Podedes vir vistitar á biblioteca e realizar unha visita co alumnado voluntario de 6º de E.P., o próximo 29 de xaneiro ás 10:00h.
|
8 M - OBRADOIRO #8M #igualdade #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
QUE BEN ULE! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
A cociña bota fume! Hoxe achegáronse ata a biblioteca Jésica, Moisés, Encarna, Lucía e Hugo para realizar unhas deliciosas palmeritas e unhas brochetas de froitas.
|
FORMACIÓN AFECTIVO SEXUAL - ALUMNADO 6º #educaciónafectivosexual #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
O ALUMNADO DE 4 ANOS VISITOU A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL |
O VENRES VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL, ONDE POIDEMOS DESFRUTAR DUNHA CONTACONTOS! E, COMO NON, ESCOITAMOS A HISTORIA O BIGOTE DE MIMÍ, ESCRITA POR MANUEL MARÍA.
|
REFLEXIÓNS DO VOLUNTARIADO |
O VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA FAI UNHA CRÍTICA CONSTRUCTIVA DO SEU PASO POLA BIBLIOTECA.
|
ARGALLANDO - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
VOLUNTARIADO EN ACCIÓN! #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O noso voluntariado de 3º,4º, 5º e 6º de Primaria continúa coas súas funcións neste segundo trimestre: empréstito, organización da CDU, dinamización dos espazos, colaboración e deseño de obradoiros, acompañamento ao alumnado, propostas... Mil gracias rapazada!! |
Carlos Labraña visitará este venres 28 de xaneiro a biblioteca! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CLUB I LOVE ANIMALS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs seguen co seu funcionamento. Pero iso require inspiración e moita organización, creación de foros para comunicarse, facer formularios para pasar lista de asistencia e crear. Deixar voar a imaxinación e realizar obradoiros fermosos. Parabéns rapazada! Sodes como a marea, poden baixarvos pero volvedes subir. Unha mostra de I love animals! |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »