Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Ven, 05/03/2021 - 16:26
Posted in
O alumnado de 1º de E.P. realizou varios obradoiros de Lego WeDo, coa intención
de tratar a brecha dixital e formar dun xeito crítico ás nenas e nenos de cara á tecnoloxía.
A intención non é seguir simplemente as instruccións de montaxe,
senón ser quen de programar outras ordes para conseguir que o robot creado realice.
Hai que pensar, reflexionar, tamén equivocarse e volvelo intentar.
Aprender a traballar xuntos e compartir esa información con outros e,
así, poder mellorar as ordes entre todos, para que o robot realice algo útil para nós.