ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 4 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal
Coa intención de crear espazos seguros para a infancia,
traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso
nos menores; compartimos coas familias (nesta ocasión) un
vídeo. Trátase dun material pedagóxico
"Generación XXX" é unha campaña de "Dale una Vuelta"
coa colaboración da Oficina do Parlamento Europeo en España
que busca protexer á infancia dos efectos perxudiciais como adiccións,
violencia ou disfuncións sexuais que provoca a nova pornografía mainstream.
Esixen medidas eficaces na verificación da idade dos usuarios.
EXPERIMENTOS #11F #Igualdade #Ciencia #ODS5 #Axenda2030 #ALFIN #AMI #LerCiencianaBE #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
DÍA DA MULLER A NENA E A CIENCIA #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O alumnado de quinto experimenta coa masa e o volume.
Cunha das experiencias descobren que a masa de auga
non cambia cando cambian as formas dos recipientes.
No outro pesan e comparan a masa dunha pedra coa dunha pinza.
Calculan a densidade... Aprender facendo!
ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 3 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal
Gustaríanos trasladar ás famlias a preocupación de algúns mestres/mestras
e familias, que dende hai un tempo vimos observando o acceso dos menores
a contidos non aptos para a súa idade. Conscientes de que a educación
afectivo sexual é un tema delicado, que moitas veces nin mestres nin familias
sabemos como abordar, gustaríanos valorar a posibilidade de que unha
persoa experta no tema nos dera algunhas orientacións.
Necesitamos unha estimación das familias interesadas en participar nesta formación.
O Concello, a través da Concellería de igualdade, ofrécenos a posibilidade dunhas
sesións de charlas/obradoiros para o alumnado, por parte de persoal cualificado
e cunha ampla experiencia con menores de tódalas idades, pero consideramos
que serían moito máis produtivas se previamente as familias e mestres/as
partíramos do coñecemento da situación actual e tivéramos unhas pautas de actuación.
Por este motivo gustaríanos que as familias do alumnado da escola se poñan en
contacto connosco para coñecer unha estimación das persoas ás que lles gustaría
asistir a esa formación, así como aquelas que están preocupadas
polo tema aínda que non asistirían á mesma.
Para o traslado da información, pasado o Entroido, enviaremos un papel ao
alumnado cunha parte recortable, para cubrir ou dende a Asociación
de Nais e Pais, Anpa "Picapeixe" á que tamén podedes trasladarlle as
vosas respostas. É moi importante a vosa participación e implicación.
Así mesmo, continuaremos difundindo recursos
para informar e documentar ás familias.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
NOTA ÁS FAMILIAS.pdf | 360.69 KB |
MOCHILAS VIAXEIRAS EDUCACIÓN FÍSICA #Lecturascompartidas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O alumnado de tódolos cursos continúa viaxando semanalmente
coas mochilas de xogos tradicionais, retos e lecturas.
Unha creación do equipo de educación física coa colaboración
da biblioteca escolar para favorecer a vida sá.
OBRADOIRO DE MÁSCARAS DE ENTROIDO #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - DON MACARRÓN #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
LETRAS GALEGAS - LUISA VILLALTA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2024 #luisavillalta
Documentándonos e recreándonos con cousas tan fermosas coma esta.
CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DE AELG
UNHA DUCIA DE PALABRAS NO COMEZO DO SEU ANO DAS LETRAS
DIVULGACIÓN CIENTÍFICA - RECURSOS EN GALEGO #11F #Igualdade #Ciencia #ODS5 #Axenda2030 #ALFIN #AMI #LerCiencianaBE #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Hai recursos que compartir, achégase o Día da Muller,
a nena e a ciencia. Ollade que recursos máis interesantes.
Toupiciencia: Miniserie audiovisual de divulgación científica en galego
dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un.
Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a
través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía,
a química ou as matemáticas. O proxecto conta coa colaboración de
persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo,
Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.
Xeoclip:materiais escolares e didácticos elaborados polo profesor
Xacobo de Toro e persoas colaboradoras.
PATIOS VIVOS - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Os Vagalumes están desexosos de usar os Patios Vivos con máis intensidade,
pero as choivas deixaron moitos desperfectos e agora toca facer unha
limpeza profunda para volver ao seu uso cotía. Estes días de sol permitiron
secar pozas e endurecer o barrizal que se formara en varias zonas,
así que puxeron luvas e mandilóns e aproveitaron o tempo. Sacaron as
herbas máis tupidas, queda pendente o lavado de testos e cubos.
Solicitaron ao Concello de Cedeira a retirada do resto das herbas
que non puideron sacar (hai que facelo de raíz para que non rebroten,
algunhas teñen pinchos). Comezaron a facer un sementeiro para adicar
unha pequena parte do patio á horta. Falaron dos tipos de plantas (árbores,
arbustos e herbas), da Camelia que temos nun dos patios...
Dende agora os Patios Vivos, estarán moito máis activos coa chegada
da Candeloria, pois metade do inverno vai fóra. Deste xeito tamén
traballaron o paso do tempo e recordaron proxectos fermosos realizados
con outro alumnado que pasou pola escola. Ciclos de vida que se repiten.
Por unha rapazada concienciada!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »