Título | Resumo |
---|---|
OBRADOIRO HAMA BEADS #bescolaresgal #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º B tivo o pracer de contar con Almudena e Celia para facer un obradoiro de Hama beads. Pasáronno en grande. Agradecer ás familias a súa colaboración.
|
XIMNASIA RÍTMICA #bescolaresgal #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas |
Nesta ocasión Sara ,Vero e Inés achegáronse para facer un obradoiro de iniciación á ximnasia rítmica. Pasáronno xenial aprendendo e xogando. Gracias familia!
|
BOWL DE FROITAS #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ESTE É O MEU LIBRO FAVORITO!!! |
O noso cole encheuse de libros para festexar unha data tan importante. Cadaquén trouxo o libro que máis lle gusta para facerse a foto e poder compartir un bo momento de lectura cos compañeiros e compañeiras. Aí vai un adianto
E tamén trouxeron o seu libro favorito...
GRAZAS POR PARTICIPAR E FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
|
XORNAL ESCOLAR 2.015-2.016 | |
VISITA DE JUAN RODRÍGUEZ |
HOXE TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA INESPERADA DE JUAN RODRÍGUEZ. O FUTBOLISTA CEDEIRÉS DO SPORTING DE XIXÓN ESTIVO ASINANDO UN MOOOOONTÓN DE AUTÓGRAFOS. MOITAS GRAZAS JUAN POLA TÚA AMABILIDADE. PERCEBÍN QUEDOU ENCANTADO! |
FELIZ ANO NOVO! |
O Concurso de debuxo para as postais de felicitación foi todo un éxito. Brais Sedes Hermida (5 anos C) e Lucía Bellón Rodríguez (6ºA) son os artistas gañadores!
O CEIP Nicolás del Río quere desexarvos un feliz 2017! |
BOLSIÑAS DE CONTOS EN 4 ANOS |
VAIA SORTE TEÑEN OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS E AS SÚAS FAMILIAS! AS PROFES PREPARARON UNHAS BOLSIÑAS PARA LEVAR ÁS CASAS; ESTÁN CHEAS DE CONTOS MARABILLOSOS E ALGUNHA SORPRESA! PARECE QUE A ANDRÉS LLE GUSTOU! GRAZAS POR COMPARTILO!
MOITAS GRAZAS, LUCAS E DIANA, POR COMPARTIR CONNOSCO ESTE MOMENTO TAN DIVERTIDO.
|
LAS PROVINCIAS |
|
APADRIÑAMENTOS LECTORES E SEMENTEIRA DE LIBROS |
UNHA VEZ MÁIS, AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA COLABORAMOS NA ORGANIZACIÓN DUNHA ACTIVIDADE DE FOMENTO DA LECTURA (e algo máis) PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. AS RAPAZAS E RAPACES DE 2º DE BACHARELATO DO IES PUNTA CANDIEIRA EXERCERON DE MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO. O PRIMEIRO CONTACTO VIVÍRONO A SEMANA PASADA A TRAVÉS DUN VÍDEO DE PRESENTACIÓN. E HOXE PRODUCIUSE O ENCONTRO ENTRE MADRIÑAS/PADRIÑOS E AFILLADAS/OS, CON INTERCAMBIO DE AGASALLOS, UNHA SEMENTEIRA DE LIBROS POLA VILA, XOGOS, RISAS E, POR SUPOSTO, LECTURA
|
OBRADOIROS PARA O ALUMNADO VOLUNTARIO |
ESTE MARTES O ALUMNADO VOLUNTARIO PUIDO DESFRUTAR DUN AGASALLO BEN MERECIDO COMO RECOÑECEMENTO Á LABOR QUE DESEMPEÑA NOS RECREOS AO LONGO DE TODO O CURSO ESCOLAR (e xa van catro). 25 ESCOLLIDOS (por sorteo) EXERCERON DE INVESTIGADORES NUN OBRADOIRO ARREDOR DA OBRA CONTOS POR PALABRAS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. E TODOS XUNTOS (máis de 90 rapaces e rapazas) COMPARTIRON UN OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS. MOITAS GRAZAS A NEREA DO GRUPO XANDOBELA POR ACHEGARNOS ESTAS ACTIVIDADES E A ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA POR FACELO POSIBLE. E GRAZAS, SOBRE TODO, AO ALUMNADO VOLUNTARIO QUE FOMENTA A LECTURA (e moito máis) NO NOSO CENTRO.
|
SYMBALOO - Cancións e xogos para repasar inglés. 2º |
|
Agardamos por vós... |
|
GRUPOS INTERACTIVOS NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA |
|
ARRIBA O TELÓN! |
VISITA AO AUDITORIO DE CEDEIRA PARA COÑECER AS PARTES DUN TEATRO. GRACIAS QUIQUE!
|
MÁQUINAS E PASO DO TEMPO |
O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA APROVEITOU OS CONTIDOS DE C. NATURAIS E SOCIAIS PARA TRABALLAR COS ROBOTS DO ESPAZO ARGALLEIRO. CO ROBOT MIND DESIGNER FIXERON UNHA CLASIFICACIÓN DE ANIMAIS E MURAIS DE ANIMAIS E PAISAXES EMPREGANDO ELEMENTOS NATURAIS E ARTIFICIAIS. REALIZARON DIFERENTES PROXECTOS SOBRE AS CREACIÓN DE MÁQUINAS CON LEGO WEDO E OS IPADS. TRABALLARON O PASO DO TEMPO, AS MEDIDAS DOS MESES CO MIND DESIGNER. PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS! AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA.
|
APADRIÑAMENTOS LECTORES - INTERCENTROS |
O ALUMNADO DE 3 ANOS COMPARTÍU HOXE UNHA XORNADA MOI EMOTIVA XUNTO AO ALUMNADO DE 2º DE BACHERELATO DO IES PUNTA CANDIEIRA. A LEDICIA ILUMINOU OS OLLOS DE TODOS CANTOS PARTICIPARON. PARABÉNS POR TANTO DERROCHE DE CARIÑO E VERSOS!
|
DOCUMENTAL "AS LAVANDEIRAS" |
NA HONRA DE TODAS AS QUE DEIXARON UN BRANCO ESPECIAL. AGRADECER ÁS FAMILIAS E AO POBO A TRANSMISIÓN ORAL E O ACOMPAÑAMENTO PARA CONSEGUIR QUE O PATRIMONIO PERMANEZA VIVO. DRAMATIZACIÓN E DOCUMENTAL ELABORADO POLO ALUMNADO: VAGALUMES DE 3ºA E ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO XUNTO COAS AVOAS LAVANDEIRAS E AS ATURUXEIRAS DE CEDEIRA. COLABORAN NA MÚSICA: BEATRIZ LEONARDO, ELSA LÓPEZ, FERNANDO VILLAR, MARCOS CASAL, LARA LABRAÑA, ANXO MOREDA E ANDREA LOUREIRO (alumnado de ambos centros) e SILVIA PICOS.
|
AULAS AO AIRE |
As aulas de cinco anos, comprometidas co proxecto do Coidado do medio que propón este ano a biblioteca, este curso dispoñen dun pequeno espazo ao aire libre no que poder estar en contacto ca natureza.
Coa mesma intención de coidar o medio que nos rodea vai o primeiro traballo do curso escolar: preparar bolsiñas de tea para as merendas, reducindo así o uso de materiais plásticos.
Dentro de todo o proceso de traballo os nenos e a nenas aprenderon o que son os tintes naturais, libres de tóxicos e productos químicos, e así tinxiron as cintas de tea con té.
O resultado final foi este.
|
SAÍDA E RECEITAS! |
SAÍDA E COCIÑA COMO MEDIO PARA DESENVOLVER A ESCRITURA E A ORALIDADE. ISTO ACONTECEU NAS AULAS DE 3º C E 4º A. O ALUMNADO APROVEITOU A SAÍDA DIDÁCTICA A ESENGRA PARA REFORZAR E AMPLIAR CONTIDOS SOBRE A ALIMENTACIÓN, PARTICIPANDO NUN OBRADOIRO DE COCIÑA NO QUE GOZARON E APRENDERON OS PASOS DA RECEITA DAS GALLETAS. LOGO AGASALLARON CON ELAS ÁS FAMILIAS. TAMÉN ARGALLARON CUN SIMULADOR DUNHA PONTE DE MANDO DUN BARCO, FACENDO O PERCORRIDO POLA RÍA DE FERROL (que o alumnado de 3º xa fixera na realidade o curso pasado na súa visita ao Castelo de San Felipe). NESTA OCASIÓN FORON CAMBIANDO O TEMPO ATMOSFÉRICO, REPASANDO DESTE XEITO CONTIDOS DE CIENCIAS SOCIAIS E DIFERENTES FENÓMENOS QUE LLES CHAMARON A SÚA ATENCIÓN. SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DA PERSOA QUE ESTABA AO MANDO MANEXARON O BARCO. POSTERIORMENTE VISTARON UNHA EXPOSICIÓN DE NUDOS E UNHA COLECIÓN DE PEIXES DA ZONA.
PARA O ALUMNADO DE 4º A, OS VAGALUMES, ESTA SAÍDA FOI A ÚLTIMA FASE DAS RECEITAS DE OUTONO, UN DOS PROXECTOS LEVADOS A CABO ESTE TRIMESTRE, NO QUE A REPOSTERÍA E OS SEU INGREDIENTES FOI UN VEHÍCULO PARA MELLORAR NA EXPRESIÓN ESCRITA DE TEXTO INSTRUCTIVOS. NO CASO DO ALUMNADO DE 3º C TRAS A SAÍDA REALIZARON DIVERSAS REDACIÓNS QUE REMATARON EN LECTURAS. |
Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada! |
O alumnado empodérase e continúa deseñando obradoiros. Neste caso as artes e o steam son a base da actividade.
Realízano dende o comezo, sen saltarse ningunha fase. Xúntanse e definen que levará a actividade, realizan unha lista dos materiais necesarios (será a base de reciclados), deseñan o cartaz para promocionar o obradoiro, fan unhas táboas para que se apunte o alumnado e na data sinalada levan a cabo o obradoiro.
Como sempre, ocorren cousas que hai que contar; estas grandísimas persoas non só fixeron todo este traballo, e por certo moi ben realizado, senón que comezan o obradoiro e escoitas a un deles consultar en cal lingua levarán o obradoiro. Conversan e axiña, sen dubidar, din: - en galego. - Nenas, nenos, todos falamos en galego (coméntanlles aos participantes no obradoiro). Un pracer de rapazada! |
Booktubers -#euquedonacasa |
Inspirados no alumnado de 3º C, da aula de Chus, imos propoñer que vos convirtades en booktubers. Ese libro que estamos lendo, que nos leva a lugares marabillosos, compartámolo con todos e todas! Como? Grava un vídeo de non máis dun minuto, no que digas o título, autor, editorial e moi brevemente de que trata e por que che gusta a ti e o recomendas. Poden participar nenas, nenos e adultos. 1º Paso: Ler o libro. Se non tes ningún, podes mirar nestas ligazóns. Teñen libros en pdf gratuítos. 2º Paso: Realizar un guión escrito do que imos dicir. Revisar ortografía e cohesión (que se entenda o que queremos transmitir). 3º Paso: Ensaiar, isto é como na poesía e no teatro, hai que expresar, esaxerar... 4º Paso: Pedirlle a un adulto un aparello que permita gravar: móbil, ipad, cámara de vídeo... 5º Paso: Gravar e mandalo a calquera destes enderezos, se desexas que o publiquemos. https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com TODO VAI SAÍR BEN! |
Voluntariado Obradoiro de manualidades - #euquedonacasa |
Hoxe, na hora do recreo, tocaba Obradoiro de manualidades con reciclados, da man de: Lucía, Lara, Aloe, Carol, Lucía Rodríguez e Alex. Dende a biblioteca ofertamos as seguintes propostas para quen desexe seguir co obradoiro dende a súa casiña. Algo fácil e motivador: realizar un arco da vella con revistas que peguemos nun papel. Poñer unha mensaxe positiva, por exemplo: Todo vai saír ben! Cando estea seco, pegalo na ventá da casa. Outras opción de deseños con reciclados: Podedes animar con todos os vosos modelos nas ventás das casas e se vos apetece, mandar unha foto a través dos seguintes enderezos: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
PROXECTO "Contra o cambio... eu cambio. E ti?" #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
A proposta de hoxe vai adicada a complementar o noso proxecto "Contra o cambio...eu cambio. E ti?" Hoxe queremos propoñer lectura. Son dous contos fermosos, un para rapazada máis grande e outra para máis pequena. Con axuda, todos poden chegar ás dúas. Ao final, ofrecemos un xogo de entretemento. Estes días tan duros para os humanos son os mellores que están vivindo moitas especies. Baixaron os niveis de contaminación e se asomas á ventá es capaz de ver e escoitar moitas aves. Que de todo isto, permaneza o mellor de nós. A equipa de biblioteca quere mandarvos moitos, moito bicos, de caramelos, de chocolate, de fresas... Clica nos pdf para ler os contos. Clica aquí para entreterte co xogo.
|
BAILAMOS CON PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe toca un pouco de baile, pero teredes que inventalo vós. Que tal se ideades unha coreografía para o retrouso da canción "Ua, ua, ua!" de Percebiño! Podedes mover as mans, os pés, dar unha volta, un chimpo...
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »