FONDO LIBROS DE TEXTO
As datas límite para realizar os trámites (DOG do 22 de maio) son as seguintes:
a) Para gravar solicitudes e emendas (EP e ESO): o 7 de xullo de 2017.
b) Para publicar as listaxes provisionais (EP e ESO): o 14 de xullo de 2017.
c) Para gravar o resultado de reclamacións: o 19 de xullo de 2017.
d) Para publicar as listaxes definitivas: de EP (3º, 4º, 5º e 6º) o 21 de xullo de 2017.
O centro avisará ao alumnado que lle corresponda o vale para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Ed. Primaria. Igualmente tamén se avisará ao alumnado que lle corresponda o vale para material escolar.
EXCURSIÓN Ó PARQUE FORESTAL DE BEADE
DISFRUTANDO COS NOSOS COMPAÑEIROS E MESTRES NOS ULTIMOS DÍAS DO CURSO
NO PARQUE FORESTAL DE BEADE
ACTO FIN DE CURSO
O venres 23 terá lugar no ximnasio do noso centro o acto final do curso 2016/17. Como todos os anos as familias estades convidadas a asistir.
A apertura das portas será ás 12:10h
REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO DE ED. INFANTIL DE 3 ANOS PARA O CURSO 2017-18
O vindeiro mércores 28 de xuño ás 11.00 horas terá lugar na biblioteca do noso centro unha reunión informativa co alumnado de nova incorpación (4º de Educación Infantil) para o curso 2017-18.
A matrícula poderá realizarse ese mesmo día.
Documentación necesaria:
- Cubrir un impreso de formalización de matrícula (anexo III-1) que se proporciona no centro.
- 4 fotografías co nome e apelidos escritos por detrás.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena.
- Fotocopia do boletín de vacinas.
- Fotocopia do libro de familia.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Saíu publicado no DOG do 22 de maio (Orde do 16 de maio) onde podedes atopar toda a información, o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.
Documentos: SOLICITUDE. ANEXO I
. A participación no fondo solidario de libros de texto é para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Para ser beneficiario hai a obriga de conservar e devolver os libros recibidos do fondo solidario ou das axudas para adquirir libros de texto do curso 16/17. A falta de devolución é motivo de exclusión.A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten.En todo caso recibirán: - 6 libros, renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. - 4 libros, renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.
. A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto é para o alumnado de 1º e 2º. Para o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros corresponden 170 euros e con renda familiar superior a 5400 euros e igual ou inferior a 9000 corresponden 90 euros. Só pode ser utilizado para libros de texto que indique o centro.
. A convocatoria de axudas para adquirir material escolar é para o alumnado dos diferentes cursos de primaria. Para solicitala, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 5400 euros. A axuda sería de 50 euros. Só pode ser utilizado para material escolar que se necesite.
A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2015 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2015, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 380) e a base impoñible do aforro (recadro 395); cando non a presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
O prazo de solicitudes (anexo I) vai do 23 de maio ao 23 de xuño. Dita solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/18, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. A situación persoal, familiar e económica é a reflectida a 31 de decembro de 2015.
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Informamos que as probas para o alumnado de terceiro curso de Educación Primaria terán lugar os días 30 e 31 de maio.
RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2016/17.
Esta avaliación individualizada terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado que no curso 2016/17 estea realizando terceiro curso de educación primaria en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.
Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.
LISTAS DEFINITIVAS DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017/18
A listaxe definitiva coincide coa provisional en 4º de Ed. Infantil, e en 1º e 2º de Ed. Primaria.
En 3º de Ed. Primaria hay un alumno novo na listaxe definitiva.
A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario.
Para ir ás diferentes listas clicade abaixo.
AXUDAS MUNICIPAIS PARA MATERIAL E COMEDOR ESCOLAR
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles dende o seguinte á publicación oficial da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
O prazo de presentación das solicitudes será do 19 de maio ao 15 de xuño, ambos incluídos.
As solicitudes presentaranse mediante cita previa, que se poderá solicitar a partir do martes 16 de maio, a través de:www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou 986810260.
Ditas axudas para libros de texto e material escolar son só para a segunda etapa de Educación Infantil, e as de comedor para Educación Infantil, Primaria e Secundaria obrigatoria.
MAIO 2017
O venres, día 12 de maio, ás 13:00 hs., sacaremos o noso maio ao patio para cantarlle as coplas.
Invitámosvos a que veñades compartir esta actividade.
Por motivos de seguridade do alumnado, as familias que queirades asistir, teredes a entrada aberta de 12:50 a 13:00. Agradecemos que teñades en conta isto. O acto celebrarase no patio do colexio.
Como outros anos, pedimos a vosa participación para festexar ao maio.
. O mércores 10 e o xoves 11 serán os días nos que xa podedes traer o fiúncho e o resto de materiais que normalmente usamos: algunha flor, pampillos (margaridas silvestres), ovos (baleiros e limpos e o máis enteiros posible), bugallos ou cocas (boliñas dos carballos), algún limón, algunha laranxa.
. Podedes facerlle na casa ao alumnado colares ou coroas de flores para o propio día do maio.
. O alumnado debe traer gorra, pantalón azul ou vaqueiro e camiseta branca.
. A poder ser traer tamén dous paus duns 2O cm. como máximo de longo para acompañar as coplas (isto só o alumnado de Primaria).
Moitas grazas pola vosa colaboración
TEATRO
O noso centro participará o vindeiro mércores 10 de maio nas VIII xornadas de teatro escolar coa representación da obra "POR CULPA DUN POKEMON".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »