MOCHILAS VIAXEIRAS #Mochilasviaxeiras #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
As mochilas viaxeiras continúan as súas viaxes polas fogares do noso alumnado.
ARRANCAMOS GRAVACIÓNS! #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Comezan as gravacións con Alicia Freire Vera para realizar unha
curtometraxe co alumnado voluntario de bilbioteca.
Todas e todos os que desexaron apuntarse pasaron o casting.
Agora tedes que estar atentos á data de gravacións.
Tedes o listado na cortiza da biblioteca.
Agradecemos puntualidade no lugar da filmación da escea.
Esta experiencia está supervisada pola biblioteca escolar,
enmárcase dentro dos ámbitos nos que compre incidir unha biblioteca LÍA,
"Iniciar un programa de educación audivisual".
Temos que agradecer esta posibliidade a Alicia Freire Vera,
directora da curtametraxe e a todo un pobo que está
colaborando con material, espazo e tempo para que isto sexa posible.
XOGOS DE MESA - LECTURA E FAMILIAS #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos
Outro dos obradoiros que levamos a cabo dentro da Biblioteca Humana,
no programa Lectura e familias, son os xogos de mesa.
O alumnado guiado por Jessy, unha das mamás da aula e a titora do curso,
xa levan varios venres ensinando as reglas e os pasos para xogar.
Xa botaron varias partidas, pero isto aínda pretende ser algo máis grande.
En breves teremos novidades!
VOLUNTARIADO E NOVIDADES EN FONDOS! #voluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
A colaboración do voluntariado, sen elas e eles o funcionamente
actual desta biblioteca Lía non sería posible.
Gracias rapazada por estar sempre respaldando,
axudando e brindando o voso tempo para axudar a toda a comunidade!
Tamén temos novidades en fondos esperando por todas e todos vos,
pasade coller a que máis vos preste!
CONTACONTOS The Very Hungry Caterpillar - DÍA DO LIBRO - LECTURA E FAMILIAS #Lecturascompartidas #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalaberta
Achegándose o Día do Libro, Eva, unha mamá dunha das aulas
de 3 anos, agasalla á rapazada cun contacontos "The very
hungry caterpillar" en inglés de Eric Carle
PALEONTÓLOGOS - NATURALMENTE, APRENDENDO! #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Dentro do proxecto documental o alumnado de 4 anos realizou un obradoiro
sobre paleontoloxía, tallaron pegadas e ósos con pasta branca, as mestras
crearon un mundo que semellara o espazo de traballo dun ou dunha paleontóloga
e por suposto, eles se fixeron cos materiais axeitados para ser, pois así aprendemos.
Atoparon as pezas e as identificaron.
Un traballo de creación, recreación e observación calmada que enriquece á rapazada!
CADERNO DESPREGABLE INTERACTIVO - NATURALMENTE, APRENDENDO! #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O alumnado de 4º de primaria leva investigando nos fondos da biblioteca
e recollendo información oral das familias e xentes do pobo para elaborar
un caderno sobre os animais da nosa contorna.
Aquí podemos velos realizando a montaxe.
A mestra tivo a sorte de ver un niño con ovos de Píllara,
que fotografiou e levou á escola para compartir e concienciar ao alumnado
da necesidade de protexer esta especie, en perigo de extinción, que xusto
agora está na posta. Hai que ter moito coidado que os cans non se acheguen,
pois van ulir os ovos e incluso poden comelos. Como bos naturalistas,
esta rapazada concienciada difundirá a mensaxe.
CHEMA DE COUZADOIRO, PRODUTOS DA HORTA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal
Chema de Couzadoiro explícalle ao alumnado de 5º a variedade inmensa
de flora que podemos ter na horta, como combinar a súa plantación,
cal é a estación recomendable. Pero non só queda na teoría, senón que
enchen o bancal de produtos deste tempo. Agora toca coidalos, hai que regar
e manter á fauna afastada, pero de xeito natural!
Chema tamén é o home do tempo
da comarca, podedes seguilo no Facebook co nome de Meteo Ortegal.
Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"
FERNÁNDEZ DEL RIEGO - CRÍTICA CONSTRUCTIVA DA NOSA VILA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #Radionabiblio #AMI #aBEtenapalabra
Despois de investigar na figura de Francisco Fernández de Riego,
o alumnado disponse a conversar, expresar sentires, razoar críticas
e sacarlles o mellor partido na busca de solucións, cando así se necesitan.
Todo isto ao cobixo da biblioteca escolar, os seus recursos e fondos.
VOLUNTARIADO REUNIÓN CURTAMETRAXE #AMI #VoluntariadonaBE #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos
Despois do casting e diversas xuntanzas entre o equipo de bilblioteca
e Alicia Freire Vera, celebramos unha reunión co alumnado voluntario
que participará no casting.
Alicia dalles os parabéns, moi merecidos e faise un primeiro reparto
de papeis. O alumnado expresa as súas opinións, é escoitado e validado.
Recóllense as súas propostas e todos nos sentimos
emocionados ante esta nova aventura.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »