A Organización para Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), promove o achegamento da ciencia a sociedade, a través , entre outras cousas, de acordar dedicar o día 10 de novembro a celebrar o Dia Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenrolo, coa finalidade de achegar a ciencia a cidadanía e fomentar a atracción dos cidadáns polo apoixanante mundo da investigación, pois a ciencia é unha ferramenta coa que a humanidade intenta comprender o mundo que lle rodea.
Pero a ciencia ademais ten un papel fundamental na construcción da paz e o desenrolo sostible, en tanto que os avances científicos permítennos atopar a solución a moitos dos novos desafíos económicos, sociais e medioambientais actuais.
Con este Dia Mundial promovese o achegamento da ciencia a sociedade, pois canta mais formación teñan os cidadáns maior será a comprensión da fraxilidade do planeta no que vivimos e polo tanto a súa implicación e aportación para crear sociedades mais respectuosas co planeta.
Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tamén se impulsa o coñecemento científico a través da promoción da celebración anual de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Este ano marcada pola elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de Manifesto, do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Coñecido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.
En Biblioforte tamén queremos poñer o noso gran de area na contribución a difusión dos valores científicos e no fomento da formación responsable para contribuír a que cada día a nosa sociedade sexa máis sostible, solidaria e máis comprometida coa conservación do noso planeta.
Por todo iso este mes estamos a fomentar o coñecemento científico a través de traballos de investigación e experimentación nas aulas e nas casas que lo se expoñen na biblioteca durante o recreo.
A participación está sendo espectacular tanto a nivel de ponentes como no elevado número de alumnado, que interesado por estes temas acude a biblioteca no seu tempo de lecer.