Actualidade Bibliotecas Escolares:
Desde o ámbito bibliotecario recoñécese a importancia dos Obxectivos da Axenda 2030 e a contribución das bibliotecas como espazos que ofrecen acceso e oportunidades para todos e todas. As bibliotecas escolares están comprometidas coa Axenda 2030, xa que traballan a prol dunha educación de calidade (Obxectivo 4), na protección e salvagarda do patrimonio cultural (Obxectivo 11.4) e promoven a inclusión do acceso á información e ás tecnoloxías da información e comunicación (Obxectivos 5.b, 9.c, 16.10, 17.8.
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente) achéganos os ODS traducidos ao galego.