Cada 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo, co obxectivo de concienciar á sociedade e promover a inclusión social das persoas con trastorno do espectro de autismo para contribuír a facer visible unha imaxe real e positiva destas persoas así como a súa realidade, necesidades e capacidades.
Cada ano, por este día, miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo ilumínanse de azul como mostra de apoio e solidariedade con este colectivo de persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias.
Este ano 2020, como novidade e atendendo ás circunstancias do estado de alarma, invitase a toda a cidadanía a
saír a balcóns e ventás hoxe xoves 2 de abril as 21:00 para que acendamos móbiles ou lanternas como mostra de solidariedade ao colectivo TEA
mediante a versión de Light It Up Blue #LIUB para sumarse desde a casa, en momentos nos que é tan necesaria a luz e a solidariedade, especialmente coas persoas máis vulnerables .
Proposta de traballo manual: lanterna ou móbil con luz azul.
A luz azul podemos conseguila, por exemplo, cubrindo o foco de luz con:
-papel celofán azul
-papel de película transparente ou cinta adhesiva transparente coloreada con permanente azul.
Algúns recursos para o colectivo TEA: