Un ano máis celebramos o Día da Biblioteca entre libros e lecturas, si ben, este ano con moitas limitacións pero con tanta ilusión como en anos anteriores.
Este venres o alumnado recibiu o tradicional marcardor do Colectivo Lemosle. A poetisa Olga Novo agasollounos cun fermoso texto sobre a súa relación cos libros e como comezou o seu amor pola lectura e escritura.
Durante a semana escribimos os nosos propios contos e disfrutamos moito coa lectura.
O venres o alumnado de Infantil e 1º ciclo, durante a Hora de Ler, poido disfrutar da lectura realizada polo Voluntariado Lector de 5º, en diferentes modalidades: ben a traves de video conferencia ou de leituras previamente grabadas.
A vindeira semana estaran dispoñibles unha selección de contos escritos e lidos polo noso alumnado para todos os que queirades escoitalos.
Agardamos que sigades vencellados ao placer de ler.