Título | Resumo |
---|---|
CLUB I LOVE ANIMALS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs seguen co seu funcionamento. Pero iso require inspiración e moita organización, creación de foros para comunicarse, facer formularios para pasar lista de asistencia e crear. Deixar voar a imaxinación e realizar obradoiros fermosos. Parabéns rapazada! Sodes como a marea, poden baixarvos pero volvedes subir. Unha mostra de I love animals! |
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 3 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As verbas saen dos nosos beizos e seguimos adicando poesía. Nestas datas Rosalía e a Radio Experimental son protagonistas. Aquí vai o noso terceiro podcasts do programa: Música, poesía e estrelas! Continuade nas ondas!
|
LECTURA E FAMILIAS "Libro de familia" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este curso escolar, as bibliotecas escolares (BE Punta Candieira e BE "Carlos Labraña) xunto co Concello de Cedeira, aunamos esforzos para poñer en marcha o proxecto: Biblioteca Humana. Este proxecto foi seleccionado dentro da convocatoria de "Lectura e familias".
A BE "Carlos Labraña" é unha biblioteca LÍA e entre outras actuacións incide no desenvolvemento de experiencias de lectura para toda a comunidade escolar. A experiencia creativa "Libros de familia" a cargo de Pablo Otero, permitiú traballar historias cunha inmensa carga emotiva e crear un libro obxecto.
|
BIBLIOTECA HUMANA- MÉRCORES 8 DE XUÑO-PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano, posteriormente terás 5 minutos para preguntar. Ler persoas en vez de libros!
|
UN LUGAR PARA A EXPERIMENTACIÓN - PATIOS VIVOS - #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Redescobrer a terra, atopar un espazo para expresar, para atender á curiosidade, ver pequenas especies, construír comunidade dende o coidado mútuo e a solidaridade. Todo iso é máis aportan os Patios Vivos.
|
SOLEDAD FELLOZA - OBRADOIRO - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Soledad Felloza, artista multidisciplinar realiza un obradoiro para toda a comunidade educativa, ao abeiro do programa Lectura e Familias, que desenvolven as bibliotecas e o Concello de Cedeira, a través da Biblioteca Humana. Soledad veu cargada de maletas cheas de historias e despois de moito escoller fixemos un desfile e creamos tendencia cun libro nas redes sociais!
|
PAKOLAS NO AUDITORIO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este xoves a Biblioteca Municipal "López Cortón" agasallou ao alumnado de 1º a 3º de Primaria con moito rock e libros!
|
OBRADOIRO CON CASTAÑAS #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas |
Un obradoiro cun produto natural do noso outono. Un froito seco do máis versatil. Neste caso, será a base dun telar que a modo de xogo desenvolverá a motricidade fina e a concentración. Hai que ter moita paciencia e ser delicado/a nos movementos, que senón os palillos rompen! Se queres probar só tes que pasar pola bilblio e pedirlle a un voluntario ou voluntaria para participar. Ten aforo, pero estará varios días para poder probar todas e todos os que desexedes.
|
LECTURAS EN FAMILIA #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5 anos xa leva as bolsas lectoras para gozar en familia a fin de semana!
|
ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Recursos e fondos da biblioteca escolar! ABC Diario de Pablo Otero e un xogo permite poñer en marcha a creatividade con algo que nos identifica, que nos fai únicos e especiais, o noso nome!
|
OBRADOIRO DE BAILE DIRIXIDO POLO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este un de febreiro catro alumnas de 4º impartiron unha sesión de baile. Primeiro apuntáronse na folla de adscripción e cubriron tódolos seus apartadas, corrixindo e pasando a limpo. Posteriormente deseñaron o seu cartaz en Canva e dada a data polo equipo de biblioteca, pasamos un tempo agradable bailando. Ata que... a luz xogounos unha mala pasada e apagouse todo. Quedou o obradoiro a medias, pero en breves recuperamos a sesión de baile.
|
MATEMÁTICAS NA BIBLIO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A biblioteca non só oferta recursos para a lectura, somos unha biblioteca LÍA, o que a configura como un espazo de aprendizaxe dotado de recursos que favorecen as metodoloxías activas e colaborativas, brindando experiencias de aprendizaxe inclusivas e equitativas. Esta é unha mostra traballando no espazo web Penyagolosa Educa. Unha boa ferramenta para traballar o cálculo.
|
RECICLAXE ACEITE USADO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Concello de Cedeira acaba de impartir unha xornada de sensibilización cara a reciclaxe do aceite usado ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. Aprenderon como evitar que chegue o aceite ata o río e o dano que fai o aceite ás diversas especies que viven no mar. Proporcionáronlles tamén, un coador para facer o trasvase na casa e un folleto de diversos entornos ao redor do Río Condomiñas. Agora, só temos que comezar a reciclar!
|
FLORA E FAUNA ÁLBUMS EN 3º #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 3º recibe o álbum de cromos, despois de realizar unha actividade do proxecto. Así de ilusionados os vemos! Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro, o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
|
FOTOGRAFÍA CON ALICIA #voluntariadonaBE #AliciaFreire #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Outra das actividades que tivo que aprender o voluntariado, nos obradoiros de Alcia Freire, foi aprender a usar a cámara fotográfica e coñecer os diferentes encadres. Estas fotografías que imos amosar son feitas pola rapaza. Parece que non están nada mal. Xa temos uns pequenos e pequenas fotógrafos/as en potencia! Engádese ficheiro zip, por se alguén quere imprimir a súa. Parabéns rapazada! |
CURTAMETRAXE "A GATA BENITA" #arte #radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de terceiro de primaria explícanos como realizaron a súa curtometraxe "A gata Benita!.
Con ela participarán no concurso: Nos tamén creamos. Compartimos con vos está ledicia!
|
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA - INFANTIL #BibliotecaCreativa #UnhaBEenViñetas #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
MÚSICA, DANZA MEDIEVAL E CASTELOS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro das actividades de investigación do proxecto sobre Cedeira a música e o baile lévannos ao mundo medieval, onde profundizamos nos castelos como o noso, o da Concepción. O realizamos coa axuda do alumnado de 1º de Bach. de Artes Escénicas e da súa profe Zeltia. Unha experiencia emocionante para o alumnado de 4 anos de Educación Infantil. Gracias rapazada! Engadimos pdf da presentación debaixo.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - AS AVOAS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Cinco mulleres empoderadas:
|
UNHA PALABRA PARA LUISA VILLALTA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2024 #luisavillalta |
Este ano a homenaxeada nas Letras Galegas é Luisa Villalta, ela é tanto e marchou en tan pouco, que faise difícil concretar. Por esta razón, agradecemos a participación das familias e das xentes da nosa vila para definila cunha palabra. Tedes tres caixas de correos, nas tres bibliotecas da vila: Biblioteca Municipal López Cortón, Biblioteca do Ies Punta Candieira e a da escola, a "Carlos Labraña". Alí veredes un buzón e unha pequena nota coas indicacións, podedes definila cunha palabra ou, por detrás da nota escribir algo máis longo, tamén podedes mandar un audio ao número que tedes na nota informativa. A vosa participación, será recollida, tratada e traballada polo alumnado, para dar forma ao podcast de Radio na biblio do Concurso da Asesoría de Biblioteca Escolares.
|
VIVA O TEATRO! #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa achegándose á fase final, os Vagalumes seguen cos ensaios de teatro, neses días incidiron na organización e situación do espazo no escenario. Semella sinxelo, pero non o é, unha aprendizaxe básica. Coñecer o noso corpo, o que ocupa no espazo, ter en conta o das demais actrices e actores. Ter presente o espazo necesario para o atrezzo, un plano mental continuo e cambiante, nesta obra de cinco actos. Hoxe tamén fixeron proposta de título e mañá tocará decidir, entre todos, cal é o máis apropiado. Para así, poder comezar co deseño do cartaz, invitacións...
|
BANDA DE GAITAS - RADIOS ESCOLARES #Radionabiblio #bibliotecacreativa #IesPuntaCandieira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
![]() Dentro do proxecto "Música, Maestro" temos diversas gravacións,
unha delas é a da Banda de Gaitas Robaleira! Aquí temos un pequeno
anaco do seu paso. Unha experiencia compartida coa radio do Ies Punta Candieira.
![]() ![]() ![]() O alumnado tamén aproveitou a visita para coñecer as instalación dos
Ciclos de Formación Profesional e, por suposto, a cafetería!
![]() Agradecer tanto aos informantes da Banda de Gaitas como ao profesorado do Ies,
polo seu recibimento e compartir actividades de tanta importancia.
|
A BIBLIO É MOITO MÁIS QUE LER! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ROBÓTICA CON DOC |
O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS TRABALLA NUMERACIÓN E LECTOESCRITURA CON DOC. PARABÉNS!
|
EXPOSICIÓN E ACTO PROXECTO INTERCENTROS |
QUEDADES TODAS E TODOS CONVIDADOS! |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »