Onte, martes 27 de febreiro, visitounos Cristian F. Caruncho, ilustrador e deseñador de cómics. Gañador do Premio Castelao de Banda Deseñada, da Deputación de A Coruña, polo seu western dos porcos bravos O día de San Martiño.
Durante a mañá Cristián imparte dous obradoiros ao alumnado de 5º nos que a través dunha creación propia, Saínza a Punkereteira, amosa o proceso a seguir na elaboración dun cómic:
elixir unha personaxe, pensar unha historia, buscar información, fotografar ou visualizar escenas da vida real para realizar os nosos debuxos, etc.
Como poidemos ver o resultado final é froito dun laborioso proceso.
Tanto a nivel gráfico como a nivel narrativo, dous aspectos que no cómic van da man.
No caso de Cristian poidemos comprobar que as súas creacións están inspiradas na súa vivencia persoal: lugares, amistades, persoas coñecidas, etc. e no caso da ilustración do libro Saínza a Punkiereteira no traballo colaborativo con Maria Canosa, autora do texto.
Tras esta presentación inicial do seu traballo e o proceso de realización paso a paso tocalle ao alumnado de 5º poñer en marcha a súa imaxinación e os seus dotes narrativos e artísticos pois deben elaborar un cómic no que o seu personaxe se atope con Saínza a Punkieriteira.
Sentimonos orgullosos do noso alumnado que traballou ilusionado na creación deste cómic aproveitando estupendamente o apoio e colaboración de Cristian en todo momento.
En tan pouco tempo no é posible rematar un cómic pero si facer un boceto é a verdade que temos que felicitar ao noso alumnado porque o fixeron xenial.
Alguns quedaron no tempo de lecer falando con Cristian querían saber máis sobre como debuxar ... e incluso querían ter un recordo persoalizado deste encontro. Non reparou en facer un debuxo a todas aquelas persoas que llo pediron
Un obradoiro formativo recomendable.
Para rematar damos as Grazas a Cristian por agasallar a Biblioforte cun exemplar de Sainza a Punkiereteira e Dorotea e como non, tamen por todos os debuxos cos que agasallou ao noso alumnado.
Grazas.