Skip to main content

ESPECTÁCULO FAMILIAR RAIO THE LOUBICAN CON TON ARENAS, MIRCROMINA #FamiliasnaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Utilizando tres técnicas de manipulación,

Ton Arenas, da compañía Mircromina, trae ao escenario

a Antolín o bailarín, o veciño e ao can Linkecho que fai

as delicias de todos os asistentes.

Non puidemos máis que morrer coa risa e

pasar un bo anaco de diversión en gran familia.

 

 

 

 

 

FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA ALUMNADO E PROFESORADO #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este venres 3 de marzo, o alumnado en xornada de mañá e o

profesorado en xornada de tarde, gozou de formación en Biblioteca Creativa.

Realizouse un obradoiro de creación de monicreques.

Primeiro aprenderon a manexar a voz e relaxarse para contar historias e

posteriormente crearon un monicreque.

Para iso Ton Arenas, da compañía Mircromina, asesorou na creación e amosou

como con materias reciclados, como o cartón, un pode crear títeres únicos e fantásticos

aos que darlles un nome e crear, con eles,  un guión para unha pequena representación.

Foi unha formación moi productiva, na que alumnado e profesorado,

poderán guiar a outro alumnado na creación de máscaras, monicreques, disfraces...

 

 

 

Obradoiro Area Cinética #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado, guiado polo Club de Ciencias,

mergúllase nun obradoiro/experimento

onde crean area cinética e logo inventan figuras con ela.

Por suposto experimentaron as súas propiedades: sempre húmida,

moi modelable, apégase a ela mesma...

Experimento, xogo e risas acompañaron a actividade!

Agora xa poden experimentar en familia!

 

 

 

CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia

e de compartir xuntos as emocións que neles provocan.

Última tertulia de "O misterio do fillo de Lúa" de Fina Casalderrey.

Marchan con "A verdadeira historia da mosca da tele" de María Solar.

De seguro sacará máis dun sorriso!

 

 

 

 

POESÍA E BIMBIO CON GERALDINE JONES #DiadeRosalia #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A xornada de bimbio amosou o verdadeiro poder da arte.

O alumnado dirixido por Geraldine Jones e coa guía e acompañamento

dos axudantes da artista e das mestras, foron quen de dominar o material

para convertelo en fermosas estrelas, que logo adobiaron con cintas brancas

e azuis, as de  Galicia e de Rosalía. Non esqueceron, non, realizar uns recitados

 de poesía para celebrar o seu día, o seu nacemento.

 

Agradecer a Geraldine Jones e  Lugares Comúns este fermoso obradoiro.

 

 

 

 

INICIACIÓN AO BIMBIO #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Da man da Asociación Lugares Comúns, este venres 24 de febreiro,

gozaremos dun obradoiro de Iniciación ao bimbio coa experta Geraldine Jones.

O alumnado realizará unha peza de artesanía con este material.

Dende a biblioteca escolar queremos promover e recuperar oficios tradicionais.

Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"

Recordamos que este sábado 25 realizarase o intercambio de sementes

e a actuación teatral, por parte de dita asociación.

 

 

 

 

 

 

 

SLIME - OBRADOIROS DO ALUMNADO @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Carmen elaborou un obradoiro de Slime,

informouse ben nos libros para saber os pasos correctos,

cubriu o formulario, fixo o cartaz e deu as indicacións para

que todas e todos os apuntados fixeran o seu Slime.

Logo puideron levalo para seguir experimentando cos sentidos.

Un obradoiro pegañento, pero moi motivador. Gracias Carmen!