Skip to main content

PROXECTO DE ENXEÑERÍA #BibliotecaCreativa #PolosCreativos #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 Os equipos de enxeñeir@ construen un barco e unha ponte

levadiza cun sensor de movemento. Cando chega o barco sube,

e logo volve á súa posición. Un proxecto que da moito que pensar!

Parabéns á rapazada e ao seu guía!

 

 

 

 

 

 

ILUSTRANDO A LUISA #AMI #LetrasGalegas24 #LuísaVillalta #Radionabiblio #bescolaresgalabertas

Os recursos da biblioteca proporcionan unha oportunidade motivadora

para profundizar no coñecemento da autora homenaxeada

nas Letras Galegas 2024. Luisa Villalta, as portadas das súas obras e o

seu violino son percorridos por decenas de ollos ávidos de coñecemento,

son radiografíados para logo as mans tenras e cheas de saber do noso alumnado,

tracen liñas e curvas, repasen e den cor; ata conseguir trasladar cada recodo

que permanece nas súas mentes. Logo fotografían os debuxos coas cámaras dos

ipads e as pasan á aplicación "Animated Drawings" para darlles vida ás personaxes.

Luisa baila, salta, corre e o mesmo fai o seu violino e as súas obras

movéndose todas a un compás que só ela podía conseguir.

 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Onte levouse a cabo a formación de "Lectura e Familias".

Como xa víñamos informando tíñamos moita preocupación

polo perigo nas redes, o acceso á pornografía na infancia e

a carencia de Educación Afectivo Sexual. Necesitábamos axudar

á cativada, para iso era indispensable que familias

e escola tivésemos estratexias para abordar esta temática.

 

Asi, que a través do programa da Asesoría de Bibliotecas,

"Lectura e familias" decidimos poñer nas mans de "As Atalaias"

esta formación. Elas son unha cooperativa galega que traballa en

prol das persoas e as súas necesidades. Tivemos connosco a

Raquel Veiga Teijeiro, diplomada en Educación Social e formada

en diversos aspectos como convivencia, sexualidade, resolución de conflitos... 

 

A xornada tivo un aforo amplo e todas e todos saimos reafirmados,

sabendo como comezar e con ganas de repetir. As familias que o desexaron

cargaronse de libros para documentarse e ser unha canle para iniciar

conversas coa rapazada. É de moita importancia que sexamos sinceros,

contestemos as súas inquedanzas e proporcionemos información fiable.

É básico ser referentes da nosa prole, e senon somos nós asegurar

que quen o sexa teña a nosa plena confianza.

 

Agradecer á Anpa Picapeixe e a tódolos que puxeron semente para que

esta actividade chegase a tan bo porto.

 

En breves compartiremos os vídeos e información que achegue Raquel.

Se queredes ampliar información con videos e webs,

podedes entrar na web da biblioteca ou no Facebook ou Twitter

da Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" alí tedes moitas información

baixo o título: ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA.

 

Gracias á comunidade educativa pola súa resposta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O MUNDO POLAR - EXPERIMENTANDO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de tres anos emprendeu un proxecto sobre

"O mundo polar" e unha das súas actividades de experimentación

tivo a auga como fío conductor. A colleron e fase líquida e a converteron

a sólida, posteriormente a pintaron e conversaron sobre que pasaba

ao manexala e pasar o tempo. Pequenos procesos de investigación e reflexión.

 

 

 

 

 

 

RIMA QUE TE RIMA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 O alumnado de 2º nivel xúntase para afondar na poesía.

Luisa Villalta é a canle conductora, a súa inspiración leva ao

alumnado a traballar as rimas en grupos cooperativos, utilizando

a técnica do folio xiratorio. O profesorado crea material específico e

utiliza os espazos da biblioteca para documentarse e realizar a actividade.

 

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL "LÓPEZ CORTÓN" #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Visitamos ás bibliotecas da vila, Biblioteca Municipal "López Cortón"

e a do Ies Punta Candieira para recoller palabras. Son as verbas do

noso pobo e con elas imos crear poesía. Poesía para Luisa Villalta e as

nosas Letras Galegas, e xa vos dicimos que viaxará lonxe, moi lonxe.

 

 

 

 

 

 

 

UNHA PALABRA PARA LUISA VILLALTA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2024 #luisavillalta

Este ano a homenaxeada nas Letras Galegas é Luisa Villalta,

ela é tanto e marchou en tan pouco, que faise difícil concretar.

Por esta razón, agradecemos a participación das familias

e das xentes da nosa vila para definila cunha palabra.

Tedes tres caixas de correos, nas tres bibliotecas da vila:

Biblioteca Municipal López Cortón, Biblioteca do Ies Punta

Candieira e a da escola, a "Carlos Labraña". Alí veredes un

buzón e unha pequena nota coas indicacións, podedes definila

cunha palabra ou, por detrás da nota escribir algo máis longo,

tamén podedes mandar un audio ao número que tedes na

nota informativa. A vosa participación, será recollida, tratada

e traballada polo alumnado, para dar forma ao podcast de

Radio na biblio do Concurso da Asesoría de Biblioteca Escolares.

 

 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal

O vindeiro venres 5 de abril, de 16:30h. a 18:30h na Biblioteca Escolar

"Carlos Labraña", no Ceip Nicolás del Río, teremos con nós a

profesionais de "As Atalaias" que nos ofrecerán unha formación onde

se pretende crear un espazo de encontro e diálogo para atoparnos cómodos,

en familia e poder abordar temas incómodos como son a exposición que

teñen as crianzas a vídeos porno e as súas consecuencias no desenvolvemento

da súa sexualidade. Estas profesionais achegaránnos ferramentas, recursos

e historias para acompañar ás crianzas no ámbito dixital e relacional,

e poñerán no centro o respecto, o coidado e o bo amor.

Convidamos a tódalas familias da comunidade educativa, pero tamén

está aberto a calquera persoa que lle resulte de interese,

pois todas e todos formamos parte da vida educativa da rapazada.

Durante ese período de tempo, as familias terán servizo de gardería aportado

pola Anpa Picapeixe, para que ninguén que o desexe quede sen a formación.

Engadimos na parte inferior o programa da formación

para que poidades ollalo polo miúdo.

Esta formación está enmarcada no programa de Lectura e Familias da

Asesoría de Bibliotecas Escolares. Agradecemos  a vosa asistencia.

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
PROGRAMA FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS.pdf373.93 KB