Skip to Content

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Un ano máis invitámosvos espertar o voso espírito científico e  experimentar.

Pretendemos que experimentedes nas vosas casas con materiais presentes nas nosas cociñas (froitas e hortalizas) e que compartades a vosa experiencia online dado que este curso non é posible nin facer experimentos na biblioteca nin expoñelos presencialmente, pero si que podemos experimentar nas nosas casas e compartilos gravando un audio, un vídeo e /ou cubrindo a ficha de experimentación:

A continuación tedes uns vídeos e un pdf con algúns experimentos, a modo de exemplo, para experimentar e logo compartir pero vos podedes experimentar moitos outros e compartilos entregándoos na clase ou enviándoos ao enderezo electrónico ebiblioforte@gmail.com 

Ánimo!

 
<
   
AdxuntoTamaño
SELECCIÓN EXPERIMENTOS.pdf1.35 MB


page | by Dr. Radut