Skip to main content

MAIS NOVIDADES EN FONDOS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #voluntariadonaBE

 

 

 

 

 

ALICIA FREIRE VERA EN ACCIÓN! #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Coñecer a Alicia Freire Vera como a estamos coñecendo

é un auténtico privilexio. O alumnado voluntario da biblioteca

está gozando dunha experiencia que non esquecerá nas súas vidas.

Damos fe, que Alicia tampouco. Ela é unha muller dinámica,

non para, ten un nivel de traballo que chega á excelencia.

Na súa cabeza ten todo organizado, planos, montaxe... Fai que a

cativada se sinta plena, pois ten moi en conta o que din, os escoita,

agradece as súas aportacións, sabe guialos e eles e elas seguir

as súas instruccións. É directora, pero meténdose na pel do que ten diante,

sentido ledicias, medos, inseguridades... dándolles o impulso se o necesitan e

freando cando é necesario.

Ela ten un Quijote, o seu Sherpa, Juan Ares, o seu compañeiro e axudante,

unha peza fundamental.

Esta semana faranse as últimas tomas, Alicia, leva días e horas de gravacións,

pero tamén de montaxe. Ela, está a realizar un traballo espectacular,

o dunha profesional como o que é. Familias ide preparando panos!

 

 

 

 

PITIÑOS DE PASPALLÁS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Pode parecer curioso vivindo nunha vila, pero moita desta

rapazada xamais tocou un pitiño e incluso algúns só os viron

en fotos e os ovos chegan ás súas casas xa envasados.

Por iso, a avoa de David, Pura, acompañada da súa neta Sheila

trouxo á biblioteca pitiños de paspallás e de pita. Para ofrecer a

oportunidade de tocar, escoitar, observar de pretiño estas aves.

Despois de saciar a primeira curiosidade veu unha fermosa rolda

de preguntas, das que a avoa Pura resolveu tódalas incognitas.

Gracias familias por vir e achegar á escola a vida!

 

 

 

 

CLUB LECTURAS CON ANTÓN CORTIZAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O 18 de Maio, pola mañá, o alumnado do Club de Lecturas recibirá

a visita de Antón Cortizas. Conversarán sobre os seus libros,

entre eles sobre "O merlo de ferro" e realizarán unha xornada de

obradoiros ao redor da lectura.

Recordade traer tapas de latas e bugallos de carballo.

Agradecer á Asociación Arce que nos puxese en contacto.

 

 

 

 

SAÍDA DO GREEN CLUB - PRAIA DA MAGDALENA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O Green Club (un club para a defensa e proteción da natureza)

sae buscar un novo fogar para os caracois. Gústalles moito a nosa horta,

pero alí comen todos os nosos cultivos. Nos tarais da praia teñen moitas

plantiñas que de seguro lles gustarán.

Aproveitan para observar cunchas e recoller lixo.

 

 

 

 

 

 

 

FLORA E FAUNA ÁLBUMS EN 3º #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado de 3º recibe o álbum de cromos,

despois de realizar unha actividade do proxecto.

Así de ilusionados os vemos!

Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro,

o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.

 

 

 

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR #stopviolencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Apadriñamento lector polo Día contra o acoso escolar.

Uxía, Roi e Borja apadriñan ao alumnado de tres anos co conto

"Orellas de Bolboreta" para concienciar contra o acoso escolar.

Está claro que lles gustou. A lectura axuda a traballar os valores.

 

 

 

 

 

CONTACONTOS "LECTURA E FAMILIAS" - O DRAGÓN ZOG #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal

Nesta ocasión Karen Leimdorfer será a transmisora da fermosa

historia de "El dragón Zog" o versionará en galego e inglés,

o seu idioma natal.

Será un agasallo para o alumnado de 2º de primaria.

 

 

 

ÁLBUM CROMOS FLORA E FAUNA DA CONTORNA - PDI #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Un soño cumprido! O proxecto documental sobre a flora e fauna

da nosa contorna merecía un produto final divertido, pero á

mesma vez rigoroso. Contamos coa colaboración de Rafael López Loureiro,

naturalista e mestre xubilado da nosa escola, que aportou as fotografías e

documentación sempre que o necesitamos. O Concello de Cedeira subvencionou

as impresións do álbum. A equipa da biblioteca "Carlos Labraña" xunto con

Carmen Lorenzo, parouse na escolla das especies, nos textos... E Akelarre

deulle forma e deseño baixo as pautas acordadas. Un traballo intenso e inmenso,

froito da colaboración de varios axentes sociais, para obter ilusión por aprender.

Esta é unha das reaccións dunha aula ao atoparse con inmellorable sorpresa.

Durante estes días iredes vendo moitas máis.

Agradecer a colaboración de todos e cada un dos participantes.

Esta rapazada leva un curso somerxido no estudo da fauna e da flora.

Coñece, sabe describir e identificar a meirande parte das especies que saen no álbum.

Rematado o proxecto levará este álbum para compartir coa súa familia

e transmitir, compartir o aprendido. Poderá espallar cultura naturalista!!

 

 

 

 

 

 

CLUB DE LECTURAS "CHOCOLATE CON LIBROS" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nunha nova xuntanza dun dos Club de lecturas comparten

as súas experiencias lectoras: que dixo aquí, que che gustou

máis, non me gustou nada que pasara, e esta palabra ti

como a entendes?... Compartir e enriquecer o texto lido,

saír da xuntanza entendendo máis e mellor. Na reunión tamén

escolleron as novas lecturas: Que vienen los marcianos de David

Fernández Sifres e Vampira de biblioteca de Ledicia Costas.

Por suposto, uns bombóms fixeron aínda máis doce a xuntanza.