Título | Resumo |
---|---|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL |
AQUI VAI UNHA AMPLA OFERTA DE LECTURAS E XOGOS PARA ESTE INVERNO! https://drive.google.com/file/d/1oB6skEzOGri0IMYXxcnpH5vSaVrXCs36/view?u...
|
XEOLOXÍA - PROXECTO INTERCENTROS |
Os Vagalumes de 4º A xa están inmersos no Proxecto Intercentros que iniciaron o curso pasado sobre o Patrimonio Inmaterial co alumnado do Ies Punta Candieira. Comezan este ano cunha tarefa sobre xeoloxía. En grupos ou de xeito individual escolleron dous experimentos sobre a tectónica de placas. Aquí as súas exposicións. |
Contacto Biblioteca Carlos Labraña |
Podes contactar connosco de varias formas: Correo electrónico: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com Facebook Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" Twitter Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" @beCarlosLabraña |
LIBROS, LIBROS E MÁIS LIBROS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Chegamos ao final deste curso tan peculiar. Son moitos os momentos compartidos dende moitas casas neste tempo de confinamento. Agardamos poder vernos moi prontiño con novas propostas. Despedímonos compartindo os vosos libros favoritos e achegando recomendacións lectoras para este verán. Unha aperta!
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
Bodyplanet. Aprendendo sobre o corpo humano |
Xa empeza a encherse a biblio de alumnado de novo... Nesta ocasión, a clase de 2º de Primaria empregou o Bodyplanet que forma parte da Biblioteca creativa para traballar sobre o corpo humano dun forma moi amena a través da realidade aumentada! O pasaron en grande!
|
FACEMOS GALLETAS. 5 ANOS |
BOAS FAMILIAS; ESTA SEMANA OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS FIXEMOS GALLETAS PARA APRENDER AS FASES DA LÚA. DEIXAMOS AQUÍ UN RESUMO DA ACTIVIDADE.
|
O alumnado ten a palabra! |
E se onte falabamos do buzón de Percebiño, hoxe vos ensinamos unha nova iniciativa para promover que o alumnado forme parte activa da biblioteca e que saiban que eles e elas tamén teñen a palabra: creamos un buzón de suxerencias! Onde poden plasmar as súas ideas para talleres, solicitar libros que botan en falta... ou o que se lles ocorra, posto que a biblioteca é un espazo de toda a comunidade educativa e así se debe reflectir! Ademais, dicir que foi unha labor na que tivemos unhas axudantas moi especiais: Blanca, Marina e Claudia! Que fixeron un traballo bárbaro!! Moitas grazas rapazas!!
|
RETO DE PESO - Biblioteca Inclusiva #biblioinclusiva #bescolaresgal |
O voluntariado toma as rendas e leva adiante o obradoiro! Que faríamos sen eles e elas?
Gracias rapazada! |
A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA! #Axenda2030 #FamiliasnaBE #bibliotecasescolares #bescolaresgal |
E non será a pandemia quen nola quite! Por este motivo e dadas as novas restriccións, o equipo de biblioteca decidíu establecer un espazo para a conversa, dentro da aula virtual do centro. Neste lugar son ben recibidos todas e todos, a comunidade educativa ao completo: familias, alumnado e mestras/es. Comezaremos con catro foros: dous para os clubes, outro para o voluntariado de biblioteca e outro aberto a toda a comunidade educativa. Agradecemos teñades en conta as normas de uso dos foros e vos identifiquedes con nome e apelido. É imprescindible a lectura e aceptación das normas de uso do foro para entrar en eles. Podedes acceder dende aquí. |
LECTURA EN FAMILIA DENDE OS COMEZOS! #FamiliasnaBE #bibliotecasescolares #bescolaresgal |
O noso alumnado máis pequerrecho tamén goza en familia da lectura. Luns e xoves levan unha bolsiña cun tesouro para as súas casas: un conto e un xogo relacionado coa temática. Unha actividade que realizarán cos que máis queren para fomentar o pracer pola lectura, deixar voar a imaxinación, crear novas historias e gardar estes intres como tesouros. Pois sen darlle importancia estamos creando bos cimentos cara a lectoescritura, deixando que as emocións xoguen un papel vital como en calquera aprendizaxe. Os xoves as bolsiñas voltarán cheas de novas historias e vivencias. Espallade pitufiñas e pitufiños! |
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 9 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Gozade do penúltimo programa de Música, poesía e estrelas! Agradecemos a colaboración de todas e cada unha das persoas que fixeron que isto sexa posible. Poesía no ar! Rosalía no ar!
|
FLORENCIO DELGADO - VERBAS E RADIO #Radionabiblio #poéticasdiversasnabE #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriaran #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este ano o homenaxeado nas Letras Galegas é Florencio Delgado Gurriarán, cronista, poeta e escritor que tivo que emigrar de Galicia na dictadura de Franco. Marchou a México onde formou unha familia e continúo espallando as nosas verbas galegas, aínda que non foi fácil e tivo que traballar en mil oficios. Investigando nas súas creacións, atopamos unhas poesías moi creativas e ricas en verbas. E como este ano, a biblioteca escolar ten a palabra, pois decidimos propoñer á comunidade educativa a creación de poemas crioulos. En que consiste un poema crioulo? Pois tedes que crear un par de versos ou estrofa, con algunhas palabras doutros países a onde emigraron moitos dos nosos avós/as e bisavoas/os e moitos outros familiares, pois todos temos alguén: México, Uruguai, Brasil, Arxentina, Cuba, Venezuela... e escoller un par de palabras típicas destes países, xunto con palabras galegas, creando un par de versos con rima. Atopadas as palabras e feita a poesía, tedes que enviala nunha mensaxe de audio ao correo da biblioteca: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com engadindo no texto o voso nome e apelidos e o país de onde escollestes as palabras. Engadimos a ligazón a unha páxina con información e xogos sobre Florencio Delgado. A primavera das Letras, onde atoparedes a biografía escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán e adaptada a un público infantil.
|
BIBLIOTECA HUMANA- MÉRCORES 8 DE XUÑO-PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano, posteriormente terás 5 minutos para preguntar. Ler persoas en vez de libros!
|
EXPOSICIÓN SAMAÍN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Exposición de Samaín. Entre outros poderedes ler e levar en empréstitos libros creados polo alumnado.
|
INFORMACIÓN FIABLE E DE CALIDADE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sabedores de que moitas aulas xa están inmersas na busca de información do proxecto "Naturalmente, aprendendo!" sobre a flora e fauna da nosa contorna, a biblioteca quere ofrecer ademáis dos fondos bibliográficos, o blog dun naturalista, mestre xubilado da nosa escola que pode aportar información fiable sobre os bichiños e plantas da nosa vila. O blog é: Ao noroeste do Noroeste e o seu autor Rafael López Loureiro, ao que este venres poderemos escoitar tamén no Museo Mares de Cedeira. Asi mesmo, temos no pobo un estudante de bioloxía, Álvaro Pérez Pérez, que ten Instagram e Twitter con ampla información sobre a nosa natureza. Convidámosvos a visitar as súas páxinas se queredes investigar.
|
FÓSILES DE DINOSAURIOS #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As familias realizan un obradoiro de fósiles de dinosaurios co alumnado de 4 anos. Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!" Para quen lle apeteza profundizar temos, entre outros, un libro de realidade aumentada na biblioteca "Carlos Labraña", IDINOSAURIO. Ven buscalo!
|
FLOTACIÓN @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Experimentan coa flotación. Primeiro deducen que pasará, logo comproban na práctica e cubren os resultados. Rematan a sesión reflexionando a modo de tertulia.
|
CONTACONTOS MALINA PIES FRÍOS #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
DÍA DO LIBRO - VISITA CARLOS LABRAÑA #DíaDoLibro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe tivemos unha sorpresa! Carlos Labraña apareceu de improviso visitar a súa e a nosa biblioteca. Pois como saberedes, leva o seu nome. A rapazada púxose moi leda coa súa aparición no recreo, mentres se facía o obradoiro de marcapáxinas. O alumnado correu abrazalo e e a levarlle o marcapáxinas para ter unha dedicatoria súa. Foi unha algarabía moi linda! Logo convidamos á rapazada que está inmersa no teatro, pois sendo o dramaturgo máis importante da literatura infantil galega, temos que empaparnos da súa sabiduría. Foi unha mañá máxica ao redor dos libros e do escritor. Gracias Carlos por acompañarnos nun día tan sinalado!
|
MAIS NOVIDADES EN FONDOS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #voluntariadonaBE |
|
A COMUNIDADE EDUCATIVA AVALÍA A BIBLIOTECA ESCOLAR #voluntariadonaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
OBRADOIRO DE SAMAÍN #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
Nestes días, o alumnado voluntario está levando a cabo un obradoiro de Samaín no horario de lecer. Da gusto ver a axuda que lle prestan ao resto dos compañeiros e compañeiras. Estamos orgullosos do noso voluntariado!
Gozando das tradicións!
|
PROGRAMANDO CON SCRATCH #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
O alumnado de 5ºA, nas sesións do proxecto competencial, aprenden a programar con Scratch . Comezan cos fondos, son, escoller personaxes e aprenden a deseñar un código para que as personaxes realicen as accións que lles encomendan. Esta linguaxe de programación é moi interesante, pois as habiblidades que o alumnado adquire, posteriormente pódense aplicar a outras linguaxes de programación como Python ou Java.
|
CONTACONTOS CON MARIBEL FERNÁNDEZ #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
![]() Este mércores visitounos outra familia,
Maribel Fernández Pazos e veu cunha sopa moi rica.
"A mellor sopa do mundo" De Susanna Issern (Autora), Editorial OQO.
Unha actividade do programa Lectura e Familias,
a través da Biblioteca Humana-Polos Creativos.
![]() ![]() ![]() |
O APALPADOR #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Para comezar o mes do Nadal recibimos a visita do Apalpador. Baixou a serras do Courel e achegouse ata Cedeira para apalpar algunhas barriguiñas. Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »