Título | Resumo |
---|---|
BIBLIOTECA HUMANA - 23 MAIO - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano, posteriormente terás 5 minutos para preguntar. Ler persoas en vez de libros!
|
CLUB DE LECTURA "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia e de compartir xuntos as emocións que neles provocaron. Agora comezan con "El Palacio de los Tres Ojos" De Joan Manuel Gisbert e Chata Lucini.
|
HAI LIBROS NA BIBLIOTECA - MÉRCORES 8 DE XUÑO - PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Por que as Bibliotecas son e deben ser tan fundamentais para a formación integral das persoas. Abandonamos xa hai tempo a idea das Bibliotecas como espazos elitistas e herméticos. Hoxe en día son lugares de creación, motivación, xogo e experimentación.
Ermitas contaranos a súa experiencia en Suíza.
O día 8 de xuño ás 12h na Biblio do IES.
|
QUE CARALLO FAGO EU AQUÍ? DE ANDY BRAÑAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Que carallo fago eu aquí? de Andy Brañas.
Ser sempre o que quixen.
Ás veces non estás onde debes pero o camiño faise andando
e se persegues os teus soños sempre están agardando aí por ti.
E conséguense. Abofé que si.
O día 9 de xuño ás 10h na Biblio do IES.
Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
CURTAMETRAXE "PEQUENOS PERO MAIORES" #arte #radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de primeiro realiza unha curtametraxe sobre a realidade das aulas galegas con alumnado extranxeiro. O fai coa axuda das familias que tamén participan en diversos ámbitos, tanto na actuación como na música.
Agradecer a colaboración de todos eles, en especial de Antonio Rodríguez Bustabad.
|
XORNADAS 20 XUÑO BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
8 M - HILDA MARTÍNEZ LÓPEZ - MULLERES DEPORTISTAS #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
A muller que dará nome a un espazo é unha muller grande por fóra e por dentro. O alumnado de sexto A entrevista a Hilda Martínez López!
|
AVALIACIÓN CLUBS DE LECTURA 4º PRIMARIA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FONDOS DÍA MUNDIAL DA INFANCIA #DiaMundialdelaInfancia #DiaMundialdaInfancia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasade coller o voso! Se tedes dúbidas, preguntade ao profesorado ou o voluntariado.
Aberto a toda a comunidade en horario de 16:00 a 17:00h., luns, mércores, xoves e venres. DÍA MUNDIAL DA INFANCIA UNICEF
|
"MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coa intención de facer que as tradicións perduren, refresquemos a memoria e practiquemos en familia! Proxecto "Música, Maestro!" Gracias Mari Luz Lorenzo!
|
OBRADOIRO CON CASTAÑAS #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas |
Un obradoiro cun produto natural do noso outono. Un froito seco do máis versatil. Neste caso, será a base dun telar que a modo de xogo desenvolverá a motricidade fina e a concentración. Hai que ter moita paciencia e ser delicado/a nos movementos, que senón os palillos rompen! Se queres probar só tes que pasar pola bilblio e pedirlle a un voluntario ou voluntaria para participar. Ten aforo, pero estará varios días para poder probar todas e todos os que desexedes.
|
DOCUMENTACIÓN PROXECTO #Axenda2030 #colección #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Novas adquisición para documentarnos no proxecto "Aprendendo, naturalmente!".
|
GRUPOS INTERACTIVOS DE XOGOS #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Comenzan os grupos interactivos, primeiro con dúas profes e temática lúdica. En breves, coas familias que desexen acompañarnos este curso.
Fixemos unha construción floral para despedir ao verán, atamos zapatos e outros broches, fixemos orbits e agochamos bichiños que tivemos que atopar e logo sen mirar escribir os nomes e cantidades, pintamos as unllas e deixamos que nolas pintaran, fixemos un mundo natural de outono para darlle a benvida.
Tedes máis información sobre os grupos interactivos nestas ligazóns: Os primeiros interactivos da escola: https://www.youtube.com/watch?v=MTGMTj9JocU Ramón Flecha. Grupos interactivos: https://www.youtube.com/watch?v=BlovbmPSn3c
|
OBRADOIROS DO ALUMNADO - MANUALIDADES #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Casan os paxariños e as manualidades xiran ao redor das mellores verbas e sentimentos. Antía, Martina, Claudia e Iriana sacaron adiante un obradoiro de debuxo amosando unha coordinación e preparación do taller excelente. Bravas! Moitos parabéns!
|
A MULLER E A NENA NA CIENCIA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sabemos da importancia que ten sinalar unha data para as mulleres e as nenas na ciencia. O noso alumnado ten o dereito de educarse neste campo e polo tanto é algo que está presente durante todo o curso. Temos un club de ciencias, ofértanse obradoiros sobre ese campo, o mesmo alumnado propón os seus... non pensamos en datas senón en intereses, motivacións... Visibilizamos a data e conversamos sobre a necesidade de perseguir, cada un, a súa paixón. E a importancia de que os que nos rodean apoien as nosas decisións.
|
O CASAMENTO DO PIOLLO E A PULGA #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5 anos A leva xa varias representacións de "O casamento do piollo e a pulga", unha fábula popular adaptada por Pepe Carreño. Esta é unha rapazada pequecha pero moi grande en expresión. Comezaron pouco a pouco coa decoración, ensaios... e máis ensaios, axudando a confeccionar o vestiario, facendo e repartindo as invitacións e finalmente a representar. Aínda teñen pendentes varias funcións na aula de teatro. Éxito asegurado! Parabéns rapazada! O alumnado de 5 anos A leva a escea "O casamento do piollo e a pulga", Un traballo de equipo! Parabéns rapazada!!
|
FONDOS DÍA DA PAZ #DíadaPaz #VokuntariadonaBE #BibliotecasSolidarias #bescolaresgal #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Exposición de fondos preparada polo voluntariado de biblioteca. Temos moitos máis! Consúltanos!
|
NORABOA VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS! |
A CONVOCATORIA DO PROGRAMA BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS "VOLUNTARIADO DE LECTURA-A" PARA ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA RESOLVEU SELECCIONAR 8 CENTROS. (VISTAS AS MEMORIAS DE ACTIVIDADES PRESENTADAS POR 52 DOS 56 CENTROS INSCRITOS NESTA INICIATIVA).
O NOSO CENTRO FOI UN DOS OITO SELECCIONADOS POLA GRAN LABOR QUE FAI O ALUMNADO VOLUNTARIO NAS DÚAS MODALIDADES QUE PARTICIPOU AO LONGO DO CURSO
O VINDEIRO MARTES, 6 DE XUÑO, O ALUMNADO VOLUNTARIO PODERÁ PARTICIPAR DE OBRADOIROS NO NOSO CENTRO A CARGO DO GRUPO XANDOBELA. PODEDES COÑECER UN POUCO MÁIS TRABALLO DO ALUMNADO VOLUNTARIO NAS SEGUINTES LIGAZÓNS:
|
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES! PARTILLA OS TEUS LIBROS! |
CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS E COA INTENCIÓN DE QUE CALQUERA PERSOA POIDA DISFRUTAR DA LECTURA NA RÚA OU NA CASA, AS TRES BIBLIOTECAS DA VILA: BIBLIOTECA PUNTA CANDIEIRA, BIBLIOTECA MUNICIPAL LÓPEZ CORTÓN E BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA, CO APOIO DO CONCELLO DE CEDEIRA (NA SÚA FINANCIACIÓN), VEÑEN DE POÑER TRES PUNTOS DE LECTURA MEDIANTE A COLOCACIÓN DE TRES CASIÑAS DE MADEIRA CON LIBROS PARA DIFERENTES IDADES, SITUADAS NO EDIFICIO DO AUDITORIO, NO POLIDEPORTIVO E NO CONCELLO DE CEDEIRA. AQUÍ CADA QUEN PODERÁ COLLER UN LIBRO E DEPOSITAR OUTRO NO SEU LUGAR. UNHA PREMISA MOI IMPORTANTE É QUE O QUE DEIXEMOS SEXA DE CALIDADE DO MESMO XEITO QUE O QUE RECIBIMOS. ANIMAMOS A TODO O POBO A PARTICIPAR!
|
Aprender a investigar en 4º |
O alunado de 4º de primaria na súa asignatura Aprender a investigar, programa os Mbots dende os ipads para que realicen diferentes percorridos, acendan ou apaguen luces das cores asignadas na actividade... etc. A tecnoloxía está en todas partes e as bibliotecas temos que ensinar a ler nos diferentes códigos que se presentan. A motivación está asegurada.
|
Aprendemos cós Bolechas sobre o 112 |
Hoxe a clase de 2ºA traballou sobre o 112 cós Bolechas nunha das salas da nosa biblio, aproveitando as novas gradas!
E ao rematar... un agasallo xenial: dous libriños para seguir coñecendo sobre o servicio tan importante que da o 112 e cómo empregalo!
|
OBRADOIROS DE SAMAÍN: COLAR DE ZONCHOS |
|
XOGOS DE MESA - LECTURA E FAMILIAS #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Outro dos obradoiros que levamos a cabo dentro da Biblioteca Humana, no programa Lectura e familias, son os xogos de mesa. O alumnado guiado por Jessy, unha das mamás da aula e a titora do curso, xa levan varios venres ensinando as reglas e os pasos para xogar. Xa botaron varias partidas, pero isto aínda pretende ser algo máis grande. En breves teremos novidades!
|
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Para protexer as culturas, os patrimonios, as identidades, da man do equipo de Dinamización da Lingua Galega, todos e todas sumamos para protexer a nosa lingua nai. Coñecemos e xogamos tamén con palabras, da man das nenas e nenos que doutros lugares viñeron.
Podes ver a exposición de libros na BE "Carlos Labraña".
|
LECTURAS COMPARTIDAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas |
As veces só necesitamos tempo, darlles tempo. Catro grupos cooperativos de segundo prepararon o conto "Corre, corre cabaciña". A idea era lelo en grupo, organizarse e preparalo nas horas de ler que necesitaran. A mestra daría indicacións se o pedían e escoitaría a dramatización sempre que eles o solicitasen. Cada un foi organizando, tiveron conflictos, por suposto, uns botaron máis días resolvéndoos que outros, natural, cada quen xestiona as emocións como sabe, pode ou o contorno llelo permite. A mestra intercedía para solventalas cando o pedían ou notaba que era necesario encauzalos. Pero a meirande parte do tempo, a pasaban lendo e cada vez, aparecía máis dramatización: voces, acenos... e mil ideas para engalanar a lectura. Estaban lendo para ser escoitados e iso non ten prezo, é o culmen, o desexado. Aprender a ler con sentido, porque importa o que contamos. Podedes ver as caras de felicidade, tanto dos que len, como dos que escoitan.
Tamén un anaco dunha das lecturas que resume nuns segundos ata onde poden chegar dándolles tempo e certa liberdade. Parabéns rapazada! Ao rematar, ensínanlles o obxecto que acompaña ao conto, unha casa de cabaza con boneco e camiña incluída, todo en tecidos naturais da artesá Carmen Lorenzo. Por suposto, para xogar!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »