Título | Resumo |
---|---|
VISITA FAMILIAS - PORTAS ABERTAS - FORMACIÓN USUARIOS ADULTOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O voluntariado da biblioteca escolar, específicamente os de sexto curso, fixeron unha presentación a través da aplicación Canva, para explicar o funcionamento dos diversos espazos da biblioteca e da escola. Posteriormente, realizaron unha visita guiada por toda a escola para explicar e amosar as instalacións e recursos.
Sempre contaron coa axuda e supervisión do profesorado da biblioteca escolar e do coordinador de Polos Creativos.
|
A BIBLIOTECA DENTRO DA BIBLIOTECA #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As veces, hai momentos coma este, para gardar nunha caixiña e recordar. A creatividade, imaxinación e inocencia da rapazada imitando o traballo dos adultos. Parabéns! Aquí a caixiña para gardar!
|
CHARLAS ANCAS - SEGURIDADE VIARIA #ANCAS #CaminoEscolar #Peaton #Convivencia #EducacionVial Dirección General de Tráfico #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado da escola súmase aos obradoiros de mobilidade segura e sostible que imparte Stop Accidentes Galicia. Para máis información podedes ollar a súa web, xente solidaria, víctimas de tráfico que queren axudarnos a entender que iso é unha responsabilidade colectiva.
|
TERTULIAS DIALÓXICAS - HORA DE LER #Clubsdelectura #Horadeler #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nas tertulias dialóxicas de 2ºC están lendo "O teu corpo é teu" de Lucía Serrano, para reflexionar sobre o bo trato, coñecer o nome das partes do noso corpo e aprender a coidarnos e coidarse.
|
CÓMICS DE TERROR #bescolaresgal #UnhaBEenViñetas #bescolaresgalabertas |
Xa podedes coller na biblioteca o "Cómic de terror" deseñado polo alumnado de tres anos a sexto de primaria. Son un conxunto de historias de medo creadas con moita imaxinación e acompañadas dunhas ilustracións fermosas. Neste ano no que o leva elixido é, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, que pretende poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular, dicidimos amosar unha destas posibilidades.
|
DANZA DE AROS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Contounos Mari Luz Lorenzo que na vila só bailaron a Danza de Aros, dúas ou tres veces, pois realmente era cos aros das nasas e só o bailaban as nenas vestidas de branco e azul. A ela ensinóullela Pupé e como non tiñan gaiteros que souberan a peza a bailaban co "Antigo Reino de Galicia", que era o máis parecido. Era un baile fermoso, pero custoso e selectivo, hoxe os tempos mudaron. Quixemos retomar este baile, que Mari Luz acubilla con tanto amor cando fala del, pero adaptándoo aos nosos tempos, así que aquí bailamos todos. A verdade leva o seu tempo aprendelo, pero cando tiñan tódolos pasos traballados as caras enchíanse de felicidade, ao ver o que conseguiran. Quizais, sexa esta nova rapazada a que lle de mil voltas á Danza de Aros.
|
DESEÑO CARTACES CO VOLUNTARIADO #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE - LIMPEZA DA PRAIA CO GREEN CLUB #ALFIN #AMI #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
AVALIACIÓN CLUBS DE LECTURA 3º E 4º PRIMARIA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
O ALUMNADO DE 4 ANOS VISITOU A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL |
O VENRES VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL, ONDE POIDEMOS DESFRUTAR DUNHA CONTACONTOS! E, COMO NON, ESCOITAMOS A HISTORIA O BIGOTE DE MIMÍ, ESCRITA POR MANUEL MARÍA.
|
RECREOS E REALIDADE AUMENTADA! |
NOS RECREOS O NOSO ALUMNADO ACUDE Á BIBLIOTECA PARA LER, PENSAR E CREAR, REALIZANDO DIFERENTES ACTIVIDADES NAS QUE UTILIZAN AS NOVAS TECNOLOXÍAS. SOMOS UNHA BIBLIOTECA CREATIVA E POLO TANTO... UNHAS VECES ENTRAN E LEN...
E SE O QUEREN LEVAR, COLLEN O SEU CARNÉ E PODEN DISPOÑER DO LIBRO OU DA PELÍCULA POR QUINCE DÍAS. SE É NECESARIO O VOLVEN A RENOVAR. OUTRAS E OUTROS ENTRAN A COLOREAR E SACARLLE PROVEITO Á REALIDADE AUMENTADA COS IPADs...
CON IMAXINACIÓN E UNHA MESA DE LUZ, ALGÚNS CREAN CONTOS FERMOSOS... E SEMPRE HAI QUEN QUE PODE REPRESENTAR ESAS HISTORIAS, NO RECUNCHO DE DISFRACES... NA DIVERSIDADE ESTÁ O GUSTO E POR ISO TEMOS PEQUENOS E PEQUENAS CREADORES DE MUNDOS STEM CON LEGO, NA ZONA DE ROBÓTICA... AS PANTALLAS, PERMITEN ESCRIBIR A VARIAS PERSOAS Á VEZ, E XOGAR XUNTOS NO NOSO MUNDO DIXITAL. SE O QUE QUEREMOS É BAILAR, POIS TAMÉN...
E MOITAS, MOITAS COUSAS MÁIS... QUE NUNHA BIBLIOTECA CREATIVA CALQUERA PODE INVENTAR!!
|
PROXECTO CORRESPONDENCIA - CONVIVENCIA VIVEIRO - CEDEIRA |
OS VAGALUMES DE 3ºA E UNHA AULA DE 3º DO CEIP LOIS TOBIO DESPIDEN O SEU PROXECTO DE CORRESPONDECIA CUNHA CONVIVENCIA. |
Estas serán unhas "vacacións" moi especiais. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
A equipa de Biblioteca Carlos Labraña queremos desexarvos que gocedes da familia, estes días vannos ensinar a valorar cada unha das cousas que posuímos e que sempre demos por feitas. Ides aprender moito da vida en moi pouco tempo. Temos constancia de que cada un de vos está poñendo todo o seu esforzo en ser responsables. Desexamos que continuedes así: lavade as mans, non as levedes á cara, mantédevos na casa (salvo circunstancia maior)... Seguimos convosco, tédesnos no Facebook, no Twitter e no correo. Podedes preguntarnos o que desexedes, conversar con calquera de nosoutras, amosar os traballos que fixestes (sabedes que hai moitas propostas nas que podedes participar). Desta sairemos e sendo mellores! Contacto: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
OBRADOIRO DE COLMEAS - BIBLIOTECA CREATIVA |
No mes da ciencia en galego argallamos un obradoiro de colmeas.
En grupos cooperativos de 4 ou 5 persoas o alumnado tivo que ser quen de secuenciar as tarefas, ler as instruccións, chegar a acordos e conseguir un produto final.
Pero durante este proceso tiveron que traballar a pinza e o recortado (que mellora a escrita), conversar (expresión oral), buscar a información (isto conleva ler e filtrar os datos, decidir que é o importante e que non). Aquí un vídeo resumo do proceso.
|
INICIATIVAS DO NOSO ALUMNADO - CREACIÓN DE CLUBS - #Axenda2030 #bescolaresgal |
Fomentar a autonomía e o espíritu crítico no noso alumnado sempre da froitos. Mostra disto é a creación dos clubs. O alumnado de 5º de Educación Primaria iniciou a súa andaina e son imparables. Na actualidade coexisten dous clubs, os do Sylvanian Families e I love animals.
Dende o primeiro intre, organizaron as normas de pertenza ao club, nomearon presidentas e presidentes, axudantes e creadores dos mesmos. Prepararon os lugares destinados á actividade para que fosen agradables, realizaron xuntanzas nas que tomaron decisións importantes, realizaron cartaces para difundir, trípticos para brindar información, deseñaron as actividades, así como a distribución de diferentes obradoiros e organización do material e dos espazos para a súa realización.
Entre os seus obradoiros: manualidades de Nadal: Papá Noel, renos... con materiais de refugallo. Tamén a realización de proxeccións referidas a animais e realización plástica dos mesmo.
Por suposto, sempre cumprindo o protocolo Covid. Este alumnado ten o apoio e a supervisión do equipo da BE Carlos Labraña.
|
OBRADOIRO CLUB I LOVE ANIMALS - DÍA DAS NAIS #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O clube I love animals organizou un obradoiro con motivo do Día da Nai. Realizaron esta fermosa creación. Dende a biblioteca "Carlos Labraña" queremos desexarlle hoxe e tódolos días, Feliz día!! a tódalas nais.
|
RECREOS SEN PROTOCOLO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe gozamos do primeiro recreo sen protocolo. Xa pode acudir todo o alumnado mesturado por aulas.
|
SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO - MÉRCORES 8 DE XUÑO - PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Servizo de Voluntariado Europeo promove dende hai anos que persoas de diferentes orixes e culturas se reúnan, coa finalidade de realizar un proxecto de interese comunitario, no ámbito social, medioambiental ou cultural, como fundamento para construír unha sociedade máis solidaria e inclusiva.
Rebeca daranos a súa visión sobre a súa experiencia en Italia.
O día 8 de xuño ás 10h na Biblio do IES.
|
POR UN ALUMNADO CRÍTICO - PUBLICIDADE #AMI #bibliotecaescolar #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coa intención de facer ao noso alumnado crítico ante o mercado de productos e a súa publicidade, dende a BE Carlos Labraña, creamos un xogo na aplicación Genially para que analicen e sexan máis conscientes de adquirir un producto.
Esta actividade está enmarcada dentro da Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional proposta pola UNESCO.
Engadimos tamén enlace ao código PAOS (código de corregulación da publicidadede alimentos e bebidas dirixido a menores, prevención da obesidade e da saúde).
|
OBRADOIRO CALIGRAMAS #EscribiraBE #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas |
Ven a escribir na biblioteca! Tódolos mércores do mes de novembro podes adentrarte no mundo dos caligramas, escribir, debuxar e deixar voar a túa imaxinación. Percebiño será o noso guía! Apúntate na cortiza da entrada de biblioteca!
|
INSTALACIÓN "O PODER DAS PALABRAS" - FAMILIAS - DÍA DA INFANCIA #Infancia #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
Obradoiro Area Cinética #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado, guiado polo Club de Ciencias, mergúllase nun obradoiro/experimento onde crean area cinética e logo inventan figuras con ela. Por suposto experimentaron as súas propiedades: sempre húmida, moi modelable, apégase a ela mesma... Experimento, xogo e risas acompañaron a actividade! Agora xa poden experimentar en familia!
|
CONTACONTOS The Very Hungry Caterpillar - DÍA DO LIBRO - LECTURA E FAMILIAS #Lecturascompartidas #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalaberta |
Achegándose o Día do Libro, Eva, unha mamá dunha das aulas de 3 anos, agasalla á rapazada cun contacontos "The very hungry caterpillar" en inglés de Eric Carle
|
CADERNO DE CAMPO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Un dos productos finais do proxecto "Aprendendo, naturalmente!" é a creación dun caderno de campo en tódalas aulas. O alumnado de primeiro continúa traballando e aprendendo no seu.
|
XINCANA COAS FAMILIAS PRAIA DA MAGDALENA #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
A piques de rematar o curso gozamos dunha xincana sobre o noso PDI, pola praia e coas familias. En grupos de 3 ou 4 nenas e nenos, cun adulto responsable, reunímonos na biblioteca para explicar as probas do padlet. Unha aplicación coa que queremos experimentar. Os adultos levaban un móbil e, compartida a ligazón, obtiñan as 13 probas propostas. Probas de busca, de creacion con cunchas, identificación, escoita de sons, escritura, xogo, mapas, baño, recollida de lixo e invasoras... Dende o móbil, gravaban sons ou fotografaban as actividadades. Para ser o noso primeiro intento, todos o fixeron moi ben. Quen non foi quen de mandalo ao padlet o fixo por medio dun Whatsapp. O mellor foi a convivencia, o respecto, o pasar unha mañá xuntos. Amosamos o resultado no PADLET.
Se non o ves ben, podes acceder clicando aquí!
E animarte a facela xincana.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- …
- seguinte ›
- última »