Título | Resumo |
---|---|
XAVIER CARRO - "MÚSICA, MAESTRO" #Radionabiblio #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta ocasión temos na Radio Experimental a Xavier Carro, antigo director da Banda de gaitas Robaleira e integrante do grupo Debadoira. Documentación recadada para o proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!
Gracias Xavier pola túa colaboración.
|
CONTACONTOS CON LUCÍA - MARIE CURIE #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
|
BIBLIOTECA HUMANA - CANDO EU TIÑA A TÚA IDADE - HOLOCAUSTO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Na fin do curso escolar tivemos o pracer de escoitar a Tom Leimdorfer, traducido por Karen. O seu libro "Cando eu tiña a túa idade", un relato en primeira persoa sobre as súas vivencias no Holocausto. Historia que perdurará en audio, no noso catálogo, para cando quen queira decida collelas e escoitalas. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena, mestras/es e xente da vila que tivo o interese de escoitar achegouse e as verbas crearon redes. Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo. Gracias Tom e Karen por compartir tanto connosco!
|
PODCAST XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS - FAMILIAS NA ESCOLA |
Este podcast xorde da investigación da biografía de Xela Arias, pescuda no seu compromiso coa lingua galega e na loita dos seus dereitos.
O alumnado afonda nun período histórico recente e o relaciona coa historia da nosa vila, nese momento. Todo isto da man das familias, coa guía da mestra e da documentación escrita que alberga a biblioteca.
Unha rapazada moi pequena, os Vagalumes, coñecen a Xela, unha muller que desmontou barreiras con verbas.
|
Teatro de sombras. "Saudades do teu abrazo". |
Obra realizada polo alumnado de 6ºB e a súa titora Iria, aproveitando un dos novos recursos na aula de teatro. "Saudades do teu abrazo" (Eoin McLaughlin). |
NOVIDADES EN FONDOS! #ALFIN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ven a ollar as novidades e leva a que máis che preste! |
VISITA BIÓLOGAS - ARCE #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A través da Asociación Arce, recibimos a visita de Victorina Rey Quintiana, Mari Carmen Rodríguez Tizón e María José Leira Ambrós biólogas coas que contactou Camilo. Elas aportaron unha inmensa documentación ao proxecto, sobre a flora e a fauna da nosa contorna, no que estamos inmersos. Biólogas, alumnado e mestras conversaron sobre: cadeas tróficas, o paseo do Condomiñas, o bosque de galería, a flora autóctona, as invasoras... Adobiaron a conversa cunha presentación e un vídeo que quedou para uso do alumnado e que consideramos de gran valor documental. Agora con esa documentación e o tríptico realizado por elas e enviado polo Concello de Cedeira, poderán realizar un percorrido para atopar as especies estudadas. Agradecer a todos os implicados a súa colaboración!
|
ORTOGRAFÍA CON GENIALLY #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coa intención de complementar a aprendizaxe da ortografía, no noso alumnado, a BE "Carlos Labraña" deseña dous xogos en Genilly. Son un apoio á escrita, podedes realizalos en calquera momento e antes da sesión do obradoiro de "Cartas a Percebiño". O primeiro está indicado para o alumnado de 2º de Educación Primaria en adiante e o segundo para 5º e 6º de Primaria, preferentemente.
|
FONDOS DÍA MUNDIAL DA INFANCIA #DiaMundialdelaInfancia #DiaMundialdaInfancia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasade coller o voso! Se tedes dúbidas, preguntade ao profesorado ou o voluntariado.
Aberto a toda a comunidade en horario de 16:00 a 17:00h., luns, mércores, xoves e venres. DÍA MUNDIAL DA INFANCIA UNICEF
|
GRUPOS INTERACTIVOS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #PlanLIA #Axenda2030 #FamiliasnaBE #bescolatesgal #bescolaresgalabertas |
Ramón Flecha, catedrático da universidade de Barcelona é o creador do proxecto das comunidades de aprendizaxe. Dentro delas, temos aos grupos interactivos, que pretenden reducir conflitos e o fracaso escolar. Apostando polo diálogo como forma de enriquecemento. Pero non son polvos máxicos é ciencia. A investigación INCLU-ED, realizada en 15 países, entre eles España, demostrou que ante diversas formas de organización de aula, os grupos heteroxéneos con familias voluntarias dan os mellores resultados de aprendizaxe e convivencia (pese a que a pandemia estragou a súa presencialidade, pero volverán). Os grupos interactivos:
- AUMENTAN O NIVEL DO GRUPO.
-REDUCEN CONFLITOS.
O potencial da familia no entorno escolar, é un recurso que non se pode desaproveitar. Fai uns anos que se realizan na biblioteca, dependendo do curso, semanalmente ou quincenalmente. E tamén se empezaron a incorporar na formación de usuarios da biblioteca do inicio do curso.
Hai uns 5 grupos cooperativos na biblio que rotan cada 20 minutos. En cada espazo da biblioteca hai 5 actividades diferentes organizadas. En cada espazo hai un familiar adulto voluntario que se asegura de fomentar o diálogo igualitario, asegurándose que todos dan a súa opinión. A súa función é dinamizadora e o mestre programa, organiza e está presente guiando e atendendo onde xorden dificultades. Os voluntarios son moi bos reforzadores e cada un pode aportarlle diferentes modelos ao alumnado.
As familias voluntarias reciben un par de tardes de formación e asinan un contrato de confidencialidade.
|
CANTIGAS NO ÁLBUM PROXECTO "NATURALMENTE, APRENDENDO!" #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O álbum é un xoguete/producto final que segue motivando dia tras día. Desta volta, os Vagalumes, repasaron algúns dos animais e plantas traballados con anterioridade, aprenderon unha cantiga e a recitaron e intercambiaron a segunda entrega de sobres de cromos! Que divertido e canto están aprendendo e disfrutando. Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro (aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou), o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
|
CONCERTIÑO INFANTIL - MÚSICA, MAESTRO! #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #IesPuntaCandieira #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aída, Zeltia, Paulo e o alumnado de 2º de bacherelato de Artes Escénicas prepararon un fermoso concerto para o alumnado de 3, 4 e 5 anos. A escola encheuse da música, baile, xogo e bo facer desta rapazada. A sesión contaba con música en directo (a Carrasquiña, o Piripipí...) e xogos rítmicos. Esta era unha pequena actividade dunha familia que foi aumentando, medrando e medrando e que se converteu nun fermoso concerto p ensando nos máis pequeno da escola. Agradecer as horas de ensaios e coordinación que esixe unha actividade deste tipo. Parabéns ás tres familias e á rapazada do Ies! Gracias por educar a través da emoción!
|
BIBLIOTECA HUMANA - 23 MAIO - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano, posteriormente terás 5 minutos para preguntar. Ler persoas en vez de libros!
|
CLUB DE LECTURA "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia e de compartir xuntos as emocións que neles provocaron. Agora comezan con "El Palacio de los Tres Ojos" De Joan Manuel Gisbert e Chata Lucini.
|
QUE CARALLO FAGO EU AQUÍ? DE ANDY BRAÑAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Que carallo fago eu aquí? de Andy Brañas.
Ser sempre o que quixen.
Ás veces non estás onde debes pero o camiño faise andando
e se persegues os teus soños sempre están agardando aí por ti.
E conséguense. Abofé que si.
O día 9 de xuño ás 10h na Biblio do IES.
Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
XORNADAS 20 XUÑO BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CURTAMETRAXE "PEQUENOS PERO MAIORES" #arte #radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de primeiro realiza unha curtametraxe sobre a realidade das aulas galegas con alumnado extranxeiro. O fai coa axuda das familias que tamén participan en diversos ámbitos, tanto na actuación como na música.
Agradecer a colaboración de todos eles, en especial de Antonio Rodríguez Bustabad.
|
AVALIACIÓN CLUBS DE LECTURA 4º PRIMARIA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
OBRADOIRO CON CASTAÑAS #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas |
Un obradoiro cun produto natural do noso outono. Un froito seco do máis versatil. Neste caso, será a base dun telar que a modo de xogo desenvolverá a motricidade fina e a concentración. Hai que ter moita paciencia e ser delicado/a nos movementos, que senón os palillos rompen! Se queres probar só tes que pasar pola bilblio e pedirlle a un voluntario ou voluntaria para participar. Ten aforo, pero estará varios días para poder probar todas e todos os que desexedes.
|
CONTACONTOS CON KAREN #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Familias e alumnado comparten tempo de lectura de calidade.
Karen Limderfor, veu agasallar ao alumnado coa lectura
do libro "O dragón Zog" de Julia Donaldson.
![]() Para viaxar só hai que asomarse a unha historia.
![]() Ven á biblioteca escolar e poderás levar libros tan fermosos coma este.
![]() Esta actividade enmárcase dentro da actividade da
Biblioteca Humana/Polos Creativos, dentro do programa "Lectura e familias.
|
CARTAS A PERCEBIÑO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
É un obradoiro de escritura, que se inicia na biblioteca, sendo o protagonista a nosa mascota, un percebe chamado Percebiño, ao que noso alumnado lle escribe cartas e recibe contestacións.
Esta actividade mellora a escritura e apórtanos unha información emocional que nos permite estar atentos e coidar a saúde mental do noso alumnado.
|
DOCUMENTACIÓN PROXECTO #Axenda2030 #colección #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Novas adquisición para documentarnos no proxecto "Aprendendo, naturalmente!".
|
COMEZAMOS CON NOVIDADES EN FONDOS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasa pola biblioteca a escoller a túa lectura! Hai un libro esperando por ti!
|
OBRADOIROS DO ALUMNADO - MANUALIDADES #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Casan os paxariños e as manualidades xiran ao redor das mellores verbas e sentimentos. Antía, Martina, Claudia e Iriana sacaron adiante un obradoiro de debuxo amosando unha coordinación e preparación do taller excelente. Bravas! Moitos parabéns!
|
A MULLER E A NENA NA CIENCIA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sabemos da importancia que ten sinalar unha data para as mulleres e as nenas na ciencia. O noso alumnado ten o dereito de educarse neste campo e polo tanto é algo que está presente durante todo o curso. Temos un club de ciencias, ofértanse obradoiros sobre ese campo, o mesmo alumnado propón os seus... non pensamos en datas senón en intereses, motivacións... Visibilizamos a data e conversamos sobre a necesidade de perseguir, cada un, a súa paixón. E a importancia de que os que nos rodean apoien as nosas decisións.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »