Título | Resumo |
---|---|
ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal |
Coa intención de brindar unha documentación útil para as familias, imos compartir unha serie de recursos, a través de vídeos, libros e documentais que poden ser de moita utilidade no entorno familiar e escolar para crear espazos seguros e traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso á infancia. Algúns destes contidos son para público infantil, outros necesitan a guía dun adulto e outros só están indicados para adultos. Irémosvos comentando. Comezaremos cunha canción para público infantil. Nos vindeiros días publicaremos outros recursos.
|
PEQUENA MOSTRA FONDOS EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Esta é unha pequena mostra de fondos sobre Educación Afectivo Sexual. Están a disposición de toda a comunidade educativa. Poden levalos á rapazada (os que están adaptados para a súa idade) ou os adultos (calquera día pola tarde, salvo os martes). Hai fondos para as crianzas e para os adultos.
|
A BIBLIO É MOITO MÁIS QUE LER! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
VELADAS POÉTICAS - PREMIO PODCAST LETRAS GALEGAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa podemos escoitar o podcats premiado no concurso organizado pola Asesoria de Bibliotecas Escolares. O alumnado de 2º de primaria presentou "Luisa Villalta - Veladas poéticas", un programa onde poderedes escoitar decenas de voces da nosa rapazada e das familias e diferentes axentes sociais. Todo aderezado coa música de Bach soando de fondo, dúas pezas tocadas tamén por un papá. Estes minutos que ides escoitar son o final dun proxecto onde investigamos, pedimos colaboración das xentes da vila, aprendemos a diferenciar o rúido do silencio e a darlle espazo para concentrarnos nas pezas musicais traballadas, escribimos poesía e traballamos figuras literarias, escribimos e dramatizamos teatro para levar a voz de Luísa ao podcast. Son uns breves minutos pero que foron meses de traballo do alumnado e do profesorado para que esas voces produciran tan inmenso traballo de escrita, lectura e pronunciación.
Gracias a todas e todos os que o fixeron posible! Tamén podedes escoitar o seu podcast e o de outros premiado (de diferentes idades) na Radio Galega. Neste domingo tamén emitirán unha entrevista sobre o noso podcast premiado.
|
ESTREA "LULA PERDEU A LUZ" #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
"Lula perdeu a luz" un excelente traballo dos Vagalumes de 2º C, na materia de lingua galega e plástica con duración dun curso escolar. Agradecer a tódalas persoas que dalgún xeito fixeron posible que os Vagalumes brilaran en todo o seu explendor. Inmensos parabéns aos Vagalumes!! Sodes especiais! Uns artistas!
|
CLUB DE LECTURA |
ESTE CURSO CUMPRIMOS UNHA ILUSIÓN TANTO DO ALUMNADO COMO DA EUIPA DE BIBLIOTECA. CREAMOS UN CLUBE DE LECTURA COAS NENAS E NENOS DE SEXTO QUE ASÍ O DESEXARON. AMPARADOS NO CURRÍCULO, ONDE O CONTIDO B2.11 DI: "participación en actividades literarias e na elaboración de propostas." EXPLORARON DIVERSAS LECTURAS: - O TRASNO DA CATEDRAL DE SANTIAGO - MATILDA ... COMPARTIRON AS EMOCIÓNS QUE NELES SUSCITARON, DEBATERON SOBRE DIVERSOS ASPECTOS E ASÍ A IMPRESIÓN INDIVIDUAL QUE CADA UN ACADOU COA LECTURA DO LIBRO VEUSE ENRIQUECIDA POLAS OPINIÓNS DOS DEMAIS. ESTES DIFERENTES PUNTOS DE VISTA, OS TIVERON QUE ARGUMENTAR E INCLUSO, AS VECES, CAMBIARON AS SÚAS PRIMEIRAS IMPRESIÓNS. FOI UNHA ACTIVIDADE DO MÁIS ENRIQUECEDORA. POSTERIORMENTE CADA UNHA DAS LECTURAS FOI AVALIADA. (podedes velo clicando no libro) PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!!
|
AGASALLANDO Á BIBLIOTECA |
Este ano o PLAN LÍA trouxo moitas melloras á nosa Biblioteca Carlos Labraña. O alumnado viviunos con ilusión, axitación e involucrándose neles. Tanto é así que temos que agradecer enormemente as aportacións das familias de Morena (que trouxo unhas colecións de enciclopedias fabulosas que xa están catalogadas e a disposición da comunidade escolar), de Lucía Bellas que engalanou a entrada cun fermoso reloxo de Percebín feito a man e de Emily que proporcionou unha manchea de xogos de mesa para pasar o tempo de recreo.
|
PROXECTO CORRESPONDENCIA |
O alumnado de 3º A, os Vagalumes, inician un proxecto de correspondencia con nenas e nenos dun centro de Viveiro. Durante todo o curso escolar comunicaránse de diversas maneiras. Neste primeiro trimestre utilizaron a carta. Máis detalles no blog dos Vagalumes
|
OBRADOIRO DE POESÍA |
A NOSA VOLUNTARIA, INÉS GARCÍA VERGARA DE 6º A PREPAROU ESTA FERMOSA POESÍA CANTADA PARA CONVIDARNOS A PARTICIPAR NOS PRÓXIMOS OBRADOIROS. DARÁN COMEZO O LUNS 21 DE XANEIRO NO HORARIO DE RECREO. PODEDES PASAR POLA ENTRADA DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA A APUNTARVOS! https://drive.google.com/file/d/1zpCm2ch61Sycw1zpmnT3xgRjG1ALnsNu/view?u... |
UNHA ENQUISA MOI ESPECIAL... EN RADIO EXPERIMENTAL! |
TODO O ALUMNADO DO CENTRO TIVO A OPORTUNIDADE DE GOZAR DUN RATIÑO DE CONVERSA CO DRAMATURGO QUE DÁ NOME Á NOSA BIBLIOTECA, CARLOS LABRAÑA. PERSOA ENTRAÑABLE QUE NACEU E MEDROU NA NOSA VILA. PERO PARA SABER MOITO MÁIS PODEDES ESCOITAR O PROGRAMA DE RADIO EXPERIMENTAL, REALIZADO ENTRE O ALUMNADO DE 6º A E OS VAGALUMES DE 3º A. E COMO AS IMAXES VALEN MÁIS CA MIL PALABRAS... TEDES UN VÍDEO PARA VER OS MELLORES MOMENTOS DO DÍA. CARLOS TROUXO UNHA MOREA DE AGASALLOS FERMOSOS: UNHA DAS SÚAS OBRAS DEDICADA ESPECIALMENTE PARA NÓS E UNHA DATA CONFIRMADA PARA REPRESENTAR DÚAS DAS SÚAS OBRAS. GRACIAS CARLOS LABRAÑA ESTAMOS DESEXANDO VOLVER A VERTE!
|
LAVANDEIRAS! PROCESO DE LAVADO. PATRIMONIO INMATERIAL. |
CONTINUANDO CO PROXECTO INTERCENTROS, OS VAGALUMES DE 3º A, VISITAN AO ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO E, TODOS XUNTOS, FANLLE UNHA ENQUISA ÁS AVOAS. ASÍ OBTEÑEN A DOCUMENTACIÓN ORAL. EN BREVES PODEREDES ESCOITAR O PROGRAMA DE RADIO CON TODA A INFORMACIÓN! ISTO TAN SÓ É UN PEQUENO ADIANTO. Moitas gracias ás familias e a todo o alumnado implicado. |
ARRIBA O TELÓN! |
VISITA AO AUDITORIO DE CEDEIRA PARA COÑECER AS PARTES DUN TEATRO. GRACIAS QUIQUE!
|
DÍA DO LIBRO - EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA |
ONDE LES? ROGAMOS DISCULPEDES A COLOCACIÓN DA EXPOSICIÓN, AS OBRAS OBRIGÁRONNOS A REPARTILA EN DOUS ESPAZOS DIFERENTES. PODEDES VER AS FOTOS DENTRO E FÓRA DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA. GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!
|
ROBOTS MIND DESING |
ESTE É O RESULTADO FINAL DOS MURAIS E DAS POESÍAS QUE DERON DE SI OS MIND DESING CO ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PARABÉNS RAPAZADA!!
|
TERTULIAS DO NICOLÁS. O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE |
HOXE INICIAMOS AS "TERTULIAS DO NICOLÁS".
REPRESENTANTES DE DIFERENTES GRUPOS ACUDIRON Á RADIO ESCOLAR.
FALARON DO QUE ACONTECEU ESTES DÍAS NA NOSA BIBLIOTECA.
CONTARON O QUE FIXERON ANTE TREMENDA SITUACIÓN.
E EXPLICARON AS CONSECUENCIAS QUE TEÑEN AS NOSAS ACCIÓNS NO MEDIO AMBIENTE, NO FUTURO DO PLANETA. XA VOS IREMOS CONTANDO.
|
FORMACIÓN DE USUARIOS COMO INICIO DUN NOVO PROXECTO |
EMPEZAMOS O CURSO COMA OS ANOS ANTERIORES COA FORMACIÓN DE USUARIOS. APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA CONVIDAR ÁS FAMILIAS A PARTICIPAR COS NENOS E AS NENAS EN GRUPOS INTERACTIVOS. FORON REPARTIDOS NOS SEGUINTES OBRADOIROS:
CREACIÓN DUN PLANO DA BIBLIOTECA COLOCACIÓN DUN LOTE DE LIBROS TENDO EN CONTA A CDU
MARCADORES PERSONALIZADOS DECORADOS AO SEU GUSTO
AS NORMAS DA BIBLIOTECA NO KAHOOT
LECTURA LIBRE BUSCA DE INFORMACIÓN ATENDENDO Á CDU PERO ADEMÁIS, APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA DAR INICIO AO PROXECTO ANUAL DA BIBLIOTECA: A EDUCACIÓN DA CONCIENCIA MEDIOAMBIENTAL.
A MODO DE EXPERIMENTO, ESTRAMOS ENVASES, PAPEIS, PLÁSTICOS... POLO CHAN (iso si, todo estaba limpo), PARA VER CAL ERA A REACCIÓN DOS NOSOS NENOS E NENAS: SE RECOLLÍAN E TIRABAN SEPARANDO PARA RECICLAR, SE NON RECOLLÍAN, SE LLES PRESTABA ESTAR NUN SITIO ASÍ OU NON...
OUTRAS NOTICIAS: CONTAMOS CON NOVOS ESPAZOS, QUE AÍNDA ESTÁN BALEIROS. PERO XA OS NENOS SE ESTÁN AFACENDO A ESTAR NELES: UN XARDÍN EXTERIOR E UNHA NOVA SALA PARA DIVERSAS ACTIVIDADES.
|
SEMANA DO MEDIO AMBIENTE - XOGOS TRADICIONAIS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
O proxecto anual deste curso plantexado desde a biblioteca versa sobre o medio ambiente: "Contra o cambio...eu cambio. E ti?". Son moitas as actividades xa realizadas, e tamén durante o confinamento. Iremos amosando moitas destas propostas ao longo da semana.
Hoxe comezamos cos XOGOS TRADICIONAIS do alumnado de educación infantil (4 e 5 anos).
Cando chega a hora do recreo na escola é un momento de felicidade: xogar, estar con nenos e nenas doutras aulas, correr, brincar, gritar, inventar xogos... Ao ler e escoitar isto, fainos retroceder á nosa infancia, aos xogos que aprendimos e recordamos ata o día de hoxe. Dámonos conta de que algúns deles producíronse nas rúas do noso pobo, nos campos da nosa vila, na plaza do sitio onde crecimos e incluso no patio do recreo da nosa escola. Os xogos tradicionais son chamados así por ser de dominio dos nenos e nenas dunha época atendendo aos seus costumes, crenzas, reglas e variantes. Ademais de ser transmitidos oralmente polos nenos e nenas de maior idade. Moitas persoas cren que o xogo é unha perda de tempo e que non ten que ver coa aprendizaxe formal. Diversas investigacións vinculan o xogo coas matemáticas, xa que é un dos mellores vehículos que os nenos e as nenas teñen para explorar e dominar a súa contorna e, como consecuencia, para aprender gran parte das matemáticas elementais que se establecen como a base para o desenvolvemento de nocións máis complexas a desenvolver posteriormente.
Xogade que é bo para a saúde... e compartide as vosas experiencias.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
DÍA DA ILUSTRACIÓN |
A ilustración é un medio de comunicación, dende a Prehistoria ven agasallando con datos sobre a forma de vida, gustos, talentos... e hoxe, na era Covid é un medio para coñecer e expresar o noso estado de ánimo e deixar saír todo o que temos dentro.
A ilustración na vida non se pode conmemorar nun día, está presente permanentemente, pero os Vagalumes de 1º C quixeron afondar máis no seu coñecemento.
Escolleron un libro: "Alén. A arte de explorar" de Lièbana Goñi, que ademáis de contar unha fermosa historia, ten unhas ilustracións magníficas e nas súas follas podes atopar retallos de moitas obras de arte. A busca de estas obras e o debate sobre o conto, fixo que foran conscientes de que elas e eles tamén son ilustradores cotiás e por que non replicar esas obras? E nesas están!
Ademáis, están creando quebracabezas das obras traballadas no espazo argalleiro da biblioteca creativa. Esta é a primeira remesa. Pódese cambiar o número de pezas, o fondo... A xogar!!
CLICA EN CADA OBRA: AUTORRETRATO CON MONOS - FRIDA KAHLO A PERSISTENCIA DA MEMORIA - SALVADOR DALÍ LABIRINTO - LEONORA CARRINGTON MATERIAL CREADO PARA USO DO PROFESORADO:
|
Traballo de investigación polo día da muller traballadora |
Polo día da muller traballadora, buscamos información sobre mulleres galegas relevantes para nós. Cada clase elaborou unhas páxinas sobre a biografía, debuxos, elementos relevantes,... da muller escollida pola aula. O resultado final foi a elabroación dun genial.ly que recolle dun xeito interactivo todo o traballo realizado por mestres e alumnado do centro.
|
9 XUÑO - 3º XORNADA BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coa voz da rapazada do Ies presentamos a terceira xornada da Biblioteca Humana. Libros contados dende a cercanía e a intimidade. Esta vez vémonos na Biblioteca Escolar Punta Candieira o mércores 9 de xuño.
|
AS BRUXAS - V XORNADAS DE TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este venres o alumnado de 4º C representará "As Bruxas", unha adaptación do conto de Roald Dahl. En dous pases no Auditorio de Cedeira amosarán o traballo dun ano. Un traballo feito enteiramente por eles: decorados, encargaranse do son... e coa colaboración das familias para os disfraces. Os inicios comezaron coa lectura do libro e onte mesmo así estaban na biblioteca. Moita merda rapazada!!
|
PROTOCOLO MEDIO AMBIENTE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dende fai uns anos seguimos un Protocolo do Medio Ambiente creado polo alumnado: apagar luces e traballar a ser posible con luz natural, reducir, reutilizar e reciclar todo cando podemos, utlilizar o composteiro, o plástico está fóra das compras, fotocopiar por ambas caras...
|
BIBLIOTECA HUMANA - 4º XORNADA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despedimos as xornadas, deste curso, da Biblioteca Humana da man de tres títulos inmensos. Para quen non as escoitou presencialmente, as súas historias permanecerán no catálogo das bibliotecas: Meiga e Koha.
Este curso a biblioteca escolar leva por lema "A biblioteca ten a palabra", na vila quixemos cedérllela ás nosas xentes, á comunidade. Persoas que xuntas tecen as redes da historia persoal dun pobo, historias íntimas, as vivencias que axudan cando se comparten. Despertaron emocións que gardaremos para sempre. Sentímonos máis preto e crearon lazos que perdurarán no tempo.
Agradecer a participación de Juan Rodríguez Martínez, Noa López Vidal e Miño Guerreiro Rodríguez e de todas e todos os implicados. Xuntos fixemos voar as palabras!
|
BUSCAMOS FAMILIAS! GRUPOS INTERACTIVOS #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FormacióndeUsuarios |
Este ano, merecémonos voltar a todo o bo que nos limitou a pandemia. As familias sodes un eixo importante da nosa biblioteca. Polo tanto estades convidadas a participar na formación de usuarios. Para isto presentamos o cartaz e un número para apuntarse. Pasando o lector QR do móbil poderedes profundizar nos grupos interactivos das comunidades de aprendizaxe, de Ramón Flecha. Posteriormente, falaremos con vosoutros para explicarvos máis concretamente as actividades deseñadas. Recordade que para participar nos interactivos non se require ningún coñecemento, unicamente ser maior de dezaoito anos.
|
CLUBS CONVOCATORIA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O ano pasado a pandemia deixou algo bo, foi que o alumnado se autorganizara, sen darnos conta rapazada que non podía acudir a diario á biblioteca (polas limitacións) se autoxestionou, colocouse no espazo e montou clubs para argallar. Este ano dun xeito moito máis formal, pero con moita autonomía, fan as súas propostas para que o alumnado que o desexe forme parte do club. En principio, teremos reciclaxe, baile, teatro e inventos.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »