Skip to main content

PROTOTIPOS #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto está deseñando o seu  propio prototipo

inventando unha máquina que presentarán aos compañeiros e

compañeiras. Ademáis de poñerlles un nome e explicar para que

serven, teñen que incluír nela unha panca, un plano inclinado e

unha polea como mínimo. Desexados ver os proxectos finalizados!

 

 

 

 

 

 

XERMINACIÓN CON SEMENTES DA ESCOLA #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Continuando co proxecto das plantas que o alumnado de quinto comezou

no primeiro trimestre, no que traballaron diferentes modos de xerminación.

No Samaín plantaron as sementes secas e posteriormente hidratada e

aquí teñen as súas primeiras flores. Despois de seguir os procesos

do método científico, agora comezan a analizar os datos e sacar conclusións.

 

 

 

 

 

 

MAIO #BibliotecaCreativa #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Olivia e Ramón veñen a montar o Maio co alumnado de tres anos.

As familias na escola! As tradicións sempre presentes!

 

 

 

 

 

APADER ACTIVIDADES INTERCENTROS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Continuamos con máis actividades intercentros coa asociación Apader.

Rapazada disfrutando e aprendendo nun obradoiro artesá!

 

 

 

 

 

PATIO LECTURA #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Estas son desas cousas que non esperas e que te enchen de emoción,

esas cabeciñas ledas e bulideiras si que escoitan o que dicimos,

non sempre o poñen en práctica cando desexamos. Pero un día, e sen

previo aviso, alguén salta nun puff do patio de lectura e plooofff milleiro de

boliñas brancas saen polo aire, non é neve non! Ese día é de sorpresa ao

ver o patio verde totalmente branco. Ao seguinte, empezan a falar, a comentar

e sen saber moi ben como, aparecen espallados polas paredes papeis que poñen:

"Búscase voluntariado para limpar o patio de biblioteca", cada recreo o patio atibórrase

de voraces crianzas adicadas a apañar boliñas e boliñas. Vasos, pinceis, escobas...

e agora ata unha aspiradora é o seu obxecto no recreo. As profes observamos e

guiamos (só se o solicitan, pois isto é unha xerra de ilusión a tantas verbas que

crees que caen na nada). Cando queren saben como organizarse e sacar

adiante o que se propoñan. Orgullo de rapazada!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CÓMICS DE TERROR #bescolaresgal #UnhaBEenViñetas #bescolaresgalabertas

Xa podedes coller na biblioteca o "Cómic de terror" deseñado

polo alumnado de tres anos  a sexto de primaria. Son un

conxunto de historias de medo creadas con moita imaxinación

e acompañadas dunhas ilustracións fermosas. Neste ano no que

o leva elixido é, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, que

pretende poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda

deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular,

dicidimos amosar unha destas posibilidades.

 

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO DOCUMENTAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Fotografía recollida no libro de Willy, André López Díaz.

 

É ben seguro que sendo Cedeira unha vila onde a música é parte da nosa vida cotiá,

conservará moitos bens materiais e inmateriais referidos ao mundo do canto, o baile,

as festas... Algúns deles aparecen xa recompilados en traballos feitos por autores

cedeireses como poden ser os libros de José Antonio Suárez Aneiros.

 

 

A Biblioteca Escolar “Carlos Labraña” do CEIP Nicolás del Río e o Concello de Cedeira,

conscientes de que a memoria gráfica dunha comunidade forma unha parte do seu

Patrimonio cultural, solicitamos a vosa colaboración para artellar

unha exposición de fotografías para o recordo.

 

 

Non faremos mal ao supoñer que os máis de nós teremos algunha instantánea,

algún retrato, algunha imaxe nas nosas familias que reflicta calquera dos rexistros

da vida cotiá da Cedeira musical anteriores ao ano 1960. Esas son as fotografías

que agardamos enviedes á escola co fin de poder armar este labor.

 

 

Así pois dende a biblioteca, convidamos a todas as familias a enrolarse neste

proxecto musical, unha mostra fotográfica na que se miren os esforzos dos nosos devanceiros.

 

Poden deixar as súas fotografías na secretaria do CEIP Nicolás del Río.

Serán escaneadas e devoltas á maior brevidade. Tamén existe a posibilidade

de que mandedes vos a fotografía ao seguinte correo:

biblio.nicolas.del.rio@gmail.compoñendo de título: MÚSICA MAESTRO.

 

PRAZO PARA TRAER AS FOTOGRAFÍAS: ATA O 10 DE MAIO

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
CARTA RECOLLIDA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA.pdf8.62 MB

CASTELO E CASTRO SARRIDAL #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #IesPuntaCandieira #bescolaresgal · #bescolaresgalabertas

Seguindo co proxecto "Vivamos como cedeireses",

e aproveitando que no 2° trimestre os nenos e nenas de

4 anos investigaron cousiñas sobre a nosa vila,  estes e o

alumnado de 5 anos, fixeron unha visita ó Castro Sarridal e

ó Castelo da Concepción. No Castelo esperaba o alumnado do

IES para bailar unha danza medieval.

A camiñata foi longa e o día moooi caluroso,

pero... pasárono xenial!

 

 

 

REDEIRAS POR UN DÍA #CeforeFerrol #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

O alumnado da escola converteuse en redeiras e redeiros guiados

por Paula do Mimo (Paula González López), co apoio do CFR de Ferrol.

 

 

 

 

 

OBRADOIRO TRUE TRUE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Na Biblioteca Creativa a programación de robots é unha das

actividades máis demandada pola rapazada, a tecnoloxía

leva implícita a motivación. Con esta premisa por diante,

iniciamos ao alumnado na lectura e interpretación de

secuencias de programación cos robots True True.