Título | Resumo |
---|---|
Xornada de teatro escolar |
O alumnado que participará nas Xornadas de Teatro xa leva case dous trimestres de andaina. Biblioteca do centro e auditorio son os seus dous referentes de ensaios. Expresión oral, comprensión lectora, dramatización, oralidade, aprendizaxe cooperativa e colaborativa, manexar tempos de espera, actitudes como respecto, esforzo, axuda aos demais, poñerse no sitio doutro... son só algúns dos beneficios desta actividade. Parabéns rapazada! Estamos orgullosos de todos e cada un de vos! Axenda representación Os Furabolos con "A pequena compaña" de Carlos Labraña. |
PERO...QUE ME ESTÁS CONTANDO? #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas | |
Contos para pasalo de medo |
Por aquí xa andamos en temática de Samaín... e, neste caso, foi o alumnado de terceiro o que tivo a sorte de asistir a un contacontos financiado a través da biblioteca municipal: Contos para pasalo de medo a cargo de Carmen Domech!
|
Experimentos de outono |
Seguimos có mes da ciencia en galego... neste caso, nunha das aulas de infantil! Os pequenos e pequenas de 4 anos están traballando có outono e qué mellor que facer pequenos experimentos para descubrir cousas novas. Aproveitando unhas follas secas que recolleron no chan do edificio do Areal traballaron unha chea de conceptos: tiveron que clasificar por cores, traballar a motricidade fina machancando as follas, facer trasvases, calcular cantidades... e, por suposto, escribir o experimento e as conclusións! Todo para descubrir cómo se forman as cores do outono!
|
Coidemos o planeta! |
Estes días as aulas de sexto tiveron unha visita moi especial: viñeron ao cole unha bióloga e unha mariscadora para falarnos da limpeza de praias que están levando a cabo na nosa zona. Contáronnos que están atopando moito plástico e lixo por iso é moi importante que todos e todas colaboremos para coidar o planeta e conseguir así un mundo mellor. Con xestos simples comas as 3R (reducir, reutilizar e reciclar) podemos poñer o noso pequeno gran de area!
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021 |
|
CARLOS LABRAÑA VISITA A BIBLIOTECA! #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Carlos Labraña é unha figura de referencia en Cedeira, é dramaturgo (aínda que non é ao único que se adica) e a nosa biblioteca leva o seu nome. Moitos o coñecerán pola súa colaboración cos Amigos do Samaín. Chegou o día e tivemos o pracer de escoitar e facerlle moitas preguntas. Hoxe Carlos Labraña tivo a palabra! Gracias por compartir o teu tempo con nós! |
Novidades recén chegadas! #colección #VoluntariadonaBE #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A nosa biblio non para de crecer e desta volta tivemos unha chea de novidades dentro dos fondos que o alumnado voluntario axudou a rexistrar e colocar. Traballaron arreo para que poidades desfrutar dun montón de novos títulos que estamos seguros que vos encantarán! Asique non dubidedes en pasar a botar unha ollada!
|
UN LUGAR PARA A EXPERIMENTACIÓN - PATIOS VIVOS - #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Redescobrer a terra, atopar un espazo para expresar, para atender á curiosidade, ver pequenas especies, construír comunidade dende o coidado mútuo e a solidaridade. Todo iso é máis aportan os Patios Vivos.
|
HERBARIOS - INVESTIGAMOS A NOSA FLORA #Axenda2030 #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
AVALIACIÓN CLUBS DE LECTURA 5º E 6º PRIMARIA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Recursos e fondos da biblioteca escolar! ABC Diario de Pablo Otero e un xogo permite poñer en marcha a creatividade con algo que nos identifica, que nos fai únicos e especiais, o noso nome!
|
OBRADOIRO DE MÁSCARAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dúas alumnas de 3º, Vega e Martina, deleitaron a un gran público co seu obradoiro de máscaras de entroido. Purpurina, risas e ganas de festa ao redor dun gran taller creativo. O alumnado empoderado! Parabéns rapazas!
|
OBRADOIRO DE CIRCUÍTOS - BIBLIOTECA HUMANA - CEIP/FP #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Nesta ocasión foron Beatriz Macho e Andy Brañas, profesores da FP quen xunto cos seus alumnos e alumnas sumáronse á Biblioteca Humana. Un grupo da rapazada de sexto achegouse ata o instituto para gozar dun obradoiro de circuítos. Sairon con dous taboeiros para relacionar xéneros de cine con fotografías de películas. Un traballo que quedará exposto na Feira dos Libros e do que poderá gozar toda a comunidade educativa. Gracias rapazada e mestres!
|
AVALIACIÓN VOLUNTARIADO 2022 2023 #voluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
"MARES DE CEDEIRA" - PRESENTACIÓN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE |
Fai un ano, o alumnado de 2º de primaria (hoxe xa en 3º de E.P.), interpretaba a obra teatral "Mares de Cedeira". Unha obra escrita por Carlos Labraña para o alumnado do CEIP Nicolás del Río, ilustrada por Diego Cheda e Quique Vázquez e publicada coa colaboración do Concello de Cedeira. En breves, veremos esa obra nun libro. A súa presentación será o domingo 4 de xuño ás 18:30h. no Auditorio de Cedeira. Quedades convidados!
|
COMEZAMOS CON NOVIDADES EN FONDOS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasa pola biblioteca a escoller a túa lectura! Hai un libro esperando por ti!
|
APERTURA DA AULA SENSORIAL #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nestes días o alumnado da escola está a coñecer a nova aula sensorial. Un espazo creado con tenrura, para promover a calma e a inclusión. É unha sala agradable chea de recursos sensoriais: luces, música, texturas, imaxes, sons, proxectores, unha mesa sensorial para crear minimundos, un recuncho de lectura, coxíns, alfombras táctiles, unha barra, espellos, xogos e xoguetes sensoriais ... para potenciar o desenrolo cognitivo e emocional da rapazada. Unha sala para estimular os sentidos, para favorecer a atención, a exploración, o pracer e as sensacións de benestar. Un lugar onde a comunicación é posible de xeito diferente. A este recuncho relaxado, seguro, tranquilo e inclusivo, o alumnado accedera de varias maneiras: sempre que o necesite, en sesións con especialistas de PT e AL, en grupos reducidos con titoras ou especialistas e na hora do recreo por quendas. É un lugar para todas e todos, pero pensando no diversos que somos e en cubrir as necesidades de cada un dos que convivimos na escola.
|
NOVIDADES EN FONDOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Novembro chegou cheo de novidades! Pasa pola biblioteca, na hora do recreo, co teu titor ou titora en calquera sesión, polas tardes de 4 a 5 acompañado dun adulto (salvo os martes)... e colle o teu libro favorito. Estamos seguras que hai un libro esperando por ti! Recordade que hai empréstito de xogos de mesa e cd de música e dvd de películas.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CANCIÓNS DA INFANCIA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Estimadas familias e diferentes axentes sociais, desexamos que compartades connosco aquelas cancións da infancia, coas que saltabas á corda, xogabas coas palmas, facías a roda... Podedes mandalas escritas na ficha e ensinárllelas ao teu peque e, aínda mellor, podes vir á escola e ensinárnolas.
Anexamos a ficha para a recollida da documentación. Gracias por participar!
|
MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA - CARLOS LABRAÑA #Cedeira #LecturasRecomendadas #Clubsdelectura #Igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A pasada semana recibimos a visita dun autor moi importante para nós, o dramaturgo que da nome á nosa biblioteca! Carlos Labraña realizou unha mini representación da súa obra "Mambrú volveu da guera", unha historia lida en diferentes cursos e con diferentes idades, pero nas que todas suscita unha conversa que convida á reflexión. Que pasou? Porqué o soldadiño estaba enterrado? Era unha persoa esquecida, pero xa non o é. Imos coñecelo, voltarlle o seu nome, coñecer que pasou. Reflexións que se abordaron nas aulas, na escola, na visita e que de seguro, estenderanse ás familias. Porque falar é un moi bo comezo. Sementemos a PAZ.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - XUXA CON MONIQUE E NOA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Monique, a mamá de Noa, veunos amosar unha canción de Xuxa. Actriz e cantante que marcou a súa infancia. Aquí podemos escoitar a canción, que por certo, está en linguaxe de signos.
|
OBRADOIRO DE MANTECADOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
No proxecto sobre a vila de Cedeira tamén se cociña. Saray e Jessy axudáronnos a facer uns mantecados típicos da nosa vila. Foi unha mañá na que mesturamos, pesamos, esprememos, remexemos, batuxamos, divertímonos e cociñamos algo moi doce, os mellores lazos de amizade. Tamén fixemos un marcapáxinas coa receita e o puxemos ben bonito para levar e merendar. Gracias ás familias por formar parte da vida na escola!
|
ÁLBUMS PERSONALIZADOS #bescolaresgal #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto fixo un álbum personalizado coa app Canva con fotografías de Manzaneda que foi seleccionando e clasificando. Nelas contan o que fixeron, acnédotas... engaden música adaptandoa a cada actividade que hai na presentación (actividades na natureza, discoteca,...). Crear documentos para manter os mellores recordos é necesario e moi saudable!
|
MOITO DOCE EN FAMILIA #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A familia de Xoel veu realizar un obradoiro moi dulce. Pasteleiras e pasteleiros por un día!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »